9 de febreiro ás 11h na Peregrina: Non ao espolio da nosa Terra


Ven á concentración deste domingo na Praza da Peregrina ás 11.00

Esiximos respecto polas decisións xudiciais e que non se retramiten os proxectos eólicos paralizados.

 


Ver convocatorias de todas as mobilizacións galegas:

A Coordinadora “Eólica Así Non” traslada para este domingo, 9 de febreiro, as mobilizacións polo Día Mundial da Enerxía Limpa, que tivo que suspender o pasado 26 de xaneiro por mor do temporal.

A coordinadora fai un novo chamado á sociedade para denunciar o modelo de espolio enerxético que promove a Xunta de Galiza. Un modelo que non ten en conta os intereses da poboación e ten como principal obxectivo beneficiar o capital, á costa de xerar graves impactos medioambientais e expulsar ás comunidades de afectados/as e a cidadanía en xeral da toma de decisións.

A Coordinadora denuncia, ademais, a falta de respecto polas decisións xudiciais que demostra a Xunta de Galiza coa aprobación das últimas reformas legais, que teñen como obxectivo dificultar que a poboación se poida defender, tanto no eido administrativo como xudicial, diante destes proxectos agresivos e depredadores do territorio, destinando recursos públicos para exercer “violencia institucional” contra as comunidades veciñais afectadas. Comunidades que sofren un continuo acoso administrativo a través da sobresaturación de proxectos, da desregulamentación e da xeración de inseguridade xurídica, difamando e criminalizando a protesta social.

Eólica Así Non! aposta por unha nova planificación eólica real, que ordene a explotación desta enerxía no territorio, con obxectivos sociais e ambientais, que faga partícipe ao pobo galego e non se desenvolva en función dos intereses das grandes multinacionais enerxéticas.

Mobilizacións

  • Cartelle. Concentración na Alameda, ás 12h
  • Val do Dubra. Concentración diante do Concello de Bembibre, ás 12h
  • Mazaricos. Andaina ata o Castelo de Bradufe. Saída do Alto da Ruña ás 12h
  • Ortigueira. Andaina a Pena Ouseira. Saída no Bar A Rodela, ás 11h
  • Morrazo. Concentración diante do Concello de Marín, ás 12:30h
  • Pontevedra. Concentración na Praza da Peregrina, ás 11h
  • Campo Lameiro. Andaina. Saída na Escola de Couso, ás 16h
  • Sarria. Concentración no Cruce de Catro Camiños coa R/ da Liberdade, ás 17h
  • Lugo. Concentración diante do concello de Lugo ás 12h. Saída en manifestación ata o Multiusos da Xunta.
Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print