Dende a suspensión temporal decretada polo Concello de Pontevedra no 2001 á concesión de licenzas para a instalación das antenas de telefonía que se achegaban, ata a actualidade, atopámosnos hoxe cun sombrío panorama onde, salvo o casco antigo protexido polo PEPRICA, toda a cidade está (do mesmo xeito que o resto de Galiza) salpicada de antenas base e, no caso pontevedrés, afectando á maioría das Zonas Sensibéis (centros de ensino ou recreo, sanitarios, de maiores, ...), e residenciais sen aplicar o mínimo Principio de Precaución. Non se trata de cuestionar a telefonía móbil senón adecúaa aos criterios de Protección da Saúde para que non siga sometida, só aos intereses económicos das operadoras, como está coa normativa estatal declarada obsoleta e insuficentemente protectora da saúde polo Concello de Europa, a Axencia Europea de Medio Ambiente e o propio Parlamento Europeo, e ante a ausencia dunha normativa municipal garantista.

DOCUMENTOS APDR

- Pacto municipal contra a contaminación electromagnética (APDR/PECCEM-maio2015),  Proposta ao Concello de Pontedra (2011), Propostas municipais (2012), Dossier  Wifi (2012), Dossier Wi-Fi (2011), Telefonía Móbil e infancia (2010), Educación Sanitaria: USO RACIONAL DA TELEFONÍA MÓBIL (2008).

ANTENAS BASE DE TELEFONÍA EN PONTEVEDRA SEGUNDO O MINISTERIO DE INDUSTRIA (SETEMBRO 2010)

O CONSELLO DE EUROPA, A AXENCIA EUROPEA DE MEDIO AMBIENTE E O PARLAMENTO EUROPEO CONFÍRMANO: os limites de exposición da norma estatal (2001) SON OBSOLETOS e non protexen a nosa saúde ... máis o Ministro de Industría non escoita.

Ver Manifesto Estatal contra a Contaminación Electromagnética

Ver Pacto municipal contra a contaminación electromagnética (APDR/PECCEM, maio2015)  e Dossier Wi-Fi

Escoitar as chamadas a cautela do Dr. José Carro Otero, Catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía Galega: Documento sonoro en MP3 (programa Radio Galega do 21.11.08)

Ver declaración da Dra. Elena López Martín, profesora e investigadora do departamento de Ciencias Morfolóxicas da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago. Ver artigo laopinióncoruña.es 29.05.09

--------------------
02.03.2015. A APDR (como coordinación galega da PECCEM) denuncia a vasalaxe institucional ao lobby da comunicación sen fíos na World Mobile Congress en Barcelona ...auspiciado por institucións públicas que integran a Fundación MWCB (Mobile World Capital Barcelona), xunto á GMSA, grupo representante do lobby Internacional da comunicación sen fíos, comunicación xa recoñecida como potencialmente perigosa para a saúde na Resolución 1815/2011 da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa (APCE), Desde a PECCEM, apostamos a que este tipo de eventos sobre as tecnoloxías da comunicación a proveiten este ámbito para potenciar o uso de dispositivos biocompatíbeis, alerten dos perigos do uso precoz, indiscriminado e prolongado dos teléfonos móbiles e outros dispositivos sen fíos e eduquen sobre como reducir devanditos riscos, ... Ver comunicado APDR/PECCEM. Ver Asociación Nacional de Informadores de la Salud. Ver: EFE FUTURO... 
--------------------
Nadal 2014: agasallos seguros sen contaminación electromagnética para nenas e nenos ... APDR e PECCEM informan ás ANPAS dos riscos dos agasallos de dispositivos sen fíos (microondas), na liña  da Axencia Europea do Medio Ambiente, concretizada na Resolución 1815/2011 da A.P. do Consello de Europa (asinada polos parlamentos Vasco e Navarro, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, etc.), que solicita, entre outras, centros de ensino libres de contaminación electro-magnética (móbiles, Wifi) e campañas educativas sobre os riscos dos dispositivos que a producen. VER: nota de prensafolla para nais e pais, IMAXE da campañaDiario Liberdade.
--------------------
03 de decembro. A electrohipersensibilidade (EHS): a cara ignorada da discapacidade ...... no día Internacional da Discapacidade a Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (PECCEM), da que forma parte a APDR, denuncia a inacción institucional do estado español desatendendo as chamadas a recoñecer a EHS como unha discapacidade funcional (como en Suecia) provocada por unha enfermidade ambiental  de intolerancia aos campos electromagnéticos, xa solicitada polo Parlamento Europeo 2009 e a A.P. do Consello de Europa 2011, e recoñecer os plenos dereitos das persoas electrosensíbeis. VER: nota PECCEM e Carta das asociacións EHS europeas ao Comité Económico e Social Europeo.
--------------------

2828.08.2014: LEI XERAL DE TELECOMUNICACIÓNS: A QUEN DEFENDE A "DEFENSORA DEL PUEBLO"?  Recentemente a Defensora del Pueblo contestou negativamente á petición de iniciar un recurso de inconstitucionalidade solicitado pola PECCEM (da que forma parte a APDR) e apoiada por numerosos grupos e organizacións como os que conforman a propia Federación Ecoloxista Galega. Consideramos esta resposta como mínimo partidista e contraditoria dando vía libre a unha lei que permite estender a rede de telefonía móbil 4G antes de garantir os límites e as medidas de precaución necesarias. Ver nota de prensa. Ver PontevedraViva.com, Diario Liberdade, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo. Ver Dossier de prensa galega. Ver PECCEM.

--------------------

19.07.2014: CHARLA DA APDR SOBRE ANTENAS E SAÚDE INVITADA POLA COMUNIDADE DE MONTES DE PEITIEIROS (GONDOMAR)  ante unha corentena de participantes, para valorar as diferentes propostas de instalar antenas de telefonía móbil nos montes de Peiteiros. Debatouse sobre o actual crecemento exponencial da contaminación electromagnética e a nova rede 4G, e dos criterios dunha nova lei Xeral de Telecomunicacións que impide aplicar criterios racionais e proteccionistas da saúde por parte das administracións locais e autonómicas. Ver modelo de mocións municipais contra a LXT Ver Dossier de prensa.

--------------------

0.07.2014: A APDR E A PECCEM SOLICITAMOS Á “DEFENSORA DEL PUEBLO” QUE INTERPOÑA UN RECURSO DE INCONSTITUCIONALIDADE CONTRA A NOVA LEI XERAL DE TELECOMUNICACIÓNS (LXT)..... PEDIMOSVOS A ADHESIÓN URXENTE A ESTA PETICIÓN (presentada o pasado 27 de xuño co expediente 14012313): como asociación ou a nivel individual, enviándoa ao correo electrónico: registro@defensordelpueblo.es, con copia ao correo da PECCEM: info@peccem.org, onde recibirás un correo de confirmación e unha notificación de cumprimento da normativa de protección de datos. A Lei 9/2014, Xeral de Telecomunicacións permite a expropiación da nosa saúde (non aplica o principio de cautela) e dos espazos públicos e privados (incluídos os nosos tellados e azoteas) e elimina competencias aos concellos e comunidades autónomas (en saúde, ordenación urbana, medio ambiente, participación cidadá, …). Ver nota de prensa. Ver folla para a adhesión á petición.   Ver Dossier de prensa galega, Ver modelo de mocións municipais e listado de concellos, deputacións e comunidades autónomas onde presentouse algunha moción ou proposta contra a LXT.


--------------------

23.04.2014: A APDR E A PECCEM ALERTAN AOS CONCELLOS ANTE UNHA NOVA LEI XERAL DE TELECOMUNICACIÓNS Á MEDIDA DAS TELEOPERADORAS ..., "Dende a APDR e a PECCEM considérase o Proxecto de Lei Xeral de Telecomunicacións feito á medida das teleoperadoras: non aplica nin deixa aplicar o principio de precaución (solicitado por científicos independentes, o Parlamento europeo, a Asemblea parlamentar do Consello de Europa e a Axencia Europea de Medio Ambiente), elimina as potestades municipais e das comunidades autónomas neste ámbito e abre a vía das expropiacións de espazos privados ou públicos  para a instalación de antenas base de telefonía móbil atendendo aos intereses privados das teleoperadoras. ..." 

Ver Nota de prensa, Modelo de moción municipal urxenteartigos crave do proxecto da Lei Xeral de Telecomunicacións e rolda de prensa da PECCEM no Senado. Ver Dossier de prensa galega.

Ver  Proposición non de Lei do BNG no Parlamento galego. Ver moción municipal presentada en Culleredo. Ver iniciativa de AGE no Parlamento galego.

--------------------

26.02.2014: WORLD MOBILE CONGRESS: ESCAPARATE DUNHA VANGARDA TECNOLÓXICA INSEGURA A Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electro Magnética, (PECCEM), na que participa a APDR, ante este escaparate mundial dunha poderosa industria coa capacidade de influír na toma de decisións políticas, denuncia a inacción do Ministerio de Sanidade fronte as reiteradas alertas de institucións europeias encamiñadas a minimizar os riscos destas novas tecnoloxías e protexer especialmente aos máis vulnerábeis. Ver nota de prensa da PECCEM. Ver lainformacion.com.

--------------------

12.12.13: A APDR SOLICITA AOS CONCELLOS QUE SE SITUEN EN DEFENSA DAS SÚAS COMPETENCIAS E DA SAÚDE ANTE A AGRESIÓN QUE SUPÓN O PROXECTO DE LEI DE TELECOMUNICACIÓNS  ... , que recentraliza as competencias propias da Xunta de Galicia e dos concellos galegos e prima a ocupación do dominio público polas teleoperadoras nos procedementos de expropiación forzosa e nas limitacións da propiedade, e non ten en conta as recomendacións da Resolución 1815 de maio de 2011 da Asemblea Parlamentar do Consello de Europa aos seus estados membros polo risco potencial para a saúde dos efectos biolóxicos non térmicos dos campos electromagnéticos “en niveis inferiores aos limiares oficiais”,  .... Ver nota de prensa. Ver alegacións da PECCEM à reforma da Lei Xeral de Telecomunicacións. Ver Diario liberdade, Faro de Vigo (Morrazo), Faro de Vigo (Pontevedra).

