Mentres miramos como este sistema económico cambaléase pola falta de control e regulación duns intereses económicos curtoprazistas, as  empresas de telefonía e eléctricas apostan pola expansión caótica das comunicacións sen fíos, seguIndo (ao igual que outras empresas contaminantes) a mesma estratexia iniciada no século XX pola industria do tabaco (identificada e denunciada "a posteriori" pola OMS e pola Axencia Europea de Medio Ambiente -AEMA-) que consegueu retrasar as mediadas regulatorias proteccionistas coa introdución nas administracións e na comunidade científica duns criterios científicos de certeza causal que invisibilicen as miles de evidencias e indicios actuais de perigosidade dos seus biofectos. non térmicos. Este discurso "negacionista" é antagonista coas numerosas alertas e chamadas a aplicar xa o Principio de Precaución:

Diferentes institucións europeas fanse eco das alertas precaucionistas dende o eido científico e consideran os limites de exposición ás emisións electromagnéticas (como a que aplica a normativa estatal española) obsoletos para protexer a saúde da poboación (especialmente dos grupos máis vulnerábeis) e recomendan a súa redución (Resolución do Consello de Europa de 2011, Resolucións do Parlamento Europeo de 2008 e 2009, Declaración da Axencia Europea de Medio Ambiente 17.09.07), partindo de que os emisores de Campos Electromagnéticos “poden producir efectos adversos para a saúde humana”, chama directamente a aplicar o principio de precaución.

Esta páxina intenta dar voz aos estudos independentes e aos profesionais que aluden a un uso racional da telefonía móbil baseada no principio de precaución (telefonía móbil regulada en base a criterios de saúde e evitación de riscos).

Declaracións médicas e científicas

 

 

-


- Xullo 2016.   EUROPAEM EMF Guideline 2016 for the prevention, diagnosis and treatment of EMF-related health problems and illnesses (castelán, inglés)

- Maio 2016. DECLARACIÓN DO GRUPO DO TRABALLO BIOINITIATIVE: “NEW STUDIES SHOW HEALTH RISKS FROM WIRELESS TECH” 
... sobre os resultados do estudo animal máis importante sobre radiación do teléfono móbil e o cancro realizado polo National Toxicology Program (NTP) do National Institutes of Health (NHI) [a axencia sanitaria do goberno federal de EE.UU] . Ver Nota de prensa en inglés

- Xaneiro 2015. CHAMAMENTO CIENTÍFICO INTERNACIONAL Á OMS E A ONU DEMANDANDO PROTECCIÓN FRONTE Á EXPOSICIÓN AOS CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS. 
... Maís de 220 científicos de 41 países, implicados no estudio dos efectos biolóxicos e médicos dos campos electromagnéticos non ionizantes, solicitando protexer a humanos e fauna da exposición a ditos campos electromagnéticos e da telefonía sen fíos: (árabe, chinés, persa, finlandés, francés, inglés, alemán, grego, hebreo, italiano, Xaponés, coreano, noruego, polaco, portugués, castelán, sueco, turco)

- Setembro 2014. CHAMAMENTO CIENTÍFICO CANADIENSE POR LA PROTECCIÓN A LA EXPOSICIÓN DE LAS RADIOFRECUENCIAS ... (inglés)

- Xullo 2014. SCIENTIFIC DECLARATION TO HEALTH CANADA (INTERNATIONAL DOCTORS)... (inglés)

- Xuño 2014. BABYSAFE PROJECT: JOINT STATEMENT ON PREGNANCY AND WIRELESS RADIATION (EEUU).
... (inglés)

- Decembro 2015. 10 CONSELLOS SOBRE O USO DO MÓBIL. Actualización do Colexio Médico de Viena (Austria)
... Tendo en conta a evolución tecnolóxica actual, as normas son adaptadas e completadas na súa 6ª edición. "Para evitar a radiación innecesaria, por exemplo, a partir de agora a recomendación de reducir ou deshabilitar aplicacións móbiles". Ver Poster da campaña informativa: (castelá, galego, catalán, inglés, alemán)

- Abril 2014. GRUPO DE TRABALLO BIOINITIATIVE: “NEW STUDIES SHOW HEALTH RISKS FROM WIRELESS TECH”.  
... (inglés)

- Marzo 2014. CARTA ABIERTA DE MÉDICOS BRITÁNICOS SOBRE A SAÚDE E A SEGURIDADE DO WIFI E OS TELÉFONOS MÓBILES. (inglés)

- Xullo 2013. 10 CONSELLOS SOBRE O USO DO MÓBIL DO COLEXIO DAS MÉDICAS E MÉDICOS DE VIENA (AUSTRIA).
Actualización das normas médicas sobre o uso do móbil para minimizar os seus riscos á poboación. Istos consellos foron feitos públicos cara a compensar a campaña das teleoperadoras sobre a inocuidade da tecnoloxia sen fíos. Ver Poster da campaña informativa (alemán, inglés, castelán)

- Xuño 2013. MANIFESTO EUROPEO DE APOIO A UNHA ICE, por unha regulación da exposición aos campos electromagnéticos (CEM) que protexa realmente a saúde pública : (galego, castelán, catalán, portugués, francés, inglés) ... Entre os asinantes deste manifesto europeo hai científicos, investigadores e expertos, así omo colexios e asociacións profesionais, e representantes de organizacións da sociedade civil [defensores da saúde, consumidores, veciños, ambientalistas, ecoloxistas, sindicalistas, nais e pais, persoas afectadas  de  síndromes  de  sensibilización  central (electrohipersensibilidade, sensibilidade química múltiple, fatiga crónica, fibromialxia, etc.) e de tumores cerebrais, persoas comprometidas a loita contra a contaminación electromagnética, ...)  procedentes de 26 países  (Arxentina, Australia,  Austria,  Bélxica,  Brasil, Canadá, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemaña, India, Irlanda, Italia, Macedonia, Países Baixos, Panamá, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Sudáfrica, Eslovaquia, España, Suecia, Suíza e Estados Unidos). Ver a lista de asinantes en Inglés. Ver proceso ICE

- April 2013. RESOLUCIÓN POTENZA PIZENA (ITALIA): (inglés, italiano) 

- Decembro 2012. INFORME BIOINITIATIVE. Actualización do Informe BioInitiative, que fai unha Importante e rigurosa revisión bibliográfica que aportan máis de 900 páxinas referentes a máis de 1.800 novos estudos científicos á edición do Informe Bioinitiative do 2007. Se no 2007 o Informe BioInitiative denunciaba que as normas de seguridade pública eran de 100 a 1.000 veces superiores aos efectos biolóxicos encontrados, en 2012, coas novas evidencias, recoñece que “as normas de seguridade pública son de 1.000 a 10.000 ou máis veces superiores aos niveis actualmente referidos máis frecuentemente ... como causantes de efectos biolóxicos”, recomendando. en consecuencia, reducir os límites de exposición en 3 ordés. Ver documentos do Informe Bionitiative 2007 e da actualización 2012.

