Solidariedade co Proxecto Ríos
Augas de Galicia vén de retirar o seu apoio económico e institucional a todo o programa de actividades de Proxecto Ríos para o ano 2024. Por este motivo dende a APDR, tamén difundimos a campaña de apoio creada para facer un chamamento ás administracións públicas e a todos aqueles organismos con competencias en educación ambiental, voluntariado e conservación dos ríos e augas, para que invistan no proxecto de educación e voluntariado ambiental con maior traxectoria e implantación en Galiza, garantindo a súa continuidade futura.
Ver páxina web da campaña en https://proxectorios.org/eu-quero-proxecto-rios/