Presentación da Iniciativa Unitaria contra as esmolas de ENCE


NÓS NON NOS VENDEMOS ENCE FÓRA DE LOURIZÁN !!

O sábado 18 de febreiro xuntámonos ao pé do Pazo de Lourizán para presentar a iniciativa unitaria contra as esmolas de ENCE lindo o seguinte Manifesto (ver abaixo) subscrito por 102 organizaciones sociais e culturais da ría:

IMG-20170218-WA0003

 Foto da APDR. Ver Galería de fotos. Ver Vídeo da APDR do inicio da lectura do Manifesto Unitario

 

MANIFESTO UNITARIO:

Logo da infame prórroga de 60 anos ditada polo goberno en funcións do PP, a empresa e a Xunta anunciaron un mal chamado “pacto ambiental” co que ENCE só pretende seguir comprando vontades e o silencio de estómagos agradecidos a cambio de esmolas aos colectivos sociais. Pero, desta volta, ENCE vai máis alá e, coa axuda cómplice da Xunta de Galicia, pretende facerse co Pazo de Montero Ríos, un edificio público dependente da Deputación de Pontevedra, para instalar alí o seu Centro de I+D forestal, un centro que sería controlado exclusivamente pola empresa pasteira. Non é unha política nova para ENCE, que pensa que pode subornar a todo o mundo, quizá porque as grandes empresas acostuman a actuar deste xeito para conseguir os seus obxectivos; mais non é así!

Nós, os colectivos sociais que promovemos esta iniciativa aberta e unitaria, sabemos que ENCE contamina o noso entorno, destrúe os recursos naturais, e impide a recuperaciónplena da Ría para os usos pesqueiros, marisqueiros e mesmo turísticos; e sabemos tamén que condiciona a nefasta política forestal no noso país e esixe a súa eucaliptización, ben sexa para obter celulosa ou para producir enerxía, condenando o monte ao monocultivo empobrecedor e destrutivo e aos permanentes incendios forestais, e impedindo o desenvolvemento de alternativas nun rural que ENCE axuda a matar.

Non temos os recursos económicos que ENCE emprega para minimizar o grado de oposición á súa permanencia en Lourizán, e somos conscientes das dificultades económicas dos distintos colectivos, porque as padecemos, pero iso non nos pode levar a aceptar a chantaxe de ENCE. Porque sabemos tamén que temos a razón e que representamos a un amplo sector da cidadanía da comarca, maioritariamente contraria á presenza de ENCE na nosa Ría. E non podemos aceptar que unha empresa, que contribúe a crear pobreza na comarca, tente lavar a súa ma conciencia a base de repartir esmolas.

Por estas razóns, por coherencia, queremos deixar claro que non imos solicitar axudas a ENCE e, ao tempo, facemos o seguinte chamamento:

* aos colectivos sociais, a non aceptar subvencións ou patrocinios por parte de ENCE.

* ás institucións públicas, a non colaborar en ningún momento con ENCE, a retirar o seu apoio económico e de calquera tipo a aqueles eventos nos que colabore ENCE, e a que fagan pública esta decisión.

* á Deputación Provincial de Pontevedra, a manter a coherencia e non permitir a cesión do Pazo de Lourizán a ENCE e a esixir da Xunta de Galicia a súa recuperación para uso exclusivamente público.

Pola Ría e polos montes, por un futuro alternativo, ENCE fóra da Ría xa!

NOS.NON.NOS.VENDEMOS

RELACIÓN DE COLECTIVOS QUE PROMOVEN ESTA INICIATIVA UNITARIA a data de 18 de febreiro de 2017:

SOCIEDADE COOPERATIVA MEXILONEIRA DE BUEU “SOCOMEBU”, COLECTIVO DE MARISCADORAS DE ALDÁN, COLECTIVO DE NAVALLEIROS DE ALDÁN, ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA DORNA (PORTONOVO), ASOCIACIÓN AMIGOS DAS GAMELAS “MAR DE PEDRA” (O HÍO), ASOCIACIÓN DE AMIGOS DAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS “OS GALOS” (BUEU), CLUB MARIÑO “A REIBOA” (POIO), COMUNIDADE DE MONTES DE LOURIZÁN (PONTEVEDRA), COMUNIDADE DE MONTES DE SALCEDO (PONTEVEDRA), PLATAFORMA EN DEFENSA DOS MONTES DO MORRAZO, ASOCIACIÓN “DEFENDE O MONTE PITUCO” (MARÍN), SALVEMOS A FRACHA (PONTEVEDRA), ASOCIACIÓN MICOLÓXICA “BRINCABOIS” (PONTEVEDRA), GRUPO MICOGASTRONÓMICO “O’BIOCO” (PONTEVEDRA), ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA (PONTEVEDRA), PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DE ALDÁN, ASOCIACIÓN ECOLOXISTA “ANDUXÍA” (BUEU), COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS (SANXENXO), COLECTIVO ECOLOXISTA “LUITA VERDE” (MORRAZO), SOS PANADEIRA (SANXENXO), VAIPOLORÍO (PONTEVEDRA), ADEGA, AMIGOS DA TERRA, SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL, VERDEGAIA, ASOCIACIÓN CULTURAL E ECOLOXÍSTA “CANÓN DE PAU”, ASOCIACIÓN CULTURAL E ECOLOXISTA “VERBO XIDO”, COLECTIVO DE ESTUDOS DOS MAMÍFEROS MARIÑOS “CEMMA”, COLECTIVO “PEDALADAS” (PONTEVEDRA), MOCIDADE GRANATE (PONTEVEDRA), COLECTIVO “CAPITÁN GOSENDE”, COLECTIVO “FORNEIRIÑA”, COLECTIVO “4PONLAS”, ASOCIACIÓN “A PEDRA FLOJÁM” (LOURIZÁM), ASOCIACIÓN IRIMIA, ASOCIACIÓN IRMANDADE ILLA DE TAMBO, ASOCIACIÓN CULTURAL “MULLERES DO MAR” (POIO), ASOCIACIÓN CULTURAL “ALMUINHA” (MARÍN), ASOCIACIÓN CULTURAL “AMIGOS DE JOHAM CARBALLEIRA” (BUEU), ASOCIACIÓN CULTURAL DE CERAMISTAS DE PONTEVEDRA “ARXILARTE”, ASOCIACIÓN CULTURAL “105 BESOS” (PONTEVEDRA), ASOCIACIÓN CULTURAL “CASA MARÍA” (PONTEVEDRA), ASOCIACIÓN CULTURAL “EN PE” (PONTEVEDRA), ASOCIACIÓN CULTURAL “LICEO MUTANTE” (PONTEVEDRA), ASOCIACIÓN CULTURAL “MAIO LONGO” (PONTEVEDRA), ASOCIACIÓN CULTURAL “MARAVALLADA” (PONTEVEDRA), ASOCIACIÓN CULTURAL OBSERVATORIO DOS MEDIOS GALEGOS, ASOCIACIÓN CULTURAL “OS CHICHISOS” (PONTEVEDRA), ASOCIACIÓN CULTURAL “PASPALLÁS” (PONTEVEDRA), ASOCIACIÓN CULTURAL “SONDEXEVE” (PONTEVEDRA), ASOCIACIÓN CULTURAL “TREPIA” (PONTEVEDRA), GRUPO CULTURAL “RONSEL” (MARÍN), GRUPO DE TRABALLO “ANOVATERRA”, ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA DO PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DE COMBARRO “A SOLAINA” (POIO), AMIGAS E AMIGOS DO MUSEO DE PONTEVEDRA, ATENEO DE PONTEVEDRA, AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA (PONTEVEDRA), CINE CLUBE DE PONTEVEDRA, FUNDACIÓN ALEXANDRE BÓVEDA (PONTEVEDRA), FUNDACIÓN CUÑA-CASASBELLAS (PONTEVEDRA), QUEREMOS GALEGO (MARÍN), MIGALLAS TEATRO (PONTEVEDRA), PAVÍS PAVÓS (PONTEVEDRA), POLO CORREO DO VENTO (PONTEVEDRA), TEATRO AKATRO (PONTEVEDRA), GRUPO MUSICAL “DESCONCERTO” (PONTEVEDRA), GRUPO MUSICAL “ENKI” (PONTEVEDRA), GRUPO MUSICAL “OS GHALOS DO CURRAL” (PONTEVEDRA), GRUPO MUSICAL “PITER, RALPH & TERY” (PONTEVEDRA), FEDERACIÓN DE AA.VV. “CASTELAO” E AS ASOCIACIÓNS QUE A CONFORMAN (PONTEVEDRA), A.VV. “BOUREANTE” (POIO), A.VV. “O MIRADOR” DE MONTEPORREIRO (PONTEVEDRA), A.VV. DE PINTÉNS (O HIO), BOA VIDA INCLUSIÓN ACTIVA (PONTEVEDRA), ASOCIACIÓN GALEGA AMARANTE-SETEM, GRUPO DE CONSUMO “A GRADICELA”, ASOCIACIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DE MARÍN, TOURADAS FÓRA DE PONTEVEDRA, CIRCULO DO SILENCIO (PONTEVEDRA), PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE, COMUNIDADE CRISTIÁ VANGARDA OBREIRA, COMUNIDADE HOME NOVO, COORDINADORA DE CRENTES GALEGOS.

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print