- Outubro 2012. DECLARACIÓN MÉDICA INTERNACIONAL NO 10º ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE FRIBURGO  (galego) / (castelán) / (inglés) / (alemán)
"Hoxe, dez anos despois, nós, como médicos e científicos chamamos de novo á comunidade internacional. Estamos profundamente preocupados. A pesar de todas as advertencias cada vez introdúcense na nosa vida diaria novas tecnoloxías sen fíos: Redes de teléfonos móbiles, TETRA, LTE, teléfonos inalámbricos, Wi-Fi, monitores de bebés, contadores inalámbricos, radio dixital e TV, e moitos outros. Todas estas tecnoloxías sen fíos interfiren a organización biofísica vital cun incremento da densidade e diversidade dos campos electromagnéticos..."

- Xaneiro 2012. DECISIÓN SOBRE OS CONTADORES INTELIXENTES DA ACADEMIA AMERICANA DE MEDICINA AMBIENTAL. Ver   (castelán e inglés).
... A Xunta da Academia Americana de Medicina Ambiental opónse á instalación de  "contadores intelixentes" sen fíos nos fogares e as escolas baseándose na avaliación científica da literatura médica actual.

- Xuño 2012. RECOMENDACIÓNS SOBRE O WI-FI NOS CENTROS DE ENSINO DO COMITÉ NACIONAL RUSO PARA A PROTECCIÓN CONTRA AS RADIACIÓNS NON IONIZANTES -RNCNIRP-. Ver (inglés, castelán, galego, ruso). 
... onde solicitan unha regulación estrita do uso do Wi-Fi nas escolas infantís e colexios recomendando o uso das redes de cable na conexión a internet. 

- Xuño 2012. CHAMAMENTO DO COLEXIO DE BIÓLOGOS DE GALICIA CO MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE. Ver (galego)
... preocupado, entre outros, polas radiacións electromagnéticas non ionizantes solicitando a aplicación do principio de precaución " ... xa que aínda que non se coñecen en profundidade os mecanismos mediante os que causan dano nos seres vivos, hai probas inequívocas sobre o seu efecto nocivo. Polo tanto a proximidade a antenas de telefonía móbil ou a exposición a redes inalámbricas (wifi) debe ser obxecto de regulación. Esto é especialmente importante no caso dos nenos, moito máis sensibles a estas exposicións. Sería recomendable que se prohibira o uso do teléfono móbil, dispositivos wifi ou antenas de telefonía móbil nas proximidades dos centros escolares ..."

- Maio 2012. CONSIDERACIÓNS DO COLEXIO DE BIÓLOGOS DE GALICIA EN RELACIÓN COAS RADIACIÓNS ELECTROMAGNÉTICAS NON IONIZANTES. Ver (galegocastelán)
recomendan prohibir " ... nos centros escolares o uso de teléfono móbil, dispositivos wifi ou localización de antenas de telefonía móbil nas proximidades...".

- Marzo 2012. DECLARACIÓN SUÍZA POR LÍMITES MÁIS ESTRITOS NA TELEFONÍA MÓBIL. Ver (galego, castelán francés, alemán)
Carta de "Médicos a favor do Medio Ambiente" (asociación co arredor de 1.500 persoas asociadas) dirixida á Asamblea Federal Suiza na que demandan a aplicación estrita do principio de precaución e - dado o risco de cancro - os límites de exposición CEM máis baixos.

- Xullo 2011. CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS E POSÍBEIS EFECTOS CANCERÍXENOS. Ver (castelán)
Carta aberta ante a nova clasificación da OMS, de María Jesús Azanza e Agustín del Moral (investigadores e catedráticos da Universidade de Zaragoza) na que lembran que á ampla demostración da capacidade de iniciar un proceso canceroso demostrada no coñecido Proxecto REFLEX súmase a “capacidade de potenciar un proceso canceroso xa iniciado …”.

- Outubro 2010. RESOLUCIÓN DE COPENHAGUE . Ver (galego, castelán, inglés, francés, danés, alemán)
Adoptada na Conferencia Internacional sobre "a cara oculta dunha sociedade de servizos inalámbricos" no edificio do Parlamento, de Christiansborg, en Copenhague. Baséase en anteriores chamamentos internacionais, resolucións e o Informe BioInitiative realizados por médicos e científicos que afirman a necesidade de prevención de danos na saúde pública pola exposición á radiación da tecnoloxía inalámbrica.

- Novembro 2009. PANEL CIENTÍFICO DE SELETUN . Ver (galego, castelán, inglés)
Consorcio internacional de científicos reunidos en Seletun (Noruega). As súas recomendacións baseánse no derradeiro conxunto de probas nas ciencias biolóxicas, e as implicacións de saúde pública da exposición global sen precedentes aos CEM.

- Maio 2009. RESOLUCIÓN DE PORTO ALEGRE. Ver (portugués, galego, castelán, inglés)
Declaración que apela ao principio de precaución de expertos dos continentes americano e europeo, asinada no "Seminario Internacional sobre Radiacións Non Ionizantes, Saúde e Medio Ambiente", organizado pola Universidade Federal do Río Grande do Sul e promovido pola Comisión Internacional para a Seguridade Electromagnética (ICEMS), polo Ministério da Saúde do Brasil e outras administracións brasileiras a nivel estatal (Rio Grande do Sul) e municipal (Porto alegre).

- Marzo 2009. DECLARACIÓN DE PARÍS: OS CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS E A SAÚDE. Ver (galego, castelán, francés, inglés)
No coloquio “Tecnoloxía inalámbrica, un novo problema sanitario" organizado o 23.04.09 no Senado do Parlamento francés, 4 doutores europeos de renome na investigación sobre campos electromagnéticos (o coordinador do proxecto de investigación europeo Reflex, o científico alemán Franz Adlkofer; o cancerólogo francés Dominique Belpomme; su colega sueco Lennart Hardell; e o investigador do departamento de neurociencias do Karolinska Institute de Suecia, Olle Johansson), lanzaron un chamamento solemne co fin de advertir aos poderes públicos contra a utilización sen limitación das tecnoloxías sen fío.


Electrosensibilité : Appel des scientifiques du... por papachou95

- Marzo 2009. DECLARACIÓN DO COMITÉ NACIONAL RUSO PARA A PROTECCIÓN CONTRA AS RADIACIÓNS NON IONIZANTES -RNCNIRP- (galego, castelán, inglés)
Declaración da RNCNIRP: novo chamamento á comunidade científica mundial para comezar un verdadeiro estudo sobre os riscos para a infancia como usuaria de teléfonos móbiles, máis unha investigación experimental sobre os efectos da exposición crónica aos CEM de Radiofrecuencias (RF) de baixa intensidade no desenvolvemento cerebral.

