CONTAMINACIÓN E SAÚDE. A SITUACIÓN EN PONTEVEDRA


IMG-20170420-WA0003
Resumo do relatorio presentado por Antón Masa na XXXIV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: FILOSOFÍA E SAÚDE

CONTAMINACIÓN E SAÚDE. A SITUACIÓN EN PONTEVEDRA

Unha primeira parte do relatorio adicarase a estabelecer os criterios que nos axuden a delimitar o que entendemos por saúde cando abranguemos o tema dende posicións ecoloxistas. Neste sentido, xunto aos efectos da contaminación sobre a saúde humana -o aspecto no que a meirande parte da poboación pensa cando se fala de saúde- debemos considerar o que poderiamos denominar como saúde ambiental, que recollería os efectos da contaminación sobre o noso planeta ou, no caso que nos ocupa, sobre o noso contorno máis próximo, a ría de Pontevedra. E teremos que caracterizar, por forza, que tipos de contaminación nos ameazan e como afectan os distintos axentes contaminantes á saúde. Afondaremos na nosa exposición sobre aqueles contaminantes que maior incidencia teñen no noso medio e, máis concretamente, naqueles que teñen a súa orixe no principal foco de contaminación na nosa comarca, o complexo industrial de Lourizán.

Faremos, nunha segunda parte, un repaso á situación ambiental do complexo ao longo dos seus máis de 50 anos de presenza en Lourizán, para saber en que medida afectaron ENCE e ELNOSA á nosa saúde e ao medio natural ao longo deste período e cal é hoxe esta situación. Botaremos man, neste sentido, dos informes existentes sobre a contaminación do complexo, a situación da nosa Ría e a calidade de vida da poboación exposta a esta ameaza ambiental, deixando constancia das dificultades existentes para poder estabelecer de forma inequívoca unha relación causa efecto entre a presenza dun foco contaminante e a saúde das persoas, unhas dificultades que, se cabe, son máis elevadas cando se fala da nosa comarca.

Ver  o vídeo do relatorio:

Descarga en pdf a presentación do PowerPoint Contaminación e Saúde. A situación en Pontevedra

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print