--------------------


29.06.13: GRUPOS DE FRANCIA, BÉLXICA, SUECIA, ITALIA, PORTUGAL E DO ESTADO ESPAÑOL SENTAMOS AS BASES PARA A INICIATIVA CIDADÁ EUROPEA FRONTE AOS CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS  ..., para adoptar as medidas da Resolución 1815 do Consello de Europa: redución e control da exposición en toda Europa, información á poboación dos riscos das tecnoloxías inalámbricas e protección á poboación máis sensíbel (persoas electrohipersensíbeis -EHS-, infancia e mocidade, ...), ... Ver nota de prensa. Ver Manifesto de apoio á ICE. Ver Diario Liberdade 

--------------------

24.05.13: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA: NADA QUE CELEBRAR 
..., límites de emisión 4.500 veces superiores ás recomendados polo Consello de Europa para garantir a saúde, despregouse o Wifi nas escolas ignorando a Resolución 1815 que recomenda conexión a Internet por cable nas aulas, a implantación do 4G e a nova Lei Xeral de Telecomunicacións multiplicarán máis aínda a intensidade da contaminación, crece a incidencia da electrohipersensibilidade, .... Ver nota de prensa, Escoitar Vida Verde de Radio Nacional España.
--------------------


11.12.12: SOLICITUDE AO CONCELLO: CAMPAÑA POLO USO RACIONAL DO MÓBIL:
... A APDR ven de solicitar aos grupos municipais do Concello de Pontevedra atender aos criterios proteccionistas da Asemblea do Consello de Europa (para minimizar o impacto da electrocontaminación na infancia e mocidade)  solicitando "campañas de información dirixidas ao profesorado, a nais e pais e a nenos para advertirlles dos riscos específicos do uso precoz, indiscriminado e prolongado dos teléfonos móbiles e doutros dispositivos que emiten microondas". Tal e como xa o solicitan o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, o Parlamento Vasco, ... Ver solicitude. Ver prensa local

--------------------

03.12.12: NO DÍA INTERNACIONAL DA PERSOAS DISCAPACITADAS: MANIFESTAMOS A NOSA SOLIDARIEDADE COAS PERSOAS ELECTOHIPERSENSÍBEIS (EHS) E DENUNCIAMOS O SUICIDIO DE ÁNGELA JAÉN: :
... A APDR e a Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (PECCEM) no Día Internacional das persoas con Discapacidade no marco do suicidio de Angela Jaén o 28.11.12 (persoa cunha electrohipersensibilidade dabondo coñecida) denunciamos a degradación do estado de saúde das persoas Electrohipersensíbeis (EHS) e das súas condicións de vida (sanitarias, laborais, culturais, sociais, de vivenda, etc.) que aínda non teñen recoñocida a discapacidade funcional recoñecida en Suecia e recomendad polo Consello de Europa, o Parlamento Europeo e a Axencia Europea de Medio Ambiente.... Ver notas de prensa. Ver Pontevedra Viva.com. Ver videos de Ángela Jaén: 1, 2. Escoitar entrevista có fillo de Ángela Jaén en ABC.Radio

--------------------

12.07.12. SENTENZA SOBRE ANTENAS QUE SENTA XURISPRUDENCIA: OBLIGATORIEDADE MUNICIPAL DE TRAMITAR A AVALIACIÓN AMBIENTAL POLOS SEUS RISCOS A SAÚDE HUMANA E AFECTACIÓN AMBIENTAL
... A APDR chama aos concellos a desmantelar as antenas de telefonía móbil ilegais e a aplicar  a xurisprudencia que se da a nivel estatal coa recente sentenza do Tribunal Supremo que lembra a obrigatoriedade da avaliación ambiental das infraestruturas de telecomunicacións (antenas) polos riscos para a saúde humana e os efectos significativos sobre el medio ambiente que entrañan  .... Ver nota de prensa. Ver Sentenza do Tribunal Supremo. Ver declaración de AVAATE (Valladolid). Ver prensa local. Ver Diario Liberdade.

--------------------

22.06.12: COMUNICADO DA APDR E DA PECCEM ANTE O 24 DE XUÑO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A CONTAMINACIÓNELECTROMAGNÉTICA, ...
... que valora como moi positiva a campaña desenvolvida contra o Wi-Fi nas escolas  informando sobre os seus perigos potenciais, ase mesmo reivindica Zonas Brancas nos centros de ensino e espazos públicos, frenar a imposición dos sistemas SMART ("contadores intelixentes") e a prevención e recoñemento da electrohipersensibilidade .... Ver nota de prensa da APDR e da Plataforma Estatal contra a Contaminación Electromagnética (PCCEM). Escoitar entrevista en Onda Cero do coordinador da PCCEM en Asturias

--------------------

30.05.12: CHARLA SOBRE WIFI NAS AULAS EN LUGO: 
...
organizada pola Federación Provincial de Anpas de Lugo (FAPACEL) e ADEGA e impartida por un membro da APDR. A FAPACEL ten previsto extender este tipo de actos a outros municipios para o próximo curso na liña de que a Xunta cambie as instalacións inalámbricas que conecta a Internet nos centros de ensino por outras con cable. Ver cartel. Ver FAPACEL. Ver La Voz de Galicia 30.05.12. Ver Resolución do ColeXio Oficial de Biólogos de Galicia

--------------------

25.04.12: ACTO INFORMATIVO POLO PROXECTO DE SUBESTACIÓNS DE CAMBADOS: 
... Un membro da APDR informou sobre "Campos electromagnéticos, subestacións eléctricas e saúde", nun acto organizado en Oubiña (Cambados) polo Colectivo Ecoloxista do Salnés ante os proxectos de subestación de red Eléctrica e Fenosa en Vilariño que non atenden ao Principio de precaución. Ver Faro de Vigo e Diario de Arousa do 26.04.12, Faro de Vigo 27 04.12. Ver documentos relacionados: Revisión de saúde pediátrica (2010). Ver  Propostas municipais.

Foto: Faro de Vigo 24.04.12

--------------------

.03.12: A VECIÑANZA DO BURGO E A APDR DENUNCIAN A INSTALACIÓN DUNHA NOVA ANTENA NO PASARÓN E A FALTA DE CONTESTACIÓN DAS ADMINISTRACIÓNS IMPLICADAS
... Mentres se suceden as declaracións das autoridades implicadas a veciñanza de O Burgo manifesta a súa sorpresa e indignación ante novos feitos, como é a instalación durante o mes de marzo dunha nova antena de telefonía móbil con orientación norte na mesma torre, onde ademais se realizaron modificacións na instalación existente denunciada ... Ver nota de prensa. Ver prensa local de marzo 2012

--------------------

21.02.12: ELECTROCONTAMINACIÓN: POLO PRINCIPIO DE PRECACIÓN.

... Na derradeira década estamos a vivir un aumento exponencial dos campos electromagnéticos (CEM) artificiais cun risco potencial para a saúde (especialmente en grupos vulnerábeis como a infancia e a mocidade)

… O despegue caótico de antenas de telefonía móbil no concello de Pontevedra (menos de 30 en 2007 e máis de 150 en 2011) presenta unha crecente preocupación social ante os riscos potenciais para a saúde, … Dende a APDR apostamos por aplicar xa o principio de precaución recente demandado polo Consello de Europa co inicio dun proceso participativo de elaboración dunha ordenanza municipal garantista das infraestruturas capaces de crear electropolución, … Ver artigo de opinión e noticia La Voz de Galicia 21.02.2011

------------------

08.02.12: ADEGA, APDR E A FEDERACIÓN DE ANPAS DE LUGO PIDEN Á XUNTA QUE SUBSTITÚA O "WIFI" POR CABLE NO PROXECTO ABALAR:
... demandando nunha entrevista co subdirector xeral de sistemas informáticos da Consellaría de Educación, Carlos Vázquez, substituir o acceso a internet vía "wifi" por cable nas aulas do proxecto Abalar para evitar a exposición continuada á radiación electromagnética, particularmente na infancia e mocidade através dos móbiles e do sistema "wifi" que poda causar graves danos á saúde (como recoñece a Axencia Internacional de Investigación do Cancro, da OMS), cumplíndo coa recomendación do propio Consello de Europa (maio de 2011) de tomar medidas urxentes para reducir ditas radiacións. Ver Solicitude entregada o 08.02.2012. Ver noticias e escoitar entrevista en Radio Cerna 07.02.12, Ver Solicitude entregada o 08.02.2012. Ver noticias e escoitar entrevistaS en Radio Cerna: 07.02.12, 06.02.12. Ver Asturgalicia Noticias 09.02.12, Mundo Galiza 09.02.12, Crónica3.com a mariña 09.02.12, Galicia Hoxe.com 09.02.12, Galicia Confidencial 09.02.2012.

--------------------

04.01.12: PRESENTACIÓN NA PEREGRINA DE "ESCOLA SEN WIFI" COA ENTREGA DE GLOBOS E FOLLETOS ... campaña que divulgará na comunidade escolar galega as alertas que se están a dar dende a comunidade científica e distintas institucións europeas . Solicítase que o Programa Abalar da Xunta de Galicia aplique a recomendación do 25.05.2011 do Consello de Europa de primar nas aulas a conexión a internet por cable [sen WiFi] ante o maior risco de efectos biolóxicos potencialmente nocivos desta electropolución na infancia e mocidade .. Ver Nota de prensa, Ver Prensa, Ver soporte web da campaña a nivel galego

Foto Alba Sotelo. Diario de Pontevedra 05.01.12

--------------------

23.12.11: MÁIS DE 540 SINATURAS DA VECIÑANZA DO BURGO CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA
... foron entregadas no Concello de Pontevedra e na Deputación Provincial (co apoio da Asociación veciñal Santiaguiño e da APDR), por: o desmantelamento das antenas base de telefonía móbil ilegais do estadio Pasarón, unha moratoria deste tipo de instalacións e unha regulación municipal na liña do principio de precaución solicitado pola Axencia Europea de Medio Ambiente, o Parlamento Europeo e o Consello de Europa (reducción do límite de inmisión a < 0,1 microwatio m2, control da inmisión en tempo real, control veciñal na súa implantación).
Ver Dossier de prensa de Decembro 2011. Ver Resolución do Consello de Europa, Ver Propostas municipais da APDR

 