- Xuño 2008. CHAMAMENTO INTERNACIONAL SOBRE O USO DOS TELÉFONOS MÓBILES (galego) / (castelán) / (francés)
Appel de 20 experts internationaux concernant l'utilisation des téléphones portables: científicos europeos e norteamericanos en cancro, maioritariamente cancerólogos, costatan os consensos actuais e expoñen os consellos de protección no uso do móbil que deles se desprenden, como: evitar o seu uso en menores de 12 anos, potenciar o uso do dispositivo altofalante, kit mans libres, ou Bluetooth; evitar no posible levar un móbil sobre se mesmo e, se non, manter a parte da antena orientada cara ao exterior; achegar o aparello ao oído só unha vez establecida a comunicación; limitar ao máximo a duración da chamada; privilexiar as mensaxes SMS e evitar as chamadas desde un tren ou o metro ou cando o sinal é débil.

- Abril 2008. DECLARACIÓN DO COMITÉ NACIONAL RUSO PARA A PROTECCIÓN CONTRA AS RADIACIÓNS NON IONIZANTES -RNCNIRP- (galego, castelán, inglés)
Declaración da RNCNIRP nomeada: "nenos e teléfonos móbiles: a saúde das vindeiras xeracións está en perigo", que alerta sobre o elevado risco potencial dos nenos, apelando a gobernos e poboación para tomar as medidas adecuadas. Ver noticia de prensa en AVAATE

- Xuño 2008. DECLARACIÓN DE VENECIA (galego) / (castelán) / (inglés)
The Venice Resolution: Promovida pola Comisión Internacional para a Seguridade Electromagnética, e asinada por 47 ciéntificos estudosos da materia procedentes de 4 continentes (americano, asiático, australiano y europeo), reafirmansen na Declaración de Benevento e constatan que a relación de risco nas investigacións recentes cada vez é máis forte sendo ncesario a aplicación urxente a nivel mundial do principio de precaución.

- Novembro 2007. RESOLUCIÓN DE LONDRES. Ver (galego, castelán, inglés)
The London Resolution: Declaración científica na conferencia do 27 de novembro 2007, denominada: “Son adecuadas, no momento actual, as recomendacións sobre exposición a campos electromagnéticos (CEM), da Internacional Comission on Non-Ionizing Radiation Protection, (ICNIRP)?” patrocinada por Roger Coghill e Robert Verkek da Royal Society (principal organismo científico independente do Reino Unido); apoiando o Informe Bioiniciativa e ampliando a Declaración de Benebento.

- Setembro 2007. INFORME BIOINITIATIVA. Ver Documentos do Informe.
The BioInitiative Report: Importante e rigurosa revisión bibliográfica (máis de 600 páxinas referentes a máis de 2.000 estudos científicos) de expertos de recoñecemento internacional nos campos do cancro, da inmunoloxía, da saúde pública e da política ambiental (incluida a Axencia Europea de Medio Ambiente que tamén se suma as conclusións); que na súa declaración pública conclúen que os límites de protección actuais (establecidos pola O.S.F.C.C. e a I.C.N.I.R.P. -referentes da lexislación española-) NON SON SEGUROS e reclaman as autoridades a imperiosa necesidade de dispor de límites máis estritos ante a exposición a campos electromagnéticos de hiperfrecuencias de microondas pulsadas e aos campos electromagnéticos de baixa frecuencia. Ver declaración de apoio da: Axencia Europeo de Medio Ambiente, Ver Resolucións do PARLAMENTO EUROPEO apoiadas neste informe: 04.09.08 e do 01.04.09:

  • A Resolución do P.E. do 04.09.08, recoñece que os límites actuais de exposición son obsoletos reclamando ao Consello Europeo modificar a Recomendación 1999/519/CE, e ter en conta valores límite de exposición máis esixentes na emisión de ondas electromagnéticas nas frecuencias comprendidas entre 0,1 MHz e 300 GHz.
  • A Resolución do P.E. do 02.04.09, ademáis de requerir diminución e adecuación dos valores de exposición (renovandoos cada ano) fai un pequeno decálogo de medidas a tomar na liña do Principio de Precaución na instalación, investigación, regulamentación, información de riscos e etiquetación, recoñecemento da electrosensibilidade como discapacidade, etc.

- Outubro 2006. DECLARACIÓN BOEDENSEE (alemán)
Mobilfunk Ärzteappell Allgäu-Bodensee-Oberschwaben: Chamamento médico na rexión alemana de Allgäu Bodensee Oberschwaben (lago Constanza e Alta Suabia) demandando cautela sobre as radiacións emitidas pola telefonía móbil. Chamamamento apoiado por máis de 365 médicos e máis de 100 noutras profesións sanitarias.

- Febreiro 2006. DECLARACIÓN DE BENEVENTO (galego) / (castelán) / (portugués) / (inglés)
Benevento Resolution: Importantes investigadores de todo o mundo, asumen e amplian a Declaración de Catania, reclamando unha maior investigación independente sobre campos electromagnéticos e o desenvolvemento de estratexias de protección da saúde pública coa aplicación do Principio de Precaución.

- Novembro 2005. DECLARACIÓN DE COBURG (alemán)
Coburg Mobilfunkappell, chamamento de máis de 90 profesionais da medicina en Coburg, distrito de Baviera (Alemaña).

- Novembro 2005. DECLARACIÓN DE OBERAMMERGAU (alemán)
Oberammergauer Appell, chamamento médico en Oberammergau, cidade de Baviera (Alemaña).

- Novembro 2005. DECLARACIÓN DE HAIBACHER (alemán)
Haibacher Mobilfunk Ärzteappell, chamamento médico en Haibach, cidade de Baviera (Alemaña).

- Novembro 2005. DECLARACIÓN DE PFARRKIRCHNER (alemán)
Pfarrkirchner Ärzte-Appelll, chamamento médico en Pfarrkirchner, cidade de Baviera (Alemaña).

- Setembro 2005. DECLARACIÓN DE FREIENBACH (alemán)
Freienbacher Appell, chamamento de máis de 60 médic@s e outros terapeutas da saúde de Freienbach, cidade e comuna suiza do cantón de Schwyz, demandando limitar a expansión das redes inalámbricas.

- Xullo 2005. DECLARACIÓN DE LICHTENFELS (alemán)
Lichtenfelser Ärzteappell gegen ungezügelten Mobilfunk, chamamento de máis de 30 médic@s de Lichtenfel, cidade de Baviera (Alemaña).

- Maio 2005. DECLARACIÓN DE HOF (alemán)
Hofer Appell, chamamento de máis de 50 médic@s de Hof, cidade independente de Baviera (Alemaña).

