VER MANIFESTO “POLO CUMPRIMENTO DA LEI E NA DEFENSA DOS SECTORES PRODUTIVOS” E DE APOIO A MARCHA CONTRA CELULOSAS DO VINDEIRO DOMINGO 16 DE XUÑO de 2019 (ás 12 horas das Alamedas de Marín e Pontevedra):
Cando na “Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar” do “Ministerio de Transición Ecológica”, toman a decisión de non defenderse fronte aos recursos contrarios á prórroga de 60 anos a ENCE, fano porque entenden que a concesión da amentada prórroga foi contraria á Lei. E basean a súa decisión nun informe da avogacía do Estado que, logo dunha análise amplamente documentada da Lei de Costas do 2013 e da xurisprudencia existente ao respecto das prórrogas en dominio público marítimo-terrestre, conclúe:
1º.- Que, de dispoñer desa prórroga, ENCE superaría o prazo de 75 anos que a Lei establece como máximo para a permanencia de calquera instalación en dominio público, un prazo que no caso de ENCE remataría no ano 2033.
2º.- Que, no caso concreto de ENCE, non se xustifica a concesión de ningunha prórroga, xa que a Lei limítaas a aquelas instalacións que “pola súa natureza” teñan que estar en terreos de dominio público, circunstancia que non se da neste caso.
Así pois, por Lei, ENCE non podería continuar na Ría máis alá do 28 de xullo do 2018, data na que caducou a concesión obtida no ano 1958.
E desde a empresa e os sectores que apoian a súa permanencia en Lourizán en contra da Lei e o interese xeral, trátase de confundir á cidadanía con mentiras e chantaxes. Entre outras cousas, din que esta decisión pon en grave risco o futuro da comarca e vai supor a catástrofe para Galiza, que vai ver o seu monte abandonado pola imposibilidade de vender o eucalipto.
Nada máis lonxe da realidade! Tal como recoñece Enrique Valero, profesor da Facultade de Enxeñería de Montes da UVigo, e un dos impulsores da chamada “Cátedra ENCE”, só un 50% do eucalipto que se corta na Galiza véndeselle a ENCE, e as familias que venden agora en ENCE-Pontevedra, seguirían a vender nas fábricas de ENCE-Navia e Navigator-Aveiro. E, como afirman as comunidades de montes en man común, ENCE é o peor comprador de eucalipto, e paga moito menos que outros tratantes, polo que a súa desaparición non suporía un problema de gravidade para o sector.
Resulta evidente que a comarca de Pontevedra non vive de ENCE; que lonxe de ser o motor da nosa economía, ENCE é o seu freo, xa que impide a explotación racional dos sectores produtivos da Ría, do turismo e do monte, un monte hoxe inzado de eucaliptos, exposto ao risco permanente dos lumes, e que debera ter na diversificación de usos o seu futuro.
E están a intoxicar cando din que as bateas e as explotacións de acuicultura que están en dominio público van ter que pechar por culpa da decisión de Costas. É unha absoluta falsidade, porque esta decisión non afecta a esas instalacións! As concesións ás bateas están reguladas pola Lei de Pesca de Galicia, o mesmo que as instalacións do sector da acuicultura en terreos de dominio público, que, ademais, poden acollerse ás prórrogas establecidas na Lei, xa que, pola súa natureza, poden estar en dominio público marítimo-terrestre.
E preténdese confundir tamén á xente cando se fala de “inseguridade xurídica”. Os actuais donos de ENCE sabían que no 2018 tiñan que abandonar Lourizán e, por esta razón, mercaron a fábrica a prezo de saldo; e non se pode esquecer a diferenza entre unha concesión (que ten un horizonte temporal limitado) e unha propiedade privada. Ou cando se di que non é posíbel trasladar ENCE a outro emprazamento na Galiza, chantaxeando á poboación coa ameaza de irse fóra do Estado español; se é posíbel trasladala fóra, tamén se pode trasladar dentro de Galiza, e máis se temos en conta que -de acordo co compromiso adquirido por ENCE trala concesión da prórroga- a hipotética nova fábrica tería unhas necesidades de captación de auga e enerxéticas, e un volume de vertido, moito menores que a actual fábrica. O problema é outro e o deixaron ben claro os seus responsábeis; trátase, máis unha vez, dun problema económico! ENCE pretende marchar a outro país onde o prezo da madeira e a man de obra sexan máis baratos, e demostra así o interese que ten a empresa na defensa dos seus traballadores!
Xa por último, dicir que -contrariamente ao que afirma a Xunta- ENCE incumpre a lexislación en materia de vertidos e segue a contaminar a Ría de Pontevedra co vertido de elevadas cargas de materia orgánica e coliformes, que teñen importantes efectos sobre a calidade das augas de baño e cultivos mariños. Con todo, o que hoxe está en cuestión é a legalidade da súa permanencia en Lourizán, unha permanencia contraria á Lei de Costas do 2013, o que lle obriga a abandonar este emprazamento con independencia de que estea a cumprir ou non a normativa ambiental.
