- Esiximos da Xunta a retirada do documento porque vulnera os principios de neutralidade e obxectividade da administración, sendo absolutamente tendencioso
- Denunciamos que a estratexia da Xunta fomenta o ‘lawfare’ contra as organizacións sociais e ampara unha campaña descarada de proselitismo e propaganda en centros educativos
Máis de 100 entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais, agrarios e do mar denunciamos publicamente a “Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia 2030” que lanzou este mes a Xunta de Galicia. Censuramos a visión totalmente tendenciosa do documento que criminaliza os colectivos que veñen sacando á luz as ilegalidades do sector. Para as entidades asinantes, a Axenda evidencia a captura total da Xunta polo lobby mineiro e desacredita a Administración ao vulnerar os principios de neutralidade e obxectividade, polo que esiximos a súa retirada inmediata.
Ao longo do documento, noméase repetidamente o “ecoloxismo radical”, o “forte activismo das asociacións ecoloxistas” ou a “utilización da minaría como arma en Galicia” como “ameaza”, mentres se critica a existencia dunha “mobilización social promovida por grupos con intereses moi distintos aos intereses locais e do entorno”, en alusión aos colectivos sociais opostos a determinados proxectos ambientalmente nocivos. Chama a atención que a Axenda indique que para a súa elaboración se mantiveron reunións e entrevistas con representantes de “asociacións ambientalistas”, cando ningunha das entidades que veñen de censurar o documento participou.
Para os colectivos sociais, a adopción da Axenda Mineira pola Xunta é un ataque frontal ao estado de dereito, pois parte de que a participación social e a cidadanía ambiental activa son unha ameaza para a sociedade. Ao presentar como un problema serio os colectivos ecoloxistas, agrarios e do mar que veñen denunciando as ilegalidades das empresas mineiras e da propia Xunta, preténdese claramente socavar a súa lexitimidade e apoio social.
Pola contra, a Axenda omite o impacto ambiental que causan as mineiras, con ducias de expedientes sancionadores afectando tanto á minaría metálica en casos como os Touro, San Finx, Penouta ou Varilongo como a explotacións de lousa, minerais industriais, caliza ou áridos. Boa parte destas ilegalidades saen á luz e acaban por ser sancionadas precisamente pola denuncia de colectivos veciñais e sociais, ante a pasividade e cumplicidade da Administración galega, que agora califica estes colectivos como unha grande “ameaza”.
O lanzamento da Axenda e esta criminalización da oposición a determinados proxectos mineiros dase precisamente nun contexto no que tanto as empresas mineiras como o propio lobby veñen utilizando cada vez máis o ‘lawfare’ e as accións estratéxicas contra a participación pública (“SLAPP”, nas súas siglas en inglés) para tentar desmobilizar os colectivos sociais mediante o acoso xudicial. As entidades asinantes denuncian este tipo de prácticas utilizadas en casos como os da canteira de Cementos Cosmos en Triacastela, as minas de San Finx e Varilongo ou, recentemente, pola propia Cámara oficial Mineira.
Inxección de fondos públicos e promoción da enxeñaría social
A Axenda desprega un plan meticuloso para influir nas percepcións sociais da minaría, ocultando as súas negatividades e presentando unha imaxe irreal, centrándose sobre todo nas máis cativas. Así, contempla unha “campaña divulgativa nos centros educativos” e a promoción do lavado de cara verde a través do portal de propaganda “Minaría Sostible de Galicia” da Cámara Oficial Mineira. Con estas accións, que tamén inclúen o lanzamento dun distintivo de sustentabilidade, a Xunta pretende precisamente desarticular a oposición social procurando silencio frente as ilegalidades do sector.
A estratexia tamén contempla unha inxección de fondos públicos sen precedentes ao lobby mineiro, encabezado pola Cámara Oficial Mineira, que xa recibiu millóns de euros para accións de lavado de cara verde nos últimos anos. Desde as entidades asinantes, demandamos que, pola contra, estes fondos se dediquen a fortalecer a capacidade e profesionalidade dos distintos servizos de inspección e control do sector mineiro e á restauración das numerosas explotacións abandonadas que supoñen un risco para a saúde das persoas e dos ecosistemas.