- Xaneiro 2005. DECLARACIÓN DE HELSINKI (galego, castelán, inglés)
Helsinki Appeal: Chamamento de médicos e investigadores aos menbros do Parlamento Europeo, promovido pola EMF-team Finland, para retomar o estudo Reflex e o Principio de Cautela.

- 2005. DECLARACIÓN DA ASOCIACIÓN DE MEDICOS POLO MEDIO AMBIENTE DE IRLANDA (IDEA) (inglés)
Irish Doctors' Environmental Association (IDEA) demanda ao Goberno irlandés que revise de forma urxente os efectos térmicos e non térmicos da radiación electromagnética para protexer aos grupos máis vulnerábeis e a poboación xeral.

- Setembro 2004. DECLARACIÓN DE MAINTAL (alemán)
Maintaler Ärzte-Appell, chamamento de médic@s de Maintal en Hess (Alemaña) demandando limitar a expansión das redes inalámbricas.

- Agosto 2004. DECLARACIÓN DE BAMBERG (galego, castelán, alemán)
Bamberg Appell, chamamento de máis de 120 médic@s de Bamberg en Baviera (Alemaña) demandando ás autoridades políticas e sanitarias cautela sobre as radiacións emitidas pola telefonía móbil, especialmente na infancia e mocidade.

- Maio 2002. DECLARACIÓN DE ALCALÁ Resumo (galego) / Completa (castelán)
Declaración sobre "Contaminación electromagnética e saúde pública", de recoñecidos expertos no campo do Bioelectromagnetismo, presentada na Universidade de Alcalá de Henares.

- Setembro 2002. DECLARACIÓN DE CATANIA (galego, castelán, portugués, italiano, inglés)
Risoluzione de Catania / Catania Resolution: Conferencia internacional: Estado da investigación nos campos electromagnéticos, celebrada en Italia, onde científicos vinculados a universidades ou hospitais de numerosos países, afirman que os argumentos que suxiren que os campos electromagnéticos débiles non poden influír nos tecidos son inadmisíbeis, cuestionando que a normativa da UE sobre telefonía móbil garanta a súa seguridade.

- Outubro 2002. DECLARACIÓN DE FRIBURGO (galego) / (castelán) / (portugués) / (alemán)
Freiburger Appell: Declaración de médicos alemáns auspiciada pola Asociación Interdisciplinar para a Medicina Comunitaria (IGUMED) que asocian nos seus pacientes síntomas da enfermidade das radiofrecuencias cunha clara relación temporal e espacial entre a aparición destas enfermidades e o comezo dunha irradiación de microondas nos arredores.Foi asinada por máis de 1-000 médicos e 36.000 persoas de todo o mundo.

- Xuño 2000. RESOLUCIÓN DE ROCCARASO (galego, castelán, inglés)
Resolución do comité científico do Congreso Internacional celebrado en Roccaraso (Italia) sobre Campos Electromagnéticos e Normas de Saúde Pública organizada polo Coordenadora italiana de asociacións para a protección do medio ambiente e os dereitos dos usarios e consumidores (CODACONS) baixo o patrocinio do Istituto Superiore Prevenzione e Sicurezza sul Lavoro (ISPESL) e a Comisión Europea.

- Xuño 2000. DECLARACIÓN DE SALZBURGO (galego) / (castelán) / (inglés)
Salzburg Resolution on Mobile Telecommunication Base Stations: Conferencia Internacional sobre emprazamento de Infraestruturas de Telefonía Móbil, Ciencias Aplicadas e Saúde Pública organizada polo Departamento de Saúde do estado Federal de Salburgo (Austria)

- Outubro 1998. DECLARACIÓN DE VIENA (inglés)
Vienna EMF-Resolution: Simposio sobre Telefonía Móbil e Saúde. Universidade de Viena (Austria)

Chamamentos cidadáns

 


2013. MANIFESTO EUROPEO DE APOIO A UNHA ICE ELECTROSMOG: (galego, castelán, catalán, portugués, francés, inglés)
Dende principios do 2013 grupos e persoas de varios países europeos estamos levando a cabo un proceso de elaboración dunha Iniciativa Cidadá Europea (ICE) na liña de aplicar no marco europeo as recomendacións da Resolución 1815 da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa (mayo do 2011). O 29 de xuño nunha reunión en Madrid organizado pola Plataforma Estatal contra a Contaminación Electromagnética, co apoio dos delegados de organizacións de diversos estados europeos (España, Francia, Bélxica, Italia, Suecia e Portugal), aprobouse o Manifesto
europeo dev apoio á ICE que regule a contaminación electromagnética. Ver proceso ICE

2010. PETICIÓN AO MINISTERIO DE EDUCACIÓN: (castelán)
O 02.09.10 representantes da Plataforma estatal contra a Contaminación Electromagnética (máis de 50 organizacións de todo o estado do ámbito veciñal, ecoloxista, colectivos de afectados, …) reuníronse con representantes do Ministerio de Educación solicitando que os centros de ensino se declaren oficialmente “zonas blancas” libres de contaminación electromagnética: potenciandoo o cableado como unha alternativa saúdabel e segura á conexión a Internet por WIFI nas aulas, prohibindo o uso de móbiles a menores de 14 anos en recintos escolares, ...

2010. PETICIÓN AO MINISTERIO DE SANIDADE: (castelán)
O 07.05.10 representantes da Plataforma estatal contra a Contaminación Electromagnética (máis de 50 organizacións de todo o estado do ámbito veciñal, ecoloxista, colectivos de afectados, …) reuníronse con representantes do Ministerio de Sanidade solicitando a urxente necesidade de reducir os niveis de exposición, potenciar o cableado ante á conexión WIFI nas aulas, recoñecemento da discapacidade na electrohipersensibilidade, así como potenciar a información, prevención e os estudos epidemiolóxicos.

2008. PETICIÓN AO MINISTRO DE INDUSTRIA SEBASTIAN: (castelán)
O 11.11.08 a Plataforma estatal contra a Contaminación electromagnética (máis de 50 organizacións de todo o estado do ámbito veciñal, ecoloxista, colectivos de afectados, …) presentan no Ministerio de Industria en Madrid, unha petición de entrevista; denunciando os OBSOLETOS LÍMITES DE EXPOSICIÓN, que según o propio Parlamento Europeo, NON garanten a protección, especialmente da poboación coñecida como sensíbel (Mulleres embarazadas, recentemente nados, nenos e persoas maiores, ademais de enfermos en xeral); para solicitar que se aplique o PRINCIPIO DE PRECAUCION e que se revise e modifique o RD 1066/2001 rebaixando os límites de potencia ata niveis que protexan a saúde, que en nengún caso se superen os 0,1 microWatios/cm2.