Neste sentido, os colectivos sociais abaixo asinantes esiximos:
1º.- Que se anule definitivamente a prórroga de 60 anos concedida ilegalmente a ENCE no 2016.
2º.- Que se cumpra a Lei e se obrigue á empresa a devolver a zona ocupada á situación que tiña á chegada de ENCE a Lourizán.
3º.- Que, en todo caso, se ENCE quere montar outra fábrica na Galiza, que sexa onde non entre en contradición coa explotación dos recursos naturais nin coa economía da zona, cunha tecnoloxía respectuosa co medio e cunhas esixencias de vertido e emisión á atmosfera máis estritas que garantan a calidade de vida e a saúde das persoas.
E, ao tempo, damos o noso apoio á MARCHA CONTRA CELULOSAS que terá lugar o DOMINGO 16 de XUÑO ÁS 12 HORAS con saída das alamedas de Marín e Pontevedra.
Primeiros asinantes:
ORGANIZACIÓNS ECOLOXISTAS, AMBIENTALISTAS, DE DEFENSA DOS ANIMAIS, DE DEFENSA DO TERRITORIO; COOPERATIVAS/PROXECTOS DE EDUCACIÓN/XESTIÓN AMBIENTAL:
ADEGA; AGRUPACIÓN MICOLÓXICA NATURALISTA LIBOREIRO; AMIGOS DA TERRA; ASOCIACIÓN AMBIENTAL E CULTURAL PETÓN DO LOBO; ASOCIACIÓN AMBIENTAL E CULTURAL TRALAPENA; ASOCIACIÓN CULTURAL E MEDIOAMBIENTAL CANÓN DE PAU; ASOCIACIÓN ECOLOXISTA “ERVA”; ASOCIACIÓN DE DEFENSA MEDIOAMBIENTAL MONTEFERRO; ASOCIACIÓN MONTE PITUCO; ASOCIACIÓN CULTURAL E ECOLÓXICA RIDIMOAS; ASOCIACIÓN ECOLOXISTA DE BUEU ANDUXÍA; ASOCIACIÓN NATURALISTA “BAIXO MIÑO” (ANABAM); ASOCIACIÓN GALEGA COVA CREA; ASOCIACIÓN LOBO; ASOCIACIÓN PARA A CUSTODIA DO BOSQUE ATLÁNTICO “BÉTULA”; ASOCIACIÓN PARA O FOMENTO DO DESEÑO SOSTIBLE KUNTERBUNT; ASOCIACIÓN SALVEMOS CABANA; ASOCIACIÓN VACALOURA SANTUARIO ANIMAL; ASOCIACIÓN UMIA VIVO; COLECTIVO ARLEQUÍN-MONTEIS; COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS (CES); COLECTIVO ECOLOXISTA DO MORRAZO “LUITA VERDE”; COLECTIVO A RENTE DO CHAN; COLECTIVO POLA DEFENSA DO PATRIMONIO “A FORNEIRIÑA”; COLECTIVO POLA DEFENSA DO TERRITORIO “ANOVA TERRA”; COLECTIVO PORTALÉN; COLECTIVO TERRA; COORDINADORA ANTIENCORO DE CALDAS DE REIS, CUNTIS E MORAÑA; COORDINADORA PARA O ESTUDO DOS MAMÍFEROS MARIÑOS (CEMMA); CO-MANDO GHICHAS, COMITÉ. CIDADÁN DE EMERXENCIA DE FERROL, COUSA DE RAÍCES, ECOLOXISTAS EN ACCIÓN, FEITORÍA VERDE, FUNDACIÓN GALICIA VERDE; GALICIA SEN CARBÓN; GREENPEACE; HORTAS NA CIDADE; GRUPO NATURALISTA HABITAT; IRMANDADE ILLA DE TAMBO; PLATAFORMA EN DEFENSA DOS MONTES DO MORRAZO; PLATAFORMA VECIÑAL DO VAL DO LIMIA “AUGA LIMPA XA!”; PLATAFORMA POLA DEFENSA DO MONTE NEME; PLATAFORMA POLA DEFENSA DE CORCOESTO E BERGANTIÑOS; PLATAFORMA VECIÑAL DE LOURIZÁN “NON Á AMPLIACIÓN”; PLATAFORMA VECIÑAL MINA TOURO-O PINO NON; SEGREDOS DE PANTÓN; REXENERACIÓN FORESTAL AUTÓCTONA; SALVEMOS AS FRAGAS DE CATASÓS; SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL-PONTEVEDRA; TESOUROS DE GALICIA; TOURADAS FÓRA DE PONTEVEDRA; UNHA GRAN BURLA NEGRA; VAIPOLORÍO; VERDEGAIA;
ORGANIZACIÓNS CULTURAIS, DE ANIMACIÓN E CREACIÓN, PROXECTOS EDUCATIVOS,…:
