Wi-Fi nas aulas? Internet só por cable .........


"Escola saúdabel, internet só por cable"
Que é? 

Dossier ESCOLA SEN WIFI 2012

Descarga en pdf: fai clic

A campaña escola saúdabel, Internet só por cable nace da inquedanza e preocupación de nais e pais, profesionais do ensino e a sanidade, persoas e colectivos sociais en xeral, ante esta electrocontaminación crónica e continuada.

Dende escola saúdabel, Internet só por cable avogamos por unha escola libre de contaminación electromagnética para alumnado e profesorado coa retirada do sistema Wi-Fi das escolas e a instalación da rede por cable (non contaminante, máis rápido e seguro)

Nesta páxina podes informarche da campaña, dos consellos de principio de precaución e propostas dende o ámbito científico, institucional e social, e acceder aos medios para actuar na protección do alumnado e profesorado, así como tomar contacto connosco para inserir grupos de acción que xa estean a traballar, conectar cos que xa existan ou crealos.

Sabes que o Consello de Europa… ? ante un maior risco de efectos biolóxicos potencialmente nocivos dos campos electromagnéticos na infancia e mocidade solicitou (25.05.2011) aos estados membros primar nas aulas a conexión a internet por cable [sen WiFi], evitando o uso do móbil no recinto escolar, e fomentar campañas de información e sensibilización sobre os seus efectos potenciais nocivos. Sabes que o Parlamento Vasco ...? xa aprobou (05.10.12) solicitar ao seu Goberno cumprir ditas recomendacións.

Sabes que a OMS (IARC)… ? clasificou (31.08.11) estas radiacións das tecnoloxías sen fíos (móbil, Wi-Fi, Wimax ...) como posíbeis canceríxenos en humanos, solicitando o propio director do IARC "reducir a exposición a estes dispositivos”.

Sabes que o proceso de informatización do Programa Abalar da Xunta de Galicia, adaptación do Programa estatal escola 2.0, … ? impón que a conexión a internet sexa por vía Wi-Fi nas aulas de 5º e 6º de Primaría e 1º e 2º da ESO seleccionadas, incluso en aqueles centros que xa teñen establecida a configuración por cable.

Sabes que o Colexio Oficial de Biológos de Galicia… ? en maio e xuño do 2012 solicita aos conselleiros responsábeis da Xunta " ... que nos centros escolares prohíbase o uso de teléfono móbil, dispositivos wifi ou localización de antenas de telefonía móbil nas proximidades ...".

Sabes que noutros paises da nosa contorna ...? xa hai escolas, universidades, bibliotecas, concellos, etc., que optaron pola conexión por cable aplicando xa o principio de precaución.

VÍDEO (CASTELÁN) RESUMO DE "LA RED NOCIVA"...
... que recolle voces de axentes implicados dende o ámbito sanitario, docente, sindical, pais e nais, electrosensibilidade,...



" ... Xa temos información abondo para saber que un Wi-Fi exposto durante moito tempo en persoas sensíbeis, como son os nenos, moi previsiblemente va a causar problemas, algúns deles quizás sexan banais como pode ser o baixo rendemento escolar ou trastornos do sono , pero algúns destes riscos a longo prazo non son banais e poden incidir en enfermidades coma a dor crónica, fatiga, …. ” .

Dr. Joaquín Ramón Fernández Solà ( 27-10-2010 ), especialista en Enfermidades Emerxentes do Hospital Clinic de Barcelona, onde xa atenderon a un centenar de electrosensíbeis en 3 anos ( 02.02.11 ) considerados como a punta do iceberg.

 

Principio de Precaución: “A existencia de indicios fundados dunha posible afectación grave da saúde da poboación, aínda cando houbese incerteza científica sobre o carácter do risco, determinará a cesación, prohibición ou limitación da actividade sobre a que concorran”. Lei 33/2011, de 4 de outubro, Xeral de Saúde Pública, páx. 104601 do 05 de outubro de 2011.

Sabias que ?... en xaneiro de 2011 a Federación Ecoloxista Galega solicitou unha entrevista á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa proposta de declarar os centros de ensino coma “zonas brancas” libres de contaminación electromagnética nas que prime o cableado no canto de Wi-Fi (xa recomendado en Alemaña pola súa Oficina Federal para a Protección contra as Radiacións e o propio Ministerio de Medio Ambiente), que o recinto escolar estea libre de móbiles en menores de 14 anos (xa aprobado en Francia no 2010) e que a Administración promova campañas de uso razoable deste tipo de teléfonos (na liña marcada pola Resolución do Parlamento Europeo do 2009).

Sabias que ?... en febreiro de 2012 asociacións de pais e nais e grupos ecoloxistas solicitaron ao subdirector xeral de sistemas informáticos da Consellaría de Educación, Carlos Vázquez substituir o acceso a internet vía "wifi" por cabo nas aulas do proxecto Abalar tal e como posteriormente recomendou o propio Consello de Europa en maio de 2011, xunto a outras medidas urxentes para reducir a exposición a este tipo de radiacións.

 

escola sen wifi - escola saúdabel, Internet só por cable -centros de ensino saudábeis = centros libres da electropolución - escola sen wifi - )))) Wi-Fi nas aulas? ... Internet só por cable ---- escola sen wifi - escola saúdabel, Internet só por cable  - centros de ensino saudábeis = centros libres da electropolución - escola sen wifi - )))) Wi-Fi nas aulas? ... Internet só por cable ---- escola sen wifi - escola saúdabel, Internet só por cable - centros de ensino saudábeis = centros libres da electropolución - escola sen wifi - )))) Wi-Fi nas aulas? ... Internet só por cable ---- escola sen wifi - escola saúdabel, Internet só por cable - centros de ensino saudábeis = centros libres da electropolución - )))) Wi-Fi nas aulas? ... Internet só por cable ---- escola sen wifi - escola saúdabel, Internet só por cable - centros de ensino saudábeis = centros libres da electropolución - escola sen wifi - )))) Wi-Fi nas aulas? ... Internet só por cable ---- escola sen wifi - centros de ensino saudábeis = centros libres da electropolución - escola sen wifi - )))) Wi-Fi nas aulas? ... Internet mellor por cable ---- escola sen wifi - escola saúdabel, Internet só por cable - centros de ensino saudábeis = centros libres da electropolución - escola sen wifi - )))) Wi-Fi nas aulas? ... Internet só por cable