Foto J.C. Diario de Pontevedra 24.12.11

--------------------

11.11.11: VECIÑANZA E APDR NA ASEMBLEA NO BURGO POLAS ANTENAS DO PASARÓN, en Manuel Murguía nº. 1 - baixo, ás 20,30h
Unhas 40 persoas participaron na primeira asemblea veciñal no Burgo para informar e tomar medidas ante a instalación ilegal das antenas base de telefonía móbil no estadio de Pasaron en Pontevedra. A proliferación caótica destas instalacións contaminantes supuxo en Pontevedra, pasar de 20 antenas no 2007 e 115 no 2010 ás 150 na actualidade cunha previsión de dobrarse a corto prazo sen ter en contas o principio de precaución reclamado polo Consello de Europa. Ver nota de prensa e cartel da convocatoria. Ver Dossier de prensa de novembro. Ver Propostas municipais da APDR

Detalle da foto de Rafa Vazquez. Faro de Vigo 12.11.11

Ver cartel

--------------------

Full Signal (Cobertura Total), examina a contradición entre a saúde e as finanzas, unha das moitas ironías da loita para regular a colocación das estacións base de telefonía móbil. Ver ficha técnica

--------------------

18.10.11: SOLIDARIEDADE COA VECIÑANZA DO ESTADIO PASARÓN POLA INSTALACIÓN ILEGAL DE ANTENAS
Dende a APDR compartimos esta inquedanza veciñal, ante este caótico despregamento, apostando por iniciar un proceso participativo de elaboración dunha ordenanza municipal garantista de infraestruturas de Contaminación Electromagnética atendendo ao Principio de Precaución xa reclamado polo Consello de Europa, o Parlamento Europeo e a Axencia Europea de Medio Amiente (límites de seguridade máis estritos, control das emisións en tempo real, información pública e participación cidadá). Ver nota de prensa. Ver Prensa local 19.10.11. Ver dossier prensa outubro 2011,

Diario Pontevedra 19.10.11

--------------------

24.06.11: A APDR, MEMBRO DA PECCE, APOIA O MANIFESTO CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA ...

... asinado por máis de 500 grupos sociais coma a confederación española de pais e nais de alumnos -CEAPA- (incluíndo asociacións de nais e pais galegas coma a CONFAPA e a FANPA), esixindo a aplicación do principio de precaución, entre outras, coa redución dos límites máximos legais a este tipo de radiacións, afastando as torres de alta tensión ou transformadores das vivendas habitadas, eliminando os sistemas Wi-Fi das escolas, ... Ver nota de prensa co manifesto. Ver: GaliciaHoxe.com 24.06.11. Ver: Diario Liberdade 26.06.11. Ver: EuropaPress.es 24.06.11

--------------------

01.07.11: O CONSELLO DE EUROPA XA INSTOU A TOMAR MEDIDAS PARA REDUCIR A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA .... A APDR INSTA ÁS ADMINISTRACIÓNS A NON ESPERAR PARA APLICALAS
Na Resolución 1815 recomenda aos estados membros aplicar o principio de precaución (reducindo os límites de emisión,  advertindo e educando sobre o uso precoz e indiscriminado do móbil na infancia e mocidade, primando o cable sobre o Wi-Fi nas aulas, ....), na liña que dende fai anos colectivos coma a APDR e a Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética veñiamos reclamando porque segundo din a Resolución: "Esperar ... poder provocar uns custos sanitarios e económicos moi elevados, como foi o caso no pasado co amisnto, a gasolina con chumbo e o tabaco". Ver nota de prensa. Ver Resolución da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa . Ver Proposta da Resolución. Ver prensa local 02.06.11.

--------------------

28.04.11: COA LEXISLACIÓN ACTUAL A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE OPERADORES DE TELECOMUNICACIÓNS, NON PODEN DAR TRANQUILIDADE NIN SEGURIDADE Á VECIÑANZA DE CAMPO LAMEIRO :
... REDTEL quixo tranquilizar á veciñanza de Campo Lameiro expoñendo que a radiación das antenas están dentro da legalidade, legalidade actualmente cuestionada e superada en distintos paises, cc. autónomas e concellos. dos límites establecidos na normativa estatal. A Tranquilidade dáa a aplicación de propostas municipais co criterio do Principio de Precaución. Ver nota de prensa. Ver La Voz de Galicia 29.04.11

--------------------

22.04.11: POLO PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN TAMÉN EN CAMPO LAMEIRO :
... en relación coa denuncia de concentración de casos de tumores en A Lagoa de Bailadoiro en Campo Lameiro, dende a APDR espomos a necesidade de aplicar propostas municipais garantistas. Esta sospeita de clúster asociada a electropolución súmase as xa denunciadas na provincia de Pontevedra: Padróns en Ponteareas, Valadares en  Vigo, centro de Portonovo en Sanxenxo, casco urbano de Salceda de Caselas, Santa Lucia en Moraña, Saxosa de Bértola en Vilaboa, … Ver nota de prensa. Ver La Voz de Galicia 24-04-11

--------------------

22.04.11: A PLATAFORMA ESTATAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA (PECC) EN SOLIDARIEDADE COA ORDENANZA DE TELEFONÍA MÓBIL DE LEGANÉS:
... con motivo das presións das operadoras de telefonía móbil para anular esta ordenanza, a primeira a nivel europeo que, asegurando a cobertura dos móbiles, reduce 4.500 veces o límite establecido a nivel estatal sendo garante do control municipal de ditas emisións en tempo real. Nesta banda a APDR (fundadora da PECC) está a propor ordenanzas municipais garantistas na nosa comunidade coma a recen proposta na cidade de Pontevedra. Ver nota de prensa da PECC. Ver Europapress.es 22.04.11. Ver Diario de Pontevedra 24.04.11

--------------------

Máis de 80 antenas no Centro de Pontevedra das máis de 120 do Concello

13.04.11: PRESENTAMOS PROPOSTAS MUNICIPAIS PARA PREVIR A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN PONTEVEDRA ...
... Dende a APDR seguimos apostando por iniciar un proceso participativo de elaboración dunha ordenanza municipal garantista de infraestruturas que creen Contaminación Electromagnética, regulando o seu caótico despregamento atendendo á protección das zonas habitadas con límites de seguridade máis estritos aos estatais (potestade municipal recoñecida polo Tribunal Supremo), garantindo o control municipal das emisións con medicións en tempo real, con información pública e participación cidadá. Ver propostas para Pontevedra, Ver prensa do 14.04.11: Diario de Pontevedra, Correo Gallego, La Voz de Galicia

Ver tamén: localización de antenas en Pontevedra a setembro 2010, Ver propostas para os concellos galegos (galego / castelán).

--------------------

VIVIMOS RODEADOS DE ONDAS ... MALIGNAS ?

27.02.11: VIVIMOS RODEADOS DE ONDAS ... MALIGNAS?:
Breve Clip emitido no informativo de V Televisión o 27.02.11. Á marxe dos límites de tempo e da selección nas entrevistas e das persoas entrevistadas, destaca pola visibilización dun caso de electrosensibilidade de Pontevedra e por recoller ao final do clip un conxunto de consellos en tono de precaución (na liña de cautela da Axencia Europea de Medio Ambiente e das resolucións do Parlamento Europeo do 2008 e 2009), que contrastan coa liña de actuación das administracións estatal, autonómica e local.

 

Orixinal en: http://www.vtelevision.es/informativos/2011/02/27/0031_26_58839.htm

--------------------

24.01.11: A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA ESTENDE A CAMPAÑA:
) ) ) ) ) ) ) WI-FI NAS AULAS?...... Internet mellor por cable ...

... co envío dun dossier informativo aos centros de ensino, asociacións de pais e nais e as seccións sindicais de ensino, solicitando así mesmo unha entrevista na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ante a obriga no actual curso académico de que a conexión a internet sexa por vía Wi-Fi, nas aulas de 5º de Primaría e 1º da ESO seleccionadas no Proxecto Abalar, obviando o Principio de Cautela de minimizar a exposición á contaminación electromagnética proposta polo Parlamento Europeo en 2009. Ver: nota de prensa da FEG. Ver: Radiofusión 25.01.2011 e escoitar a entrevista

Outras noticias relacionadas de 02.02.11: Xornal de Galicia.com, La Voz de Galicia, Europa press.es.

--------------------

 

21.12.10: WI-FI NAS PRAZAS? A APDR SOLICITA UNHA REUNIÓN COS CONCELLEIROS RESPONSÁBEIS:
Ante a proposta do Concello de Pontevedra de instalación de antenas Wi-Fi nas prazas públicas, a APDR solicitará unha reunión cos concelleiros responsábeis para transmitirlles a documentación institucional e científica que avoga polo principio de precaución, e propoñerlle valorar as alternativas “dispoñíbeis e eficaces” de conexión a internet para minimizar a exposición aos Campos Electromagnéticos (CEM) na liña sinalada polo Parlamento Europeo. Ver nota de prensa. Ver prensa local 22.12.10 . Ver tamén xestións da Plataforma Estatal no Congreso dos Deputados: Europa Pres 01.12.10

)))))) Wi-Fi NAS PRAZAS DE PONTEVEDRA?

INTERNET MELLOR POR CABLE ...............

--------------------

CARTA Á COMUNIDADE EDUCATIVA DE PONTEVEDRA E BIZBARRA

Sr/a. Director/a e demais responsábeis do seu equipo no centro:

Este ano a implantación do Plan Abalar en 5º de Primaría e 1º da ESO nos centros seleccionados para unha primeira fase, conta cunha implantación de conexión á rede por vía Wi-Fi con exposición continua nas aulas.

Esta tecnoloxía lonxe de ter demostrada a súa inocuidade non presenta na actualidade estudos a longo prazo. A Axencia Europea de Medio Ambiente e Resolucións do Parlamento Europeo de 2008 e 2009 avisan de que os límites legais actuais a Campos electromagnéticos (coma os da nosa lexislación estatal) están “obsoletos” sen atender aos grupos vulnerábeis, declarando que a tecnoloxía inalámbrica “ poden producir efectos adversos para a saúde humana” e chamando a minimizar a exposición a sistemas inalámbricos especialmente en grupos vulnerábeis como na infancia.

Dende a APDR preparámosvos un Dossier presentando os motivos que favorecen a conexión por cable na escola (ante a oferta do Wi-Fi) en base a que é máis rápida, estable, segura e non expón ao alumnado nin aos traballadores  a unha contaminación  acumulativa continua e gratuíta. Podedes tamén descargar unha carta aberta da Dra. Magda Havas (investigadora e docente da Universidade de Trente, Canadá) dirixida á comunidade escolar do seu país.