ASOCIACIÓN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL “ILLA DOS RATOS”, ASOCIACIÓN E ESCOLA DE TEMPO LIBRE “PASPALLAS”, ASOCIACIÓN CULTURAL “ALEXANDRE BÓVEDA”, ASOCIACIÓN CULTURAL “ALMUINHA”, ASOCIACIÓN CULTURAL “CASA MARÍA”, ASOCIACIÓN CULTURAL 105 BESOS, ASOCIACIÓN CULTURAL DE CERAMISTAS ARXILARTE, ASOCIACIÓN CULTURAL E ARQUEOLÓXICA NAMORARTE, ASOCIACIÓN CULTURAL “VAGALUMES”, ASOCIACIÓN CULTURAL TRÉPIA, ASOCIACIÓN DE AMIG@S DAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS “OS GALOS” DE BUEU, ASOCIACIÓN CULTURAL LICEO MUTANTE, ASOCIACIÓN CULTURAL OS CHICHISOS, ASOCIACIÓN CULTURAL MAIO LONGO, ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA DORNA DE PORTONOVO, ASSOCIAÇOM CULTURAL O QUILOMBO, ASOCIACIÓN AMIGOS DAS GAMELAS “MAR DE PEDRA”, ATENEO DE MOAÑA, ATENEO DE PONTEVEDRA, AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA, COLECTIVO AGROCUIR DA ULLOA, CINECLUBE PONTEVEDRA, GRUPO CULTURAL “RONSEL”, DESCONCERTO, CLUBE MICOGASTRONÓMICO “O’BIOCO”, IRMANDADE DRUÍDICA GALAICA (IDG), POLO CORREO DO VENTO, PAVÍS PAVÓS, SEMENTE PONTE VEDRA, TEATRO AKATRO,
ASOCIACIÓNS VECIÑAIS:
ASOCIACIÓN DE VECINOS ESTRICERES DE LOURIZÁN, ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE MOAÑA; ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE VIGO, ASOCIACIÓN VECIÑAL BOUREANTE DE POIO, CONFEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS “ROSALÍA DE CASTRO” (COGAVE), FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS “CASTELAO” DE PONTEVEDRA.
SECTORES PRODUCTIVOS DO MAR E DA TERRA, TURISMO MEDIO-AMBIENTAL E SUSTENTÁBEL, ORGANIZACIÓNS FORESTAIS E DE MONTES VECIÑAIS, …:
AMARELANTE SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA; ASOCIACIÓN FORESTAL “FROUMA”; COMITÉ DE DEFENSA DAS RÍAS ALTAS (CDRA); CíES.GAL (PORTAL SOCIAL E PARTICIPATIVO DE DIVULGACIÓN PARA A CONSERVACIÓN E A DIMAMIZACIÓN ECONÓMICA DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS E A SÚA CONTORNA); MANCOMUNIDADE DE MONTES DE PONTEVEDRA; ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES VECIÑÁIS EN MAN COMÚN (ORGACCMM); PLATAFORMA EN DEFENSA DA RÍA DE AROUSA -PDRA- (CONFRARÍAS, BATEEIROS, PARQUISTAS E DEPURADORES DA RÍA DE AROUSA); PLATAFORMA A RÍA NON SE VENDE; PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DE ALDÁN-HÍO; PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DE VIGO “CÍES” (CONFRARÍAS DA RÍA DE VIGO, COOPERATIVAS DE PESCA DE BAIXURA, ASOCIACIÓNS DE MEXILLOEIROS); PRODUCTORES ECOLÓXICOS E ARTESÁNS “4PONLAS”; SOCIEDADE COOPERATIVA MEXILONEIRA DE BUEU “SOCOMEBU
ORGANIZACIÓNS DEPORTIVAS:
SURFGZ, TRIPULACIÓN DA EMBARCACIÓN JUANCAMAR,
ORGANIZACIÓNS POLÍTICAS:
AGRUPACIÓN DE MARÍN DO PSdG-PSOE, ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS (ACE), ANOVA-IRMANDADE NACIONALISTA, ANTICAPITALISTAS GALIZA, ASEMBLE CIDADÁ DE BUEU, AVANTE POIO, BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG), CAUSA GALIZA, ISCA!, EN MAREA, EQUO GALICIA, FRENTE POPULAR GALEGA (FPG), GALIZA NOVA, MAREA ATLÁNTICA, MAREA MARÍN, MAREA PONTEVEDRA, MOVEMENTO GALEGO POLO SOCIALISMO, PARTIDO COMUNISTA DO POVO GALEGO (PCPG), PODEMOS GALICIA, UNIÓN DA MOCIDADE GALEGA,
ORGANIZACIÓNS/PLATