Na defensa das montañas: 11 decembro na Peregrina ás 12h.


En Pontevedra, sumámonos ás mobilizacións da Coordinadora Eólica Así Non do 11 de decembro.

Por segundo ano, con motivo do Día mundial das Montañas, o vindeiro domingo, 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización descentralizada fronte a actual invasión eólica. A Coordinadora “Eólica Así Non” escolle esta data polo seu carácter especialmente simbólico na loita social contra a vaga eólica colonial que está a sufrir o país e que descorrerá baixo o lema “Na defensa das montañas. Eólica Así Non. Temos alternativa”.

En Pontevedra, esta mobilización da Coordinadora “Eólica Así Non”, na Praza da Peregrina ás 12h, está convocada pola Plataforma Non ao Parque Eólico do Castrove, a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), Colectivo Ecoloxista Vai polo Río, Adega-Pontevedra, Federación Ecoloxista Galega, Asoción Cultural O Quilombo, Colectivo Capitán Gosende, Ecoloxistas en Acción Rías Baixas.

 

VER MANIFESTO XERAL: TEMOS ALTERNATIVA!, ENERXÍA XUSTA E SUSTENTÁBEL, ENERXÍA POR E PARA O POBO

VER CONVOCATORIAS EN GALIZA:

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print