Rogamos a difusión deste dossier para o seu debate na comunidade escolar.

Déixovos un enlace de audio para a reflexión: Un Wi-Fi exposto durante moito tempo en persoas sensíbeis, como son os nenos, moi previsiblemente va a causar problemas, Joaquín Ramón Fernández Solà, especialista en Enfermidades Emerxentes do Hospital Clinic de Barcelona en declaración recente na Cadena Ser

Un saúdo, da xunta directiva da Asociación Pola Defensa da Ría (APDR).

Ver La Voz de Galicia 04.11.10, Ver nota de prensa da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética, Descargar Dossier: galego, castelán

)))))) Wi-Fi nas aulas?

Internet mellor por cable ...............

--------------------

04.11.10. ALEGACIÓNS A UNHA SUBESTACIÓN EN BÉRTOLA:

A Comisión de Afectad@s de Bértola e a APDR, que dende 2008 demanda unha ordenanza que limite a contaminación electromagnética (exposición menor a 0,1 microwatios/m2, participación e negociación previa á instalación coa veciñanza, control municipal con datos públicos das emisións en tempo real, …), veñen de alegar en tempo e forma no Departamento Territorial de Pontevedra: denunciando a atomización de proxectos do Plan de Electrificación do Eixe Atlántico de Alta Velocidade encubrindo o seu verdadeiro impacto sen unha avaliación de incidencia ambiental global previa, e que en ningún caso deberia facerse sin negociar coa veciñanza implicada coas alternativas posíbeis, garantindo distancias proteccionistas e mecanismos de control local; polo que solicitan a anulación do acto por indefensión xurídica da veciñanza. Ver nota de prensa. Ver La Voz de Galicia 20.09.10

--------------------

25.09.10. TRALA MEDIACIÓN DO VALEDOR DO POBO, SEGUEMOS DEMANDANDO AO CONCELLO DE PONTEVEDRA O COÑECEMENTO PÚBLICO DA SITUACIÓN LEGAL DAS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL, XA SOLICITADO NO 2007: A Área de Disciplina e Policía Administrativa do Concello préstouse en agosto deste ano a facilitarnos a información legal das antenas de telefonía móbil solicitada no 2007, prevía a localización gráfica das mesmas. A APDR ven de presentar ao Concello planos e datos de localización de 115 antenas base de telefonía móbil no municipio, para demandar o coñecemento público do seu estado legal, necesario para iniciar un proceso participativo de elaboración dunha ordenanza municipal garantista de antenas de telefonía móbil que regule o seu despregamento caótico e ilegal. Ver nota de prensa. Ver Planos e datos presentados. Ver Faro de Vigo de 26.09.10

--------------------

19.09.10. CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN BÉRTOLA (VILABOA): AO CAOS NA IMPLANTACIÓN DE ANTENAS E AS LIÑAS DE ALTA TENSIÓN SÚMANSE O PROXECTO DE SUBESTACIÓNS --> POLO CONTROL VECIÑAL E A APLICACIÓN MUNICIPAL DO PRINCIPIO DE CAUTELA

Afectad@s e ecoloxistas emprazamos ao Concello na recente asemblea veciñal en Bértola a: Que as alegacións ás subestacións esixan unha avaliación global do proxecto que non enmascare o seu impacto ambiental, Creación inmediata dunha ordenanza municipal garantista dás instalacións da rede eléctrica que lexitime ao Concello, dende o principio de cautela, para establecer límites e formas de control na súa implantación, 3º Retomar o diálogo para aprobar unha ordenanza municipal proteccionista de antenas de telefonía móbil en Vilaboa, 4º Realizar un mapa de contaminación electromagnética con técnicos independentes. Ver nota de prensa. Ver La Voz de Galicia 20.09.10

--------------------

26.07.10: A APDR EN SOLIDARIEDADE CON SERVANDO PÉREZ EN FOLGA DE FAME NO CHUS...
onde leva un mes esperando a que lle dean (ou deriven) o tratamento de quelación ou limpeza do organismo que o xuíz ordenou fai 2 anos para a súa intoxicación mercurial crónica e Sensibilidade Química Múltiple (SQM). Lonxe de tratalo ou derivalo (importante refrente pra o resto de afectad@s) e de ter en conta a súa necesidade de comida sen aditivos, quixéronlle dar o alta e reorientar o diagnóstico a unha enfermidade psiquiátrica. Nesta loita Servando convirtiouse en voceiro d@s que padecen enfermidades ambientais emerxentes das que a Seguridade Social desenténdese (SQM, Síndrome de Fatiga Crónica, Fibromialxia, electrosensibilidade, radiacións ou intoxicacións crónicas por metais pesados) e de tod@s nos que estamos expost@s a padecelas. Ver carta Plataforma Estatal contra a Contaminación Electromagnética ante o CHUS. Ver resposta do Valedor Pobo á APDR. Ver artigo de Miguel Jara.
Ver: mensaxe de Servando

 

21.07.10. RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA O PLAN DE IMPLANTACIÓN DE ANTENAS DE VODAFONE EN MOAÑA
O Colectivo de Afectados pola Contaminación Electromagnética de As Barxas, Domaio, e Meira, as Asociacións Veciñais de Xeremelo e de Doamaio, a Federación Veciñal A Chamusca, e colectivos ecoloxista como Luita Verde e a APDR, presentamos recurso de reposición á aprobación por parte do Concello del Plan de Implantación de las antenas de telefonía móvil de Vodafone. O recurso, elaborado polo abogado Luis Pena baséase na indefensión, ausencia de exposición publica e a vulneración da lei de procedemento administrativo, das normativas autonómicas urbanística e de avaliación ambiental, da ordenanza municipal de instalacións radioeléctricas e da constitución. Ver Faro de Vigo 13.11.10

Foto C. Jimenez

 

24.06.10: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA
A APDR participa no marco asociativo (veciñal, ecoloxista, de nais e país, de persoas afectadas) da PLATAFORMA ESTATAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA, na liña de aplicar os principios de cautela xa expostos pola Axencia Europea de Medio Ambiente e as distintas Resolucións do Parlamento Europeo, reducindo os límites de exposición ás emisións contaminantes electromagnéticas da normativa estatal, apostando polo uso racional do teléfono móbil e pola creación de ordenanzas municipais proteccionistas sobre antenas (como en Vilaboa e en Pontevedra). Ver Comunicado da Plataforma Estatal Contra A Contaminación Electromagnética

 

07.06.10: MAÍS DE 280 SINATURAS APOIAN AS ALEGACIÓNS Á ORDENANZA DE ANTENAS DO CONCELLO DE VILABOA, PRESENTADAS POLA VECIÑANZA DE BÉRTOLA (VILABOA) E ESCULCA (SALCEDO-PONTEVEDRA), MÁIS A APDR
Dende máis de 2 anos a veciñanza de Bértola e Esculca, denuncia o caos das antenas base de telefonía móbil: a falta de control municipal real sobre a súa legalidade, a súa localización e as súas emisións contaminantes que súmanse á inquedanza doutras fontes de electrocontaminación (liñas de alta tensión, estacións eléctrica, ...) no mesmo núcleo poboacional. As alegacións baseánse no principio de Precaución centradas na PROTECCIÓN DE CENTROS OU LUGARES SENSÍBEIS incluidas as vivendas, a PARTICIPACIÓN VECIÑAL, o CONTROL MUNICIPAL CO MEDICIÓN DAS EMISIÓNS en tempo real e a súa INFORMACIÓN PÚBLICA . Ver nota de prensa. Ver prensa local 09.06.10

 

30.03.10: SOTERRAMENTO DA LIÑA DE ALTA TENSIÓN DE MONTE PORREIRO? …. APLICAR O PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN.
Ante o soterramento de facto, dende a APDR (integrante da Coordinadora Provincial contra a Contaminación Electro Magnética de Pontevedra) lembramos as medidas de cautela necesarias a cumprir para conseguir un dos seus fins buscados: REDUCIR A EXPOSICIÓN aos campos electromagnéticos de moi baixa frecuencia (ELF). "Hai pouca dúbida que a exposición aos ELF causa a leucemia na infancia" (páxina 8 do Informe Bioinitiative, revisión bibliográfica de máis de 1500 estudos científicos, apoiado pola Axencia Europea de Medio Ambiente e base científica dos aportes proteccionistas das resolucions do Parlamento Europeo en 2008 e 2009). Ver nota de prensa, Ver Diario de Pontevedra 31.03.10

 

21.12.09. TELEFONÍA MÓBIL, NADAL, CATIV@S E SAÚDE: POLO PRINCIPIO DE CAUTELA
Dende o consenso científico da maior susceptibilidade na infancia e mocidade aos efectos potenciais das exposicións electromagnéticas, a APDR chama a cumplir as recomendacións do Parlamento Europeo de reducir a exposición á contaminación electromagnética, informar e protexer á infancia e á mocidade das consecuencias do uso do móbil e das agresivas campañas de comercialización con ocasión do Nadal. Ante o risco significativamente maior de tumores cerebrais asociados ao seu uso anunciado no estudo internacional da OMS Interphone, a súa coordinadora, chama a “restrinxir” o seu uso en nenos e demanda «medios para reducir a nosa exposición» aos móbiles. Requerimos ás autoridades centrais, autonómicas e municipais a considerar iniciativas como as francesas: prohibir o uso do móbil nos centros de ensino a menores de 14 anos e comezar a reducir a exposición dás antenas de telefonía móbil a 0,1 µW/m2, para preservar a saúde. Ver nota de prensa. Ver Diario de Pontevedra 22.12.09. Ver Senado francés. Ver compromiso francés de reducir a 0,1 µw/m2 en 16 cidades. Ver laopinióncoruña.es 29.05.09. Ver ordenanza proteccionista de Leganes na liña da proposta pola APDR en Vilaboa

Nas escolas galegas?

