A “APDR” celebra os 20 anos da condena a ENCE por delito ecolóxico


A “Asociación Pola Defensa da Ría”, vai celebrar o 20 aniversario da condena a ENCE e ELNOSA por delito ecolóxico cun DEBATE sobre a importancia daquel fallo xudicial e a repercusión que tivo sobre a actividade posterior da Asociación.

No amentado debate, que vai ter lugar este SÁBADO 12 ÁS 12:00 HORAS no CENTRO SOCIAL GORGULLÓN (Rúa Curtidoira No 1) participará o avogado da asociación, VICENTE LEGÍSIMA,
verdadeiro artífice do que foi a primeira condena por delito ecolóxico a unha fábrica de pasta de papel no Estado español.

Desde a APDR facemos un chamamento ás persoas que, asociadas ou non, estean interesadas en participar no debate e coñecer de primeira man os pormenores da amentada condena, unha condena que supuxo non só a confirmación da existencia dun delito ecolóxico, senón tamén a de 2 delitos continuados de danos e 4 faltas contra as persoas.
Ao remate do debate, haberá uns petiscos.

Ver Galería de fotos:

 

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print