Entidades asinantes
- A de Rousmeri
- A Jalleira – Asociación forestal e de educación ambiental
- A Quenlla
- A Rente do Chan-PLADEVER
- A Ría Non se Vende
- Afectad@s pola Mina de San Acisclo en Muras
- Amigas da Terra
- Amigas das Árbores de Ourense
- Arabías Soc. Cooperativa Galega
- Asociación A Lama Vive
- Asociación Alarma na Terra de Montes
- Asociación Ambiental Contramínate
- Asociación Ambiental e Cultural Tralapena
- Asociación Amigas das Cegoñas
- Asociación APEOM
- Asociación Asemblea do Suído
- Asociación Avoar
- Asociación Axóuxere Editora
- Asociación Cívico Cultural Terra de Outes
- Asociación Cultural Canle de Lira
- Asociación Cultural Bubela de Abuín
- Asociación Cultural Charanga Tabernícolas do Leiradal
- Asociación Cultural Fuco Buxán
- Asociación Cultural Liceo Mutante
- Asociación Cultural Lucerna
- Asociación Cultural Vagalumes da Estrada
- Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra
- Asociación de Afectados polas Canteiras de Budiño
- Asociación de Amigos da Dorna Meca
- Asociación de Crianza Respetuosa Xoaniñas
- Asociación de Defensa Medioambiental Salvemos Monteferro
- Asociación de Indignados de Gestoso
- Asociación de Productores de Mexillón da Pobra do Caramiñal
- Asociación de Productores de Mexillón de Vilaxoán
- Asociación de Veciños San Vicente de Niveiro
- Asociación Eco-social, Cultural e Medioambiental Boca de Sapo
- Asociación Ecoloxista Arco Iris
- Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
- Asociación Fixing
- Asociación Galega de Consumidores e Usuarios ACOUGA
- Asociación Medioambiental e Cultural A Pedra que Fala
- Asociación Nove Refachos
- Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
- Asociacion pola defensa da Ría de Pontevedra (APDR)
- Asociación Ridimoas
- Asociación Sachos á Rúa
- Asociación Touda
- Asociación Turístico Comarcal Ría de Muros e Noia
- Asociación Veciñal de Lentille
- Asociación Veciñal Grixoa de Esternande-Minas de Varilongo
- Asociación Verdegaia
- Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo
- Ateneo Libertario Pontevedra
- BerXallas Minaría Destrutiva Non
- Brexa, Asociación de Custodia do Territorio
- Biblioteca Maravilhas
- Central Unitaria de Traballadoras – CUT Galiza
- Centro de Saberes para a Sustentabilidade
- Centro Social A Gentalha do Pichel
- Centro Social A Pedreira
- Centro Social Fuscalho
- Centro Social Mádia Leva
- Colectivo Agrocuir da Ulloa
- Colectivo Arroutada
- Colectivo ArteLixo
- Colectivo Berro Seco na Defensa dos Dereitos e Liberdades
- Colectivo Capitán Gosende
- Colectivo O Suído
- Comisión contra as Minas na Terra Chá
- Confederación Nacional do Traballo – CNT Galiza
- Confraría de Pescadores de Noia
- Confraría de Pescadores de Portosín
- Cornado Mina Non
- Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
- CSA Casa Colorida
- Ecoloxistas en Acción
- Federación Ecoloxista Galega
- Federación Rural Galega (FRUGA)
- Fridays for Future Santiago
- Fundação Montescola
- Greenpeace
- Instituto Resiliencia
- Movemento Galego polo Clima
- Naturgalicia
- Organización Galega de Comunidades de Montes
- Plademar Muros-Noia
- Plataforma anti-minas de Mesía
- Plataforma Casalonga limpa de residuos
- Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Fins
- Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes-Santiago
- Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega
- Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)
- Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza
- Plataforma Oro No
- Plataforma pola Defensa do Monte Neme
- Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre
- Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro
- Plataforma pola Recuperación do Sar
- Plataforma Quixote de Outes
- Plataforma SOS Suído-Seixo / Minas Albertas Non
- Plataforma Turonio pola Defensa do Territorio
- Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino Non
- Plataforma Veciñal Si a un Rural Vivo
- Rompamfilas Coletivo Antimilitarista
- Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
- Salvemos a Comarca de Ordes
- Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas
- Sinha PACA Plataforma de Activistas Culturais e Artistas
- Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)
- Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
- SOS Encrobas
- Tarabelada Asociación Medioambiental e Cultural
- The Foundry
- Zuleiro Grupo de Consumo