Ver artigo laopinióncoruña.es 29.05.09

Ver ordenanza de Leganes
Folleto: A e B Ver Senado francés Ver proxecto piloto francés

 

05.11.09. ANTE O CAOS E A ILEGALIDADE: POR UNHA ORDENANZA MUNICIPAL PROTECCIONISTA DE TELEFONÍA MÓBIL EN PONTEVEDRA
Dende a APDR saúdamos a recente non legalizalización dunha antena base de telefonía móbil en Dr. Loureiro Crespo mentras non teñamos unha regulación protecionista. Así mesmo apostamos pola iniciativa anunciada por Teresa Casal de facer unha ordenanza que regule o despregamento (caótico e ilegal) das instalación de antenas base de telefonía móbil de Pontevedra, e propoñemos un proceso participativo (con representantes de colectivos de afectados, veciñais, de nais e pais e ecoloxistas) para elaborar unha ordenanza baseada no principio de cautela. Ver nota de prensa. Ver prensa local. Ver a proposta poteccionista do governo francés de reducir a 0,1 µw/m2 á exposición á antenas en 16 cidades. Ver ordenanza proteccionista de Leganes na liña da proposta pola APDR en Vilaboa

VENRES 09.10.09 ÁS 20,30H CENTRO CULTURAL RIO MAIOR DE VILABOA: ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL E SAÚDE: POR UNHA NORMATIVA QUE PROTEXA Á CIDADANÍA EN VILABOA:
Presentación pública dunha proposta de ordenanza proteccionista presentada ao Concello de Vilaboa polo Colectivo veciñal de persoas afectadas de Bértola e Esculca e a APDR, dentro do compromiso adquirido ante a veciñanza polo seu 1º tenente alcalde en decembro de 2008 e en xuño 2009. Ver: Obxectivos da ordenanza proposta, Ver: Nota de Prensa, Ver: Dosssier de prensa 2008 e 2009

DECLARACIÓNS E DATAS CRAVES POLA PRECAUCIÓN NO CONCELLO DE VILABOA:
  • 02.12.08: Asemblea veciñal en Bértola e compromiso do 1º tenente alcalde de Vilaboa a facer un Regulamento do espazo radioelectrico baseado no Principio de Precaución, facilitando, entre outras, á desinstalación dá antena de Bértola. Ver: Acordos tomados no Acto veciñal.
  • 06.12.08: A voceira local do BNG recoñece a ilegalidade de tódalas antenas e aposta por “unha ordenanza reguladora na que se regulen tanto a ubicación como as emisións”, tendo en conta os “núcleos de poboación e núcleos sensíbeis” lembrando que a lexislación estatal infrinxe o principio de cautela. Ver noticia completa.
  • 19.12.08: Máis de 250 persoas afectadas denuncian as antenas ilegais de Salcedo ao concello de Pontevedra. Ver: petición
  • Febreiro de 2009: Notificación do concello de Pontevedra confirmando dita ilegalidade das antenas de Salcedo.
  • 03.03.09: Resposta das persoas afectadas e da APDR: peche cautelar, regulación proteccionista do espazo radioeléctrico e diálogo cos responsábeis municipais. Ver: nota de prensa .
  • 25.04.09: O 1º tenente alcalde de Vilaboa presenta en Pontevedra a súa proposta de ordenanza municipal na xornada de Telefonía Móbil e Saúde, e posterga a súa aprobación para engadir achegas expostas no debate. Ver máis
  • 24.06.09: Entrégase ao Concello de Vilaboa a PROPOSTA DE ORDENANZA PROTECCIONISTA DE ANTENAS elaborada pola APDR, referendada polo Colectivo veciñal de persoas afectadas de Bértola e Esculca, e con achegas de Ceferino Maestu e Enrique Ríos Ver máis
  • 09.10.09: Acto informativo de presentación pública desta proposta de ordenanza proteccionista dos colectivos sociais (Colectivo veciñal de persoas afectadas de Bértola e Esculca e APDR) e comezo de contactos con outros colectivos veciñais de Vilaboa. Ver máis

 

11.09.09: SEN SAÚDE NON SE AVANZA: ENTREGADAS AS ALEGACIÓNS AO PLAN AVANZA DO MINISTERIO DE INDUSTRIA
A APDR, xunto co resto de colectivos da “Coordinadora Provincial contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra”, veñen de presentar alegacións ao chamado Plan Avanza2 (2010-2012) do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio; plan de expansión das novas tecnoloxías e da chamada sociedade da información. Cando o Plan Avanza apela a conceptos como: seguridade, calidade de vida, desenvolvemento sostible e participación cidadá, non pode esquecer as medidas de cautela necesarias para manter un equilibrio imprescindíbel entre a preservación dun dereito fundamental como a saúde e os obxectivos de calidade, integración social, mellora de calidade de vida e mellora de servizos. Ver nota de prensa. Ver alegacións. Ver La Voz de Galicia 12.09.09, Ver Diario de Pontevedra 12.09.09, Ver entrevista de 22.09.09 da Plataforma Estatal contra a Contaminación Electromagnética con voceiros do Ministerio de Industria.

 

24.06.09. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA: A COORDINADORA PROVINCIAL PRESENTA UN MANIFESTO CONTRA A ELECTROPOLUCIÓN
Diferentes membros da Coordinadora Provincial contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra, da que fai parte a APDR, presentaron hoxe na Sala Sargadelos de Pontevedra o Manifesto, recén aprobado a nivel estatal, que demanda aplicar o principio de cautela xa reclamado nas últimas resolucións do Parlamento Europeo, pola Axencia Europea de Medio Ambiente, o Informe BIOINITIATIVE. Informouse do compromiso de facer un estudo sobre a contaminación electromagnética en Moaña; do compromiso do tenente de alcalde de Vilaboa de aprobar unha normativa garantista proposta polas persoas afectadas; e dos contactos veciñais co concello de Vigo. Trala presentación acordamos en xuntanza as vindeiras liñas de actuación. Ver Manifesto Ver prensa local

13.06.09. A PLATAFORMA ESTATAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA DEMANDA UNHA LEXISLACIÓN SOBRE SAÚDE E CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS.
A Coordinadora Provincial Contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra participou no 2º encontro estatal na que participan organizacións veciñais, de persoas afectadas e ecoloxistas de distintos puntos do estado, que culminou n a elaboración dun manifesto común e a próxima creación de grupos de traballo específicos. Ver: Nota de prensa

 

05.06.09. ACORDO DE AVALIACIÓN DA CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNETICA EN MOAÑA.
Entre as propostas presentadas polos colectivos de afectados, veciñais e ecoloxistas (que apostamos por primeiro avaliar para despois limitar e minimizar a contaminación electromagnética); nunha mesa con representastes do concello, Telefónica Móviles e un representante do Ministerio de Industria); aceptouse facer un estudo para avaliar a exposición a Campos Electromagnéticos en Moaña con medicións por parte dun grupo de expertos independentes dirixido polo Dr. Ceferino Maestu investigador e docente da E.T.S. de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid. Estudo que se desenvolvería despois do verán. Ver Nota de prensa do 06.06.09. Ver: Faro de Vigo 08.06.09

 

12 E 29.05.09 CAMPAÑA PARA NAIS E PAIS DE USO RACIONAL DO TELÉFONO MÓBIL NAS ANPAS DE ARCADE E PORRIÑO
A APDR desenvolveu nestas datas actos informativos con nais e pais do CPI Padín Truiteiro en Soutomaior (Arcade) e do CEIP de Atios (Porriño) no marco da campaña cos ANPAs dentro da colaboración coa Federación de ANPA de Pontevedra e a Coordinadora Provincial contra a contaminación electromagnética. Por outra banda se está a facer xestións co profesorado do IES de a Xunqueira I para unha acción formativa. Ver Nota da Presentación. Ver Folleto: CARA A / CARA B. Ver: dossier Campaña do Concello de Lyon (galego, castelán, francés)

 

25.04.09: XORNADA PROVINCIAL EN PONTEVEDRA; TELEFONÍA MÓBIL E SAÚDE....
... por unha regulación en base a criterios de saúde e evitación de riscos. A "Coordinadora Provincial Contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra", nada o 24 de xuño de 2008 da confluencia de asociacións veciñais, ecoloxistas. de nais e pais, colectivos de persoas afectadas; autoconvócase nunha xornada onde consolídarse organizatívamente abrindo un debate na sociedade no campo sanitario, xurídico, municipal e de educación para a saúde. Ver Cartel. Ver Programa da xornada. Ver Invitación. Ver Dossier de prensa

 

21.04.09: ACTO VECIÑAL DE PEDRA CHOCA EN CANGAS SOBRE A RESOLUCIÓN PARLAMENTARIA EUROPEA DE ABRIL na Casa da Cultura ás 20h, que contará como relator cun membro da APDR
18.04.09: APDR VALORA A RESOLUCIÓN PARLAMENTARIA EUROPEA DE ABRIL que aboga polo Principio de Precaución na exposición ao Campos Electromagnéticos. Ver nota de prensa. Ver Resumo da Resolución . Ver resolución

14.04.09: COLECTIVOS DE AFECTADOS, VECIÑAIS E ECOLOXISTAS PRESENTAMOS ALEGACIÓNS AO PLAN DE IMPLANTACIÓN DE VODAFONE EN MOAÑA. Ver Alegacións

07.03.09. NACE A PLATAFORMA ESTATAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTRO-MAGNÉTICA con membros da Coordinadora Provincial de Pontevedra e da Federación Veciñal Roi Xordo de Ferrol . Ver: Nota de prensa
04.03.09. O CONCELLO DE MORAÑA MANTÉN A ILEGALIDADE DAS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL REXEITANDO AS RECOMENDACIÓNS DO VALEDOR DO POBO ... O Valedor do pobo tras esgotar tódolos trámites posibles fará mención crítica no seu informe anual ao Parlamento cos nomes das autoridades / funcionarios que persisten na actitude de manter a ilegalidade. Ver: Nota de prensa. Ver: Notificación do Valedor do Pobo aos afectados. Ver: Recomendación do Valedor do Pobo ao concello de Moraña. Ver dossier de prensa

Foto Capotillo. La Voz de Galicia 12.06.07

03.03.09. COS AFECTADOS DE SALCEDO E VILABOA: NOTIFÍCANNOS A ILEGALIDADE DAS ANTENAS DE SALCEDO: AGORA POLO PECHE CAUTELAR ... Lembramos ao Concello de Pontevedra as máis de 250 sinaturas dos afectados solicitando o Peche e a regulación das antenas co criterio de Precaución (tal e como comprometeuse o Tenente de Alcalde de Vilaboa) e entrevista coas concellerías implicadas. Ver: nota de prensa. Ver: Petición ao Concello de Pontevedra. Ver dossier de prensa: 2008 e 2009

