MAGOSTO en solidaridade con Palestina na Praza da Pedreira o 9 de novembro


Este sábado 9 de novembro agardamos por vós no MAGOSTO en solidaridade con Palestina na Praza da Pedreira, con actuacións e foliada.

No calendario de festas tradicionais galegas, adquire unha particular relevancia a celebración dos magostos, ligada ao tempo da colleita das castañas polo San Martiño. Nunha Galiza onde, pola cobiza duns gobernantes sometidos aos intereses particulares das empresas pasteiras, soutos e carballeiras ceden terreo á presión dos cultivos de eucalipto, os magostos ábrense paso cada mes de novembro nas vilas e cidades coma fachos na defensa do medio natural e dun outro futuro para os nosos montes. Seguindo a longa tradición na nosa vila, os colectivos “A Pedreira”, “Boa Vida”, “Trepia”, “Asociación Pola Defensa da Ría”, “Ateneo de Pontevedra” e “Pontevedra por Palestina”, invitan á cidadanía a participar na festa do magosto que o vindeiro SÁBADO DÍA 9 A PARTIR DAS 18 HORAS, celebraremos na PRAZA DA PEDREIRA, un magosto popular que ano tras ano vénse afianzando e no que os distintos colectivos instalarán mesas con información e diverso material propagandístico.

Como en anos anteriores, máis alá da festa popular (“No San Martiño, castañas, chourizo e viño”), os colectivos convocantes (que contan co apoio do Concello de Pontevedra e a Deputación provincial), queremos darlle a este magosto unha compoñente reivindicativa, que nesta ocasión terá como obxectivo amosar a SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO, causa á que se vai destinar a recadación obtida. Abondando neste obxectivo, xunto aos xogos populares (a partir das 18 horas e a cargo do grupo SORORAS), ás 19 horas haberá un recital poético “por Palestina”. Así mesmo, xunto as castañas (que serán de balde), os chourizos o viño e a cervexa, poderemos degustar “falafel”, e todo elo amenizado, desde as 20 horas coa “música ao vivo” dos grupos SOLIMAN e MORENOS PELUDOS e pola foliada aberta, na que a participación de cantas persoas se acheguen ao magosto será fundamental

 

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print