2007. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA -24 de xuño-- (galego) (castelán).
2007. DÍA INTERNACIONAL DAS TELECOMUNICACIÓNS -17 de maio- (galego) (castelán).
Manifestos con motivo destas xornadas internacionais onde un amplo abanico de organizacións veciñais, sociais, de afectados, de nais e pais, de consumidores e usuarios, de sindicatos, de ecoloxistas, ... das distintas cidades e pobos do estado español; denuncia o crecemento insostíbel da contaminación electromagnética nos derradeiros anos (proliferación caótica coa instalación descontrolada de estacións base de telefonía móbil e outras infraestruturas de redes electricas e de telecomunicacións); apelando ao Principio de Precaución como base para reivindicar novas normas estatais e autonómicas e a ponteciación da investigación independente afogada, silenciada e marxinada pola presión das operadoras e o desinterese das administracións.

2007. CHAMAMENTO DE BRUXELAS (castelán) / (francés) / (inglés)
Appell de Bruxelles: Manifesto cidadá belga contra os valores legais da exposición á polución electromagnética "... establecidos sobre bases científicas fragmentarias" e cuestionadas por numerosos científicos, por non ter en conta o carácter permanente da exposición, nin a física cuántica. "Ningún dos ministros asinantes, nin ningún voluntario ousaría propor o someterse a esta intensidade (...) durante un período prolongado e observar os efectos sobre a súa propia saúde". Destacan os estudos aportados nos anexos (páxinas 7-11)

2007. CARTA ABERTA A ÁNGELA MERKRL CONTRA O DESPREGAMENTO DO WIMAX EN ALEMAÑA (inglés)
Carta aberta de varios médicos e expertos alemáns dirixida á presidenta Angela Merkel, contra o despregamento do WiMax en Alemaña.

2003. MANIFESTO DE ZARAGOZA (galego) (castelán)
Declaración de consenso nas Xornadas sobre vivenda e contaminación electromagnética celebradas en Zaragoza (maio/2003), no Paraninfo da Universidade. participaron en elas: delegados de coordinadoras veciñais e asociacións de afectados de 18 cidades españolas, enxeñeiros, sociólogos, arquitectos, avogados e físicos, expertos todos eles en contaminación electromagnética.

2003. MANIFESTO DE LLAGOSTERA (galego) (catalán, castelán, inglés)
Declaración apoiada dende ecoloxistas, formacións políticas e plataformas cidadás conservacionistas ou de persoas afectadas ata asociacións representantes do movimento veciñal, de consumidores ou sindical: " ... ante a problemática que leva o despregamento do actual modelo enerxético e a implantación das novas tecnoloxías da comunicación, e en especial ante aquela que nos é común, como é a afectación á saúde das persoas e o impacto sobre o medio ambiente, é preciso: - Extremar a prevención dos riscos sobre a saúde, aplicando co máximo rigor o principio de precaución; - Promover a participación cidadá na toma de decisións relacionadas con este tipo de instalacións; - Preservar o medio ambiente e a paisaxe; - Potenciar, como obxectivo final, un modelo enerxético sostible, baseado na utilización de enerxías renovables e na produción de enerxía no mesmo lugar de consumo ...".

Concellos e Parlamentos

En Construción


21.06.12. AS XUNTAS XERAIS DE GIPUZKOA ADHERIUSEN Á RESOLUCIÓN 1815 DA ASEMBLEA PARLAMENTARIA DO CONSELLO DE EUROPA:
... e fan un chamamento á Deputación Foral e aos concellos de Gipuzkoa para que mostren a súa adhesión á citada Resolución defendodo as súas recomendacións para aplicar o "principio de cautela" ante os dispositivos que provoquen emisións electromagnéticas. Ver RESOLUCIÓN 72/2012.

01.07.12. O CONCELLO DE VALLADOLID INICIOU O EXPEDIENTE PARA MODIFICAR O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANA (PGOU) CO FIN DE CUMPRIR A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO:
... recoñecendo a obrigatoriedade dunha avaliación de impacto ambiental para regular as infraestruturas de telecomunicacións, polos efectos significativos sobre a saúde humana e o medio ambiente. O fallo do Tribunal Supremo deu a razón á Asociación Valisoletana de Afectados por Antenas de Telecomunicacións (AVAATE). Ver El Diario de Valladolid 01.07.12. Ver rolda de prensa de AVAATE 29.06.12. Ver Sentenza do Tribunal Supremo do 09/06/2012. Ver reseñas de noticias da Federación de Asociacións Veciañais de Valladolid

05.10.11. O PARLAMENTO VASCO ADHERIUSE Á RESOLUCIÓN 1815 DA ASEMBLEA PARLAMENTARIA DO CONSELLO DE EUROPA na que advirte sobre o "risco potencial" dos campos electromagnéticos e os seus efectos no medio ambiente:
Segundo o poñente Daniel maeztu (Aralar) o Parlamento con esta proposición non de Lei aprobada por unanimiadde recoñece "que os valores actuais están obsoletos; recomenda, para protexer a saúde dos nenos e nenas, a realización de campañas de información sobre os aparellos portátiles e os que emiten microondas; e prioriza a utilización das conexións por cable nas escolas". Ver Proposición no de Ley 102/2011 aprobada. Ver Proposta inicial do grupo Aralar. Ver noticiasdeguzcoa.com 06.10.11. Ver Noticias-Aralar.

28.03.11. PROPOSICIÓN NON DE LEI DO GRUPO ER-IU-ICV SOBRE PROTECIÓN Á SAÚDE AOS CEM.
Con esta iniciativa no Congreso dos Deputados preténdese iniciar un proceso de protección da poboación fronte á exposición a campos electromagnéticos de alta e baixa frecuencia. Partindo de que a lexislación estatal é "obsoleta", propón o recoñecemento explícito da existencia dun risco sanitario por electropolución e as medidas a tomar. Ver Proposición non de lei, Ver Redacción Médica 14.04.11. Ver Europapress.es 23.04.11

12.07.10. FRANCIA APROBA A LEI "GRENOBLE 2" SOBRE O COMPROMISO NACIONAL CO MEDIO AMBIENTE, CON MEDIDAS CONTRA O USO DO MÓBIL EN MENORES POR CONSIDERALO UN PROBLEMA DE SAÚDE:
Trala aprobación previa do proxecto Lei no Senado (07.10.2009) e na Asemblea Nacional (11.05.2010), ambas cámaras aprobaron o texto definitivo o 28 e 29.06.10 respectivamente, publícándose o 12.07.10 no Diario Oficial francés a Lei que prohibe o uso dos teléfonos móbiles nas escolas infantís e centros de primaria e secundaria obrigatoria, prohibe toda publicidade que promova o uso dun teléfono móbil por nenos menores de catorce anos, impón a mención ao SAR e das recomendación de uso de kit mans libres, ... Ver Extracto da Lei (galego, castelán, francés). Ver comunicado de prensa do Senado francés do 09.10.09 (galego, castelán, francés). Ver todo o proceso lexislativo (en francés).Ver Le Monde 08.10.09 (galego, castelán, francés)