3 Mastros de T. móbil e L. de alta tensión. Foto Noé Parga (Faro de Vigo 07.12.09)

25.02.09. MOAÑA: OS COLECTIVOS DE AFECTADOS, VECIÑAIS E ECOLOXISTAS DENUNCIAMOS O ABANDONO DO CONCELLO QUE PROPICIOU A ELIMINACIÓN POLO TSXG DE TERMOS GARANTISTAS DA ORDENANZA MUNICIPAL ... anulando medidas proteccionistas coma a de separar as antenas a máis de 100 metros dos colexios. Ver: Escrito enviado ao Alcalde de Moaña (febreiro/2009) Ver: nota de prensa Ver: prensa local
24.02.09. REDONDELA: COLECTIVOS DE AFECTADOS, VECIÑAIS E ECOLOXISTAS REXEITAMOS EN A PROPOSTA MUNICIPAL QUE "DES"REGULA MÁIS A IMPLANTACIÓN DE ANTENAS E CONVOCAMOS UN ACTO INFORMATIVO EN CHAPELA O 09.03.09. Este proxecto de Regulamento súmase a indefensión cidadá ante a normativa estatal e a desprotección municipal, aumentando o caos ilegal e a inmunidade dos operadores, chegando a permitir antenas ata no mobiliario urbano entre vivendas. Ver nota de prensa. Ver prensa 27.02.09
10.02.09: CEA - VILAGARCÍA: MASIVA ASISTENCIA NO ACTO EN O VENTO E RECOLLIDA DE SINATURAS ... convocada polo colectivo de afectados e a asociación veciñal (coa participación da APDR), ante a implatanción dunha antena no nucleo de O Vento en CEA. Ver nota de prensa 10.02.09. Ver dossier de prensa CEA Ver nota de prensa 20.02.09 Ver Alegacións da APDR

 

12.01.09: COLECTIVOS DE AFECTADOS, VECIÑAIS E ECOLOXISTAS (APDR E LUITA VERDE) PRESENTAMOS ALEGACIÓNS NO CONCELLO DE MOAÑA Ó PLAN DE IMPLANTACIÓN DE TELEFÓNICA MÓVILES.
Nas alegacións (só máis de 900 as entregadas a traveso dos colectivos de afectados), ademáis dos incumplimentos legais actuais, se lembra nas mesmas a necesidade de cambiar os criterios da normativa local (declarados obsoletas en Resolución 04.09.08 do Parlamento Europeo en base aos consellos da Axencia Europea de Medio Ambiente e o Informe Bioiniciativa) polo que empraza ao Concello de Moaña para cambiala en base ao Principio de Precaución, para compatibilizar saúde e novas tecnoloxías. Ver: Nota de prensa, Ver: Alegacións presentadas pola APDR

 

19.12.08. AS ANTENAS ILEGAIS DE SALCEDO DENUNCIADAS POR MÁIS DE 250 PERSOAS AFECTADAS ANTE O CONCELLO DE PONTEVEDRA.
Máis de 250 persoas afectadas residentes na Saxosa -Bértola-Vilaboa-, A Esculca –Salcedo- e A Carballa –Salcedo- asinan a proposta entregada hoxe no Concello de Pontevedra por Laureano Rodríguez Soto, e apoiada tamén pola APDR. Na proposta solicítase información e peche cautelar das antenas ilegais de telefonía móbil de Salcedo, un regulamento do espazo radioelectrico en base ao principio de precaución (afastando as antenas das zonas residenciais e sensíbeis) e entrevista cos responsábeis das Concellarías implicadas do Concello de Pontevedra. Ver: Petición ao concello de Pontevedra. Ver: Dossier de prensa 2008 e 2009

 

17.12.08: PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA PARA PAIS E NAIS DE USO RACIONAL DO TELÉFONO MÓBIL.
Presentación do folleto de educación sanitaria e ambiental no uso racional da telefonía móbil, como ferramenta para traballar estes temas nas súas familias e nace da colaboración da APDR coa Federación de ANPA de Pontevedra e a Coordinadora Provincial contra a contaminación electromagnética de Pontevedra. Ver Nota da Presentación. Ver Folleto: CARA A / CARA B. Ver: dossier Campaña do Concello de Lyon (galego, castelán, francés)

Folleto de Educación Sanitaria da APDR
Concello de Lyon (Francia)

 

05.12.08: ACTO INFORMATIVO NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE MOAÑA SOBRE ANTENAS E SAÚDE CONVOCADO POLO COLECTIVO DE PERSOAS AFECTADAS E O MOVIMENTO VECIÑAL, APOIADO POR LUITA VERDE E APDR.
Ante a imposibilidade de demostrar a inocuidade aos campos electromagnéticos e a dificultade para concluír un mecanismo causa-efecto, se constata a relación causal manifestada no estudo Bioiniciativa con diversas patoloxías base da Resolución do Parlamento Europeo (04.09.08) que declara OBSOLETOS e INSEGUROS os límites de exposición actuais vixentes no estado español. Acórdase neste acto elaborar e distribuír ALEGACIÓNS AOS PLANS DE INSTALACIÓN de antenas de telefonía móbil en Moaña denunciando as ilegalidades actuais e remarcando a necesidade de actualizar a normativa municipal en base ao consenso actual sobre Principio de Precaución. Ver: convocatoria , CONCLUSIÓNS E ACORDOS TOMADOS NO ACTO, Faro de Vigo 07.12.08

 

02.12.08: ACTO INFORMATIVO SOBRE ANTENAS E SAÚDE E ASEMBLEA VECIÑAL EN BERTOLA (VILABOA): O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE COMPROMÉTESE A IMPULSAR UNHA ORDENANZA MUNICIPAL BASEADA NO PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN.
Tralo acto informativo aprobouse SOLICITAR: A SANIDADE, un estudo epidemiolóxico; ao CONCELLO DE VILABOA. unha normativa baseada no principio de precaución e a posterior retirada da torreta da antena de Bertola; ao CONCELLO DE PONTEVEDRA a suspensión da emisión das antenas ilegais de Salcedo. Francisco Torres, 1º Tenente de Alcalde de Vilaboa, comprometeuse a xestionar a mencionada ordenanza e solicitar a sanidade o estudo; o vogal da APDR comprometéuse a que dita asociación mediaria co Concello de Pontevedra.Ver: Nota de prensa, ACORDOS TOMADOS, Dossier de prensa 2008 e 2009

 

21.11.08: PROGRAMA DA RADIO GALEGA SOBRE ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL, SAÚDE, VECINOS AFECTADOS E ESTUDOS EPIDEMIOLÓXICOS.
Programa de radio "un día por diante", reportaxe monográfico dirixido por Pichi Varela onde falan colectivos de afectados da Provincia de Pontevedra. O Dr. José Carro Otero, Catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía Galega, demanda evitando a exposición das antenas nos nucleos de poboación, en base ao principio de precaución, ata que non se estude e coñeza con máis certeza. Documento sonoro en MP3 , Enlace alternativo

11.11.08: PETICIÓN DE ENTREVISTA AO MINISTRO DE INDUSTRIA PARA CAMBIAR A “OBSOLETA” NORMATIVA ESTATAL (REGULADORA DS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL) CRITICADA ATA POLO PARLAMENTO EUROPEO
A Coordinadora Provincial contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra forma parte das máis de 50 organizacións de todo o estado (do ámbito veciñal, ecoloxista, colectivos de afectados, ANPAS,…) que acaban de presentar no Ministerio de Industria en Madrid, unha petición de entrevista; denunciando os OBSOLETOS LÍMITES DE EXPOSICIÓN, que según o propio Parlamento Europeo, NON garanten a protección, especialmente da poboación coñecida como sensíbel (Mulleres embarazadas, recentemente nados, nenos e persoas maiores, ademais de enfermos en xeral). Ver: Carta ao ministro, Comunicado de prensa, Resolución do Parlamento Europeo

 

24.10.08. ACTO EN PORTONOVO DOS AFECTADOS POLAS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL DE ARRA E CENTRO DE PORTONOVO
A inquedanza creada pola tramitación dunha nova instalación de antena base de telefonía nun núcleo habitado en Arra, súmase á crecente preocupación no centro de Portonovo ante a acumulación de casos de cancro nun perímetro onde concéntranse numerosas antenas de telefonía móbil; cunha normativa estatal que o propio Parlamento Europeo considera “obsoleta”. O venres 24 ás 20,30 h., trala introdución informativa de Julio Carmona da APDR, falouse sobre como defender a compatibilidade de noso dereito a saúde coas novas tecnoloxías. Ver nota de prensa e Dossier de prensa de Arra.

 

30.09.08. ROLDA DE PRENSA DA COORDINADORA CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA: O VALEDOR DO POBO CONFIRMA A ILEGALIDADE DAS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL DE MORAÑA
A partir da queixa do colectivo de persoas afectadas de Moraña o Valedor do Pobo solicita "Que se inicien os expedientes de reposición de legalidade que se deducen da ausencia de licenza de actividade e funcionamento das antenas de telefonía móbil obxecto da presente queixa, e que os mesmos se resolvan sen que o ente local se considere vinculado pola previa concesión, de licenzas de obra". O Valedor do Pobo lembra a obriga DE TÓDOLOS CONCELLOS a tramitar a Licenza de Actividade Clasificada por ser unha actividade PERIGOSA, aplicando o RAMINP ou, no seu caso, o Decreto autonómico 133/2008, de 12 de xuño, polo que se regula a avaIiación de incidencia ambiental.

Ver: Comunicado lido na rolda de prensa

Ver: Recomendación do Valedor do Pobo (Galego) (Castelán).

Ver: Noticias de prensa do 01.10.08

 

14.07.08: O VALEDOR DO POBO REQUIRE NOVAMENTE AO CONCELLO DE MORAÑA SOBRE A FALTA DE LICENZA DAS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL EN SANTA LUCÍA:
O Valedor do Pobo segue a requerir ao concello de moraña sobre a falta de licenzas das antenas de telefonía móbil de Santa Lucía. O colectivo de afectados pola contaminación electromagnética de Santa Lucía de Moraña tamén constatan que en ningún caso o Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública realizou ningún estudo sobre o cluster (acumulación de casos de enfermidades) de Santa Lucía que segue a requirir dito colectivo, senón que só achegou datos epidemiolóxicos a nivel autonómico, provincial e municipal que (tal e como posteriormente recoñeceron nunha entrevista cos afectados desde o propio Servizo de Epidemioloxía) en ningún caso poden dar constancia da existencia ou non de devandito cluster. Ver Nota de Prensa 14.07.08 . Ver: Prensa de Pontevedra 15.07.08

 

24 DE XUÑO DE 2008: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA: PRESENTACIÓN PÚBLICA E XUNTANZA DE COLECTIVOS SOCIAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA IMPLICADOS.
Con motivo do día internacional da contaminación electromagnética o martes 24 de xuño de 2008 presentouse públicamente en Pontevedra un Manifesto contra a contaminación electromagnética impulsada por 16 asociacións da provincia de Pontevedra (asociacións veciñais, de nais e pais, ecoloxistas e colectivos de afectados); todos eles implicados na defensa do medio contra a contaminación pola exposición a radiacións de hiperfrecuencias (como a exposición ás antenas de telefonía móbil) ou de radiacións de baixas frecuencias (subestacións eléctrica, transformadores). XUNTANZA: tras valorar a situación actual apróbase a formación dunha “Coordinadora Provincial contra a contaminación electromagnética de Pontevedra” cunha permante formada por un coordinador por localidade presente (Cangas -Cholo, de Pedra Choca-, Moaña -Pepe, de Luita Verde-, Moraña -Beatriz Diz, do colectivo de persoas afectadas-, Pontevedra -Xulio Carmona, da APDR-, Redondela - Ángeles Méndez, da A.V. de Chapela- e Vigo - Manuel Piñeiro, do C.V.C. Valadares-) como meta, despois do verán, de organizar unha xornada como xestación dunha Plataforma pontevedresa contra a contaminación electromagnética desde onde afrontar a extensión da coordinación no campo informativo e de acción a outros grupos, dando soporte no ámbito formativo-xurídico creando unha rede de apoio no campo educativo e sanitario.Ver nota de prensa 22.06.08, Ver Manifesto de Pontevedra asinado inicialmente por 16 asociacións, Ver Prensa Pontevedra

 

19.06.08: O COLECTIVO DE PERSOAS AFECTADAS POLA ANTENA DE TELEFONÍA MOBIL DA RÚA JOSÉ CASAL Nº 10 (edicicio de Telefónica) DEMANDAN AO CONCELLO DE PONTEVEDRA: INFORMACIÓN, REGULAMENTO MUNICIPIAL CO CESE CAUTELAR, E UNHA REUNIÓN COS CONCELLEIR@S RESPONSÁBEIS.
O 19 de xuño, Isolina Penas Blanco, en representación de 48 veciñas e veciños, como colectivo de afectados pola antena de telefonía móbil da rúa José Casal, entregou unha solicitude ao Concello de Pontevedra. Ver: Nota de Prensa 19.06.08 Ver: Solicitude ao Concello de Pontevedra Ver Prensa Pontevedra

19.06.08: O COLECTIVO DE PERSOAS AFECTADAS POLA ANTENA DE TELEFONÍA MOBIL DA RÚA JOSÉ CASAL Nº 10 (edicicio de Telefónica) DEMANDAN AO CONCELLO DE PONTEVEDRA: INFORMACIÓN, REGULAMENTO MUNICIPIAL CO CESE CAUTELAR, E UNHA REUNIÓN COS CONCELLEIR@S RESPONSÁBEIS.
O 19 de xuño, Isolina Penas Blanco, en representación de 48 veciñas e veciños, como colectivo de afectados pola antena de telefonía móbil da rúa José Casal, entregou unha solicitude ao Concello de Pontevedra. Ver: Nota de Prensa 19.06.08 Ver: Solicitude ao Concello de Pontevedra. Ver Prensa Pontevedra 25.06.08

 

16.06.08. O COLECTIVO DE AFECTADOS POLAS ANTENAS DE TELEFONÍA MOBIL DA RÚA AS BARXAS EN MOAÑA CHAMA A REUNIRSE COS CONCELLEIROS.
... E lles invitan a apoiar a retirada das antenas de telefonía móbil das zonas residenciais aplicando o principio de precaución. Ver Nota de prensa 16.06.08. Ver Petición entregada no Concello

SÁBADO 31.05.08: CHARLA-COLOQUIO SOBRE TELECOMUNICACIÓNS, CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS E SAÚDE NO CENTRO SOCIAL DE VALADARES (VIGO)
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Valadares na defensa dun proxecto de crear un centro de telecomunicacións en Monte Cepudo (que poda incluir unha antena de telefonía móbil instalada nunha zona residencial), celebroú este Sábado 31 unha charla coloquio con Xulio Fernández Hermida (profesor do Dpto. de Teoría da sinal e comunicacións da E.T.S.E. Telecomunicación de Vigo) e Xulio Carmona da APDR. O primeiro relator introduciu á situación actual creada pola expansión dunha tecnoloxía de microndas pulsadas cos cambios e riscos potenciais que pode conlevar, introducíndonos en como disminuir a exposición a ditas radiacións no uso do teléfono móbil, e preguntándose se social ou individualmente a xente estaria disposta a cambiar os seus hábitos. O segundo enmarcou a situación actual nos medios de comunicación, sanitarios e xurídicos; recollendo as chamadas ao Principio de Precaución que demanda unha regulación a exposición ás antenas base de telefonía móbil por debaixo das accións biolóxicas coñecidas e informando e educando nun uso racional do teléfono móbil.

 

VENRES 30.05.08: O COLECTIVO DE AFECTADOS POLA ELECTROCONTAMINACIÓN DE AS BARXAS EN MOAÑA ENTREGAN UN ESCRITO NO CONCELLO DEIXANDO CONSTANCIA DE QUE AS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL INCUMPREN O REGULAMENTO DE ACTIVIDADES MOLESTAS, INSALUBLES, NOCIVAS E PERIGOSAS.
Trala petición de información ao concello (o 4 de abril de 2008) avalados por máis de oitocentas sinaturas, recibiron abundante información da Concellería de Medio Ambiente de Moaña (o 5 demaio de 2008). Na mesma se manifesta que o edificio de Teléfonica da rúa de As Barxas concentra, a maiores da súas antenas (Movistar), antenas de outras compañías (Vodafone e Yoigo). Tras constrastar dita información cunha asesoría xurídica e coa APDR constátase a non concesión da Licenza de Actividade polo Concello (incumplendo o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas), situación que se fai constar vía rexistro municipal ao tempo que se chama ao conxunto dos grupos municipais para que se aplique o Principio de Precaución non concedendo dita Licenza para proceder a un peche cautelar das antenas e poder negociar unha localización que non afecte ás zonas residenciais. Ver: Nota de prensa de 30-05-08 e Notificación entregada ao concello de Moaña dito día, La Voz de Galicia do 31.05.08

 

06.05.08: COS VECIÑOS AFECTADOS POLA INSTALACIÓN DUNHA ANTENA DE TELEFONÍA MÓBIL NO SEU EDIFICIO NA RÚA ROSALÍA DE CASTRO NA SÚA DEMANDA AO CONCELLO DE PONTEVEDRA: INFORMACIÓN, DESMANTELAMENTO PREVENTIVO, E UNHA REUNIÓN URXENTE COS CONCELLEIR@S RESPONSÁBEIS.
Hoxe, 6 de maio de 2008, Jose Luis Vazquez Iglesias, en representación de 71 veciños e veciñas residentes no Edificio La Graña na rúa Rosalía de Castro 45-47 (fronte ao colexio de Salvador Moreno), presentou no rexistro xeral, como colectivo de afectados pola instalación dunha antena de telefonía móbil no Bloque nº 1 do mencionado Edificio, unha solicitude ao Concello de Pontevedra. Ver: Nota de Prensa 06.05.08 Ver: Solicitude ao Concello de Pontevedra

 

29.04.08: COS AFECTAD@S DE AS BARXAS: REUNÍÓN CO CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE DE MOAÑA
Os vecin@s de As Barxas e a APDR manifestaron a súa inquedanza ao concelleiro pola non demostración da inocuidade das ondas emitidas polas antenas base de telefonía móbil como a da torreta de Telefónica na Rúa Barxas nº 18 onde se da unha concentración importante de antenas (aumentadas con outras novas nos derrardeiros meses na mesma torreta) acrecentando a exposición á contaminación electromagnética nunha zona residencial xa afectada por un transformador (no edificio do Concello) e polas liñas de media tensión que lle subministran enerxía... reclamaron ao concelleiro a aplicación do Principio de Precaución coa retirada destes elementos contaminantes dunha zona residencial. Ver: Nota de Prensa 30.04.08 Ver: Diario de Pontevedra 01.05.08

 

CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN MORAÑA: COS AFECTAD@S DE SANTA LUCÍA, ACTO INFORMATIVO E ASEMBLEA
O sábado 29.03.08 os veciñ@s afectados de Santa Lucía de Moraña organizaron na Casa da Cultura un acto informativo presentado pola súa voceira Beatriz Diz coa participación de membros do movimento veciñal (Fini Manso da Federación de AA.VV. Roi Xordo de Ferrol) e do movimento ecoloxista (Xulio Carmona da APDR) que introduciron á situación actual científico-xurídico-legal e información sobre outros clusters. Beatriz informou sobre: a ilegalidade das 3 antenas base de telefonía móbil e do transformador (ausencia de licenza de actividade), a respota á documentación enviada por Sanidade (que non respondía ás demandas dos veciñ@s de facer un estudo epidemiolóxico: "só enviaron datos a nivel autonómico, provincial e de Moraña non extrapolables á situación de Santa Lucía"), e o coñecemento de novos casos como os 2 de cancro no CPI de Santa Lucía que se suman aos 4 xa detectados en devandito centro de ensino. Se acorda na asemblea: enviar unha nova petición a Sáude Pública -enviada o 04.04.08- (estudio epidemiolóxico e clausura cautelar das antenas e do transformador) e denunciar a situación de ilegalidade ante o concello, o valedor do pobo e o fiscal do medio ambente. No debate se expuxo aos concelleiros presentes a necesidade dun regulamento municipal que defenda o principio de precaución ante a contaminación electromagnética. Ver Notas de prensa: 27.03.08 e 04.04.08 , Ver: Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e Voz de Galicia do 30.03.08. Ver Voz de Galicia 05.04.08. Ver peticións a D.X. Saúde Pública: 1ª Petición do 08.06.07, 2ª Petición do 04.04.08. Ver: Recopilación de noticias de prensa sobre conglomerados de cancro e outras patoxías graves no estado español vinculadas pola poboación a antenas de telefonóa móbil próximas nos anos 2006, 2007 e 2008.

 

CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN MOAÑA: COS AFECTAD@S DE AS BARXAS, ENTREGA DE SINATURAS.
O venres 04.04.08, Xosé Manuel Taboas Couso, en nome d@s veciñ@s afectad@s pola contaminación electromagnética de As Barxas (MOAÑA) entregou 832 sinaturas no rexistro xeral do Concello de Moaña, contra o conglomerado de contaminación electromagnética desta zona residencial en expansión: antenas base de telefonía móbil (recentemente ampliadas) da torreta do edificio de Telefónica e dun transformador ambas as dúas na Rúa Barxas, o que se suma as lindeiras liñas de media tensión. Con esta petición veciñal ademais de solicitar a confirmación da existencia das súas Licenzas Municipais preceptivas (incluída a Licenza de Actividade Clasificada por estar afectada polo “Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas”) e do cumprimento xeral das normas urbanísticas, pídese o traslado das antenas de telefonía base e do transformador a un lugar fóra das zonas residenciais (compatibilizando deste xeito as novas tecnoloxías e a saúde) e un estudo periódico, independente e público sobre a afectación da contaminación electromagnética mentres execútase dito traslado. Ao mesmo tempo solicítase unha reunión co conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Rodas, que xa manifestou ao colectivo de veciños a súa disposición a tratar de inmediato con eles a problemática legal e sanitaria presentada, reunión que por outra banda contará coa presenza do coordinador da “campaña polo uso racional da telefonía móbil” da Asociación Pola Defensa Da Ría (APDR). Ver: Nota de prensa do 04.04.08, Folla de sinaturas dos veciñ@s afectad@s. Ver: Faro de Vigo 13-03-08 e Vieiros 05.04.08. Ver: Petición de información da APDR ao Concello de Moaña 30.01.02

Imaxe reflectida da Torreta de Telefónica e un dos edificios en construción. Ver Faro de Vigo

CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN MOAÑA: A APDR COA PLATAFORMA DE AFECTAD@S POLA SUBESTACIÓN ELÉCTRICA DE FENOSA.
Ante a subestación eléctrica que Unión Fenosa pretende situar nunha zona residencial en Trigás (San Martiño) os veciñ@s e ecoloxistas agrupanse nunha Plataforma como defensa contra esta electrocontaminación. Resumo das súas derradeiras actividades: Charla informativa ante 200 persoas (23-02-08) no colexio público de Abelendo; onde Isabel Oviedo (doutora en dereito nuclear) e Xulio Carmona (campaña polo uso racional da telefonía móbil da APDR) informaron da contaminación electromagnética e as implicacións dunha subestación eléctrica nesta zona residencial cun colexio próximo. Participación no pleno municipal (28.02.08): conseguindo o compromiso de contar coas persoas afectadas nun proceso previo. Participación na asamblea de comuneiros de Moaña (02-03-08): acordan apoio económico nas xestións contra a construción da subestación Participación na 1ª reunión da comisión municipal de seguimento por unha subestación (15-03-08) xunto a representantes municipais e técnicos de Unión Fenosa A Plataforma abandona a comisión e o alcalde se posiciona en contra da instalación da subestación en Trigás. Ver: Folla da Plataforma. Ver prensa: La Voz de Galicia 15.02.08, Diario de Pontevedra 16.02.08, Faro de Vigo 24.02.08 e Diario de Pontevedra 24.02.08, La Voz de Galicia 29.03.08. Ver: Vieiros (alegacións de Luita Verde ao PXOM de Moaña)

Os barrios de Abelendo e San Martiño "empapelados"

CONCENTRACIÓNDE VECIÑ@S a principios de Febreiro

 

CAMPAÑA DE NADAL : POLO USO RACIONAL DA TELEFONÍA MÓBIL NA INFANCIA.
O 14/12/07 a APDR presentou na sala Sargadelos dita campaña denunciando a desprotección legal ante practicas empresariales coma as de Imaginarium, que ofertando as bondades de "seguridade" do seu teléfono móbil comete unha grave irresponsabilidade a nivel sanitario e educativo rebaixando a cota de mercado das multinacionais telefónicas a nen@s cada vez máis pequen@s, obviando o recomendado "principio de precaución" (Ver: Folla informativa, Chamada á Precaución do Ministerio de Saúde francés). Tamén denunciamos a colaboración do Centro infantil de ocio CAMELOT coa publicidade dun teléfono móbil convencional de VODAFONE que oferta o acceso aos debuxos animados de POCOYO feitos para preescolares y de gran éxito no público infantíl. Ver Mercavedra

Rolda de prensa en Faro de Vigo 17/12/07

 

CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA: CO GRUPO DE VECIÑ@S AFECTAD@S EN CELA (BUEU).
Domingo 21.10.07: A Comunidade de Montes Veciñais de Santa María de Cela autoriza a instalación dunha antena base de telefonía móbil da compañía Vodafone, no lugar de Costa Grande (Chans) Luns 22.10.07: nace o grupo de veciñ@s afectadas en Cela pola instalación (anunciada) dunha antena de telefonía móbil en Chans que comeza unha campaña de información, sensibilización e recollida de sinaturas polo principio de precaución ante a imposición dunha antena cerca das súas Domingo 28.10.07 cheo na charla informativa aberta dun membro da xunta directiva da APDR, na Casa da Cultura de Cela, onde informou da actual situación científico-sanitaria-legal, destacando a necesidade de regulamentos baseados no principio de precaución Martes 06.11.08: entrega de 650 sinaturas no rexistro municipal de Bueu Mércores 07.11.08: Presencia de numerosos veciñ@s de Cela no Pleno municipal: compromiso do alcalde Félix Juncal de non dar licenza 20.11.08: Grupo de comuneros de Cela impugnan o acordo de instalación dunha antena de Vodafone Compromiso posterior do goberno municipal: regular específicamente sobre as antenas de telefonía móbil baseándose no principio de precaución. Ver: comunicado, impugnación comuneiros, noticias de prensa.

Veciñ@s de Cela no pleno municipal de Bueu

 

A APDR SOLICITA AO CONCELLO INFORMACIÓN SOBRE A LEGALIDADE DAS ANTENAS BASE DE TELEFONÍA MÓBIL
Continuando o estudo do mapa das 20 antenas base detectadas na cidade así como das zonas sensíbeis afectadas (colexios, lugares de recreo, centros de maiores, centros sanitarios, ...), o sábado 22 de Setembro, se solicitou ao concello de Pontevedra "información detallada sobre as antenas base de telefonía móbil instaladas e en funcionamento na actualidade na nosa cidade que contan coa prescritíbel Licenza Municipal, necesaria para poder realizar a súa actividade". Esta petición . vai paralela á campaña de información que se está desenvolvendo nos centros escolares en colaboración coas ANPAS. Nota de prensa do 21 de Setembro de 2007. Ver solicitude

 

O CONSELLO ESCOLAR DO CEIP FROEBEL SOLICITA LA RETIRADA DA ANTENA DE TELEFONÍA QUE ESTÁ A ESCASOS METROS DO COLEXIO NA RÚA ECHEGARAY. Coincidindo co fin do curso académico 2006-2007 na asemblea do Consello escolar do Centro de Educación Infantil e Primaria de FROEBEL, a proposta da ANPA Pardo Bazan do CEIP de Froebel, solicitou ao Concello de Pontevedra que, de acordo co principio de precaución regulado polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea e recollido en tratados e convencións internacionais subscritos por España: cando subsista incerteza respecto á existencia e á importancia dos riscos para a saúde das persoas, as institucións poden adoptar medidas de protección sen ter que esperar a que a realidade e a gravidade dos riscos estean plenamente demostrados, se retire a antena instalada no edificio nº 24 da rúa Echegarai. debateuse o perigo potencial que supón a proximidade da antena basee dá rúa Echegaray 24, propondo: a súa retirada en base ao Principio de Precaución. Ver: Solicitude ao Concello de Pontevedra

 

PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN SOBRE CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA E A TELEFONÍA MÓBIL A APDR e o Colectivo de persoas de afectadas polas antenas de telefonía de Moraña, súmanse a Chamada do día Internacional contra a CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA, denunciando públicamente a lexislación permisiva cos intereses das operadoras de telefonía móbil que esquecen estudos multicentricos (REFLEX) con datos CONCLUINTES sobre os EFECTOS XENOTÓXICOS da radiación da teléfonía móbil aos niveis autorizados nunha exposición CONTINUADA nos humanos (máis grave na infancia e na vellez). Presentouse o material da campaña: un Tríptico informativo cun mapa de antenas de telefonía de Pontevedra coas ZONAS SENSÍBEIS EXPOSTAS (C. Sanitarios, Educativos, Xeriátricos, ..) e unha Folla por un uso racional da Telefonía Móbil na infancia coa vontade de convocar en setembro as asociacións de nais e pais e de veciñ@s para frear a contaminación electromagnética en Pontevedra en base ao Principio de Precaución. Ver: Noticia de prensa Faro de Vigo do 23/06.07, Manifesto do Día Mundial das Telecomunicacións.

Foto da rolda de prensa no Faro de Vigo 23/06/07

 

SOLIDARIEDADE CON MORAÑA Dous membros dá APDR reunímonos o pasado martes 19 de xuño na zona de Santa Lucía en Moraña co colectivo de persoas afectadas polas antenas de telefonía móbil. Transmítellenos o temor, a incerteza e a soidade na que se atopan ante a concentración de casos de cancro (máis de 50 -dos cales máis do 30% xa faleceron-) en só 5 rúas e 5 lugares durante os derradeiros 10 anos, todos eles nunha contorna no que se sitúan as 3 estacións Basee de Telefonía Móbil e un antigo transformador.
A iso engádese unha serie de síntomas e enfermidades en persoas e animais que a literatura científica tradicionalmente asocia á exposición a microondas pulsátiles.
Neste encontro comprometémonos con devandito colectivo en dar luz e apoio que saque do illamento e a incompresión á súa problemática, así como lles invitamos a participar coa APDR na rolda de prensa que convoca con motivo do Día Internacional contra a Contaminación Electromagnética. Ver recortes de prensa en Moraña. Ver Petición de ESTUDO EPIDEMIOLÓXICO á Consellería de Sanidade.