15.03.2010. EN RESPOSTA AO BNG O GOBERNO REXEITA REBAIXAR OS NIVEIS DE RADIACIÓN DAS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓVIL.
En Galiza están en fase de instalación 861 destas instalacións e 5.285 aínda non foron inspeccionadas. Ver comunicado BNG. Ver El Correo Gallego 16.03.2010

04/02/2010. APROBADA NO PARLAMENTO VASCO A PROPOSTA DE ARALAR: MEDIRANSE OS CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS NOS CENTROS ESCOLARES.
O Parlamento Vasco aprobou por unanimidade unha proposición de Aralar para medir o nivel dos campos electromagnéticos nos colexios. A iniciativa responde á preocupación que algúns colectivos mostraron en torno ao proxecto de Eskola 2.0, máis concretamente á implantación do sistema wi-fi nos colexios. En opinión do parlamentario de Aralar Dani Maeztu a implantación do wi-fi pódese pospor mentres o debate científico e político sobre o seu perigo continúe aberto e está asegurada a conexión por medio do cable". Ver comunicado de Aralar

18.12.09. LEGANÉS APROBA UNHA EXEMPLAR ORDENANZA DE INSTALACIÓN DE ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL:
As Asociacións de Vecinos de Leganés consensuaron co Concello a que podería ser unha ordenanza pioneira a nivel mundial no control das emisións das radiacións emitidas polas antenas de telefonía móbil. Veciñ@s de Leganés, técnic@s municipais, as universidades Politécnica de Madrid e Carlos III, e o Equipo de Goberno. Tod@s eles viñeron traballando no último ano para adecuar novas tecnoloxías e saúde ante o actual coñecemenento científico e a aplicación do principio de cautela. No vídeo móstrase as intervencións de veciñ@s e responsábeis políticos onde se explica en que vai consistir o traballo que a partir de agora, e cunha ordenanza municipal que recolle por primeira vez a medida directa das radiacións, o control que se vai a efectuar por parte de todos para limitar a emisión das antenas de telefonía móbil en Leganés para previr os riscos para a saúde. Normativa semellante á presentada polo colectivos de persoas afectadas e a APDR ao Concello de Vilaboa. Ver prensa e Normativa

.


Pioneira ordenanza de antenas de telefonía móbil en Leganés
Vídeo da presentación íntegra dos responsabéis municipais e veciñais

16 CIDADES SELECCIONADAS EN FRANCIA PARA PROBAR O LÍMITE DE EXPOSICIÓN DE 0,6 V/M (0,1 MICROWATIOS/CM²) DE IRRADIACIÓN:
Ver comunicado oficial e nota da Asociación “Next-Up” (castelán, francés, inglés)

07.10.09. O SENADO FRANCÉS APROBA O PROXECTO DE LEI SOBRE O COMPROMISO NACIONAL CO MEDIO AMBIENTE, CON MEDIDAS CONTRA O USO DO MÓBIL EN MENORES DE 14 ANOS, POR CONSIDERALO UN PROBLEMA DE SAÚDE:
A comisión de Asuntos Económicos do Senado francés, seguindo o consello do grupo de traballo "Grenelle sobre os riscos para a saúde das ondas electromagnéticas", decidiu tras 35 horas de discusión e o exame de 1.089 emendas votar a favor de: prohibir o uso dos teléfonos móbiles en escolas infantís e centros de primaria e secundaria obrigatoria, elevar aos 14 anos en lugar dos 12 actuais a idade mínima por baixo da cal estarán prohibidos os anuncios publicitarios destinados á infancia; asemade prevé un mellor seguimento aos traballadores que están obrigados a usar os móbiles acotío. Ver comunicado de prensa do Senado francés do 09.10.09 (galego, castelán, francés) , Ver o informe integro da sesión do 07.10.09 (orixinal francés). Ver Le Monde 08.10.09 (galego, castelán, francés)

08.07.09. INICIATIVA PARLAMENTARÍA DO BNG NO CONGRESO DOS DEPUTADOS PARA MELLORAR OS NIVEIS DE PROTECCIÓN
Coa esta inicitaiva o BNG reclama ao Goberno estatal unha modificación do decreto de 2001 que establece as condicións do dominio público radioeléctrico e medidas sanitarias fronte ás emisións, co fin de mellorar os niveis de protección fronte a campos electromagnéticos como os das antenas de telefonía móbil. Nesta iniciativa se fai eco das reivindicacións expostas pola "Plataforma Estatal contra a Contaminación Electromagnética", na que participa a APDR a través da Coordinadora Provincial contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra, na petición de entrevista solicitada ao Ministro de Industria. Ver: europa press 12.07.09. Ver iniciativa parlamentaria entregada

04.06.09. SUIZA: INICIATIVA PARLAMENTARÍA PARA REDUCIR O NIVEL DE EXPOSICIÓN ÁS RADIACIÓNS NON IONIZANTES
... partindo dun estudo dos Institutos de Medicina Social e Preventiva das Universidades de Basilea e de Berna, que infórma como a cantidade de radiación á que a poboación está sometida multiplicouse por dez nos últimos vinte anos. Por outra banda, numerosos estudos mostran persoas electrosensíbeis afectadas pola contaminación electromagnética: problemas de soño e de padecer enfermidades. Ver iniciativa entregada (galego, castelán, francés, inglés)

04.06.08. INICIATIVA PARLAMENTARÍA DE IU NO CONGRESO DOS DEPUTADOS PARA MELLORAR OS NIVEIS DE PROTECCIÓN
Coa esta inicitaiva IU pregunta ao Goberno estatal sobre a modificación do decreto de 2001 que establece as condicións do dominio público radioeléctrico e medidas sanitarias fronte ás emisións, co fin de mellorar os niveis de protección fronte a campos electromagnéticos. Ver: iniciativa entregada (castelán)

29.05.08. LIECHTENSTEIN: LEI SOBRE A PROTECCIÓN DEL MEDIO AMBIENTE
Liechtenstein (que aplicaba os mesmos valres límites que no estado español baseados na normativa 1999/519/CE, agora considerada obsoleta polo propio Parlamento Europeo) reduce con esta lei case 10 veces (90%) o límite maximo: 0,6 V/m, de acordo coas recomendacións transitorias do informe do consorcio científico BioInitiative. . Ver Lei sobre a protección del medio ambiente

Artigos de interese

 

 

MOVIMENTOS SOCIAIS E ELECTROCONTAMINACIÓN:

 

Mucho que decir - Contaminación Electromagnética from Ehiztari on Vimeo.

WIFI :

ANTENAS:

  • O IMPACTO SOCIAL E AMBIENTAL DAS REDES DE TELEFONÍA MÓBIL (castelán). Pedro Belmonte Espejo -Ecoloxistas en Acción-. 2005
  • ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL, SAÚDE, VECINOS AFECTADOS E ESTUDOS EPIDEMIOLÓXICOS ( Documento sonoro en MP3) , Enlace alternativo. "Un día por diante", programa de Radio Galega, do 21.11.2008, dirixido por Pichi Varela.
    Reportaxe monográfico coa participación de colectivos de afectados da Provincia de Pontevedra, onde o Dr. José Carro Otero, Catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía Galega, demanda alonxar as antenas dos nucleos de poboación todo o posíbel en base ao principio de precaución ata que non se estude e coñeza máis.
  • MOCIÓN DE JOSEFINA MANSO SOBRE ANTENAS DE TELEFONÍA NO PLENO DO 24.04.08 NO CONCELLO DE FERROL (galego) (castelán)
    "... Os veciños de Ferrol esiximos zonas libre de radiación , denominadas Zonas Brancas, e un sistema de medición de contaminación elecromagnética que indique en cada mometo que as emisións non superan os 0,1 microwatios/cm2. En definitiva facer compatibles o dereito á saúde dos cidadáns, desde o principio de máxima prevención, co dereito de acceso ás novas tecnoloxías da comunicación e o seu desenvolvemento futuro. Existe tecnoloxía para facelo posible
  • DOCUMENTOS TV: CONTRACORRENTE. (castelán)
    O 8 de xaneiro do 2002 o prestixioso espazo Documentos TV que dirixe na 2 de TVE Pedro Erquicia ía emitir unha reportaxe co título "Contracorriente" no que se explicaban os perigos e efectos para a saúde relacionados coas liñas de alta tensión, as subestacións eléctricas e as antenas de telefonía móbil. Nunca chegou a emitirse, foi censurado. Meses logo da gravación da reportaxe unha das nenas do "caso Valladolid" faleceu como consecuencia da leucemia que sufría. O documental, a día de hoxe, segue sen emitirse pese ao cambio de Goberno e do equipo directivo de TVE. Dispoñible en Youtube: 1, 2, 3, 4, 5 e 6
  • PERIGO DA ERA SEN FÍOS. Dr George Carlo. Inglés con subtítulos en castelán.
    O doutor e investigador George Carlo dirixiu o programa Wireless Technology Research (WTR) entre 1993 e 1998 -dotado con 28 millóns de dólares achegados pola industria- para coñecer a realidade dos efectos da telefonía sen fíos: os executivos da industria intentaron ocultar os seus resultados, xa entón alarmantes (relacionaban a radiación da telefonía móbil con serias enfermidades, incuído o cancro incluído). Hoxe leva xa varios anos denunciando en todo o mundo -fai uns meses contouno no propio Parlamento británico- non só os potenciais perigos das radiacións microondas senón tamén que ninguén parece estar disposto a desvelar a vergoñosa manipulación da industria de telefonía móbil. (Fonte do texto: Discovery Saúde)

ALTA TENSIÓN:

  • OS IMPACTOS AMBIENTAIS DAS LIÑAS E INFRAESTRUTURAS ELÉCTRICAS. Pedro Belmonte Espejo -Ecoloxistas en Acción-. 2006 (castelán)
    Artigo básico para entender os impactos das liñas de alta tensión, dende a segmentación e fragmentación do territorio e a electrocución de aves; ata a xeración de ozono troposférico e os seus efectos para a saúde ....
  • SOTERRAR AS LIÑAS DE ALTA TENSIÓN SEN APANTALLALAS NON EVITA OS SEUS CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS. Antonio F. Muro. Discovery Salud nº 112 de xaneiro 2009 (castelán)
    " Unha liña de alta tensión soterrada a medio metro de profundidade ten xusto na vertical un campo moito máis alto que o dunha liña aérea aínda que a dúas ou tres metros a radiación sexa moi pequena. ..."

TELÉFONO MÓBIL:

  • ARGUMENTOS CIENTÍFICOS QUE XUSTIFICAN A APLICACIÓN INMEDIATA DO PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN EN CONTRA DA TELEFONÍA MOBÍL. Roger SANTINI -Doctor en Ciencias, membro emérito da “Bioelectromagnetics Society” dos EUA- Abril 2006. (galego) (castelán)
    Millóns de persoas utilizan un teléfono móbil celular, e moitos miles de antenas repetidoras, que xeran microondas (hiperfrecuencias) pulsadas con frecuencias extremadamente baixas, permiten funcionar a estes teléfonos. Mentres o discurso oficial fala do non perigo desta nova tecnoloxía, o seguinte texto presenta argumentos científicos que subliñan o contrario, a súa comprobada nocividade para a saúde.
  • O TELÉFONO MÓBIL E A SAÚDE. COMO REDUCIR OS RISCOS BIOLÓXICOS. Roger Santini (galego) (portugués)
    "Precisamos tomar medidas eficazes de protección contra os campos eletromagnéticos para: os cativos de tenra idade (parques, escolas ...); xestantes; persoas maiores (centros de maiores, asilos...); doentes imunodeficientes; persoas hipersensíbeis às ondas eletromagnéticas. Convén lembrar que foran detectados graves efectos biolóxicos das hiperfrequencias e das freqüencias extremamente baixas (ELF). Na exposición contínua da poboación ou na utilización repetida dun teléfono móbil, nada escapa do efecto acumulativo desas ondas eletromagnéticas. Ninguén pode prever os efectos biolóxicos que poden resultar ..."

CONTADORES INTELIXENTES (SMART METERS):

  • PETiCIÓN DE MORATORIA NA IMPLANTACIÓN DOS CONTADORES INTELIXENTES. Colexio de medicina de Austria. 2012 (inglés, alemán)
    Petición del Colegio de medicina de Austria al Ministerio Federal de Economía, Familia e Xuventude austriaco advirtindo do perigo do Wi-Fi e do PLC na aplicación dos contadores intelixentes.....
OS IMPACTOS AMBIENTAIS DAS LIÑAS E INFRAESTRUTURAS ELÉCTRICAS. Pedro Belmonte Espejo -Ecoloxistas en Acción-. 2006 (castelán)
Artigo básico para entender os impactos das liñas de alta tensión, dende a segmentación e fragmentación do territorio e a electroc

REVISTA "DISCOVERY SALUD" (REPORTAXES) / (NOTICIAS)
Enlace aos reportaxes sobre RADIACIÓNS ELECTROMAGNÉTICAS, dende 1999 hata 2007 e recopilación de noticias breves en formato pdf.

Institucións Europeas

 

RESOLUCIÓN DA ASEMBLEA PARLAMENTARIA DO CONSELLO DE EUROPA DO 27.05.2011: PERIGOS POTENCIAIS DOS CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS E OS SEU EFECTOS SOBRE O MEDIO AMBIENTE (galego, portugués, castelán, francés, inglés): Resolución 1815 da Asamblea Parlamentaria do Consello de Europa a partir del informe 12608 que considerando a evidencia actual o suficientemente forte, apela aos estados membros a asumir o principio de precaución: diminuindo drásticamente os límites de exposición (ata 0,01 µW/cm² no interior), primando nas aulas o cable sobre o wifi e restrinxindo o teléfono móbil, protexindo as persoas con electrosensibilidade (íncluindo "zonas brancas") ..... Ver: Informe 12608 da Comisión de Medio Ambiente, Agricultura e Asuntos Territoriais da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa (galego, castelán, francés, inglés). Ver nota de prensa (galego, castelán, francés, inglés) Ver: Europa Press 16.05.11.

RELATORIO DA AXENCIA EUROPEA DE MEDIOAMBIENTE 15.09.2009 (galego, castelán, inglés): “Prestacións dos teléfonos móbiles e os perigos potenciais dos CEM”, onde considera a evidencia actual o suficientemente forte, para xustificar o principio de precaución .

RESOLUCIÓN DO PARLAMENTO EUROPEO DO 02.04.09: SOBRE AS CONSIDERACIÓNS SANITARIAS RELACIONADAS COS CAMPOS ELECTRO-MAGNÉTICOS (CEM). Ver informe (galego, castelán, inglés, francés) elaborado pola eurodiputada liberal belga Frédérique Ries, foi aprobado por ampla maioría no Parlamento Europeo (559 a favor, 22 en contra e 8 abstencións). Partindo dos efectos adversos potenciais dos CEM sobre asaúde humana aposta polo Principio de Precaución: diminución e adecuación dos valores de exposición (renovandoos cada ano); o diálogo (entre industria, autoridades públicas e as asociacións de veciños) na implantación de antenas GSM ou de liñas de alta tensión, garantindo polo menos unha distancia mínima de seguridade de escolas, garderías, residencias de anciáns e centros de saúde; potenciar estratexias e tecnoloxías que reduzan a súa exposición; mapas de exposición aos CEM co acceso público en Internet; campaña de sensibilización xeral aos mozos sobre o uso racional do teléfono móbil, denunciando as campañas de comercialización agresivas dirixidas a nenos e mozos (incluido o teléfono móbil infantil e "os minutos gratis"); recoñecemento do caracter invalidante da electrosensibilidade; ... Ver: nota de prensa do P.E. Ver: debate en el P.E. Ver: Resumo da APDR

Ver enlace ao vídeo: entrevista á realizadora do informe (escolle o idioma dos subtítulos)

RESOLUCIÓN DO PARLAMENTO EUROPEO DO 04.09.08 (galego e castelán, inglés e francés), [522 votos a favor, 16 votos en contra e 7 abstencións] que seguindo a recomendación da Axencia Europea de Medio Ambiente e apoiándose no Informe Bio-Iniciativa, considera obsoletos os límites actuais de exposición aos CEM para garantir a saúde (incluida a normativa estatal española) e pide ao Consello Europeo que modifique a súa Recomendación 1999/519/CE, co fin de ter en conta as mellores prácticas nacionais e fixar así valores límite de exposición máis esixentes para todos os equipos emisores de ondas electromagnéticas nas frecuencias comprendidas entre 0,1 MHz e 300 GHz.

DECLARACIÓN DA AXENCIA EUROPEA DE MEDIOAMBIENTE 17.09.2007 (galego, castelán, inglés): Avaliación dos riscos das radiacións dos dispositivos na vida diaria, onde apoia ao Informe Bioinitiative demandando normas de seguridade e exposición máis severas para ós campos electromagnéticos baseadas nos aspectos biolóxicos.

OS EFECTOS FISIOLÓXICOS E MEDIOAMBIENTAIS DA RADIACIÓN ELECTROMAGNÉTICA NON IONIZANTE (castelán)
PARLAMENTO EUROPEO. Dirección Xeral de Investigación-Dirección A, STOA – Avaliación das Opcións Científicas e Tecnolóxicas
Resume de opcións e Síntese. PE nº. 297.574 Marzo 2001. Autor: Universidade de Warwick, Departamento de Física, Coventry, Reino Unido, xunto ó Instituto Internacional de Biofísica, Dr. G. Hyland Neuss-Holzheim, Alemaña

OMS / IARC

 

IARC CLASSIFIES RADIOFREQUENCY ELECTROMAGNETIC FIELDS AS POSSIBLY CARCINOGENIC TO HUMANS 31.05.2011 (galego, castelán, inglés): "A OMS / Axencia Internacional de Investigación sobre o Cancro (IARC) clasificou aos campos electromagnéticos de radiofrecuencia como posiblemente canceríxenos para os humanos (Grupo 2B), baseado nun maior risco de glioma, un tipo maligno de cancro cerebral, asociado co uso de teléfonos móbiles". Ver El Mundo 03.06.11 (castelán) . Ver o artigo "Reaccións á inclusión NO grupo 2B dos CEM pola OMS" (castelán). Ver Carta aberta da Dra. AZanza e o Dr. Del Moral, investigadores docentes da Universidade de Zaragoza (castelán)

IARC CLASSIFIES EXTREMELY LOW-FREQUENCY ELECTROMAGNETIC FIELDS AS POSSIBLY CARCINOGENIC TO HUMANS 19-26 JUNE 2001 (inglés): A OMS / Axencia Internacional de Investigación sobre o Cancro (IARC) clasificou aos campos electromagnéticos de moi baixa frecuencia (ELF) como posiblemente canceríxenos para os humanos (Grupo 2B). Baséase nunha relativamente forte relación reflectida nos estudos estadísticos que subliñan unha duplicación do risco de leucemia en nenos cunha exposición residencial maior a o,3-04 microteslas. Ver Monográfico nº 80 do IARC de 2002 (inglés)

__________________

"A industria fomentou a crenza de que os teléfonos móbiles son seguros, sen ningunha evidencia que a apoie". W. Ross Adey. Neurólogo estadounidense morto en 2004, que presidiu o Consello Nacional Americano de Protección contra as Radiacións e durante moito tempo realizou investigacións para Motorola sobre as ondas electromagnéticas emitidas pola telefonía móbil. "Frústrame ver o poder que ten o diñeiro para manipular as investigacións e aos reguladores do Goberno", advertiu Adey. "A industria está mentindo". www.facua.org/es/informe.php?Id=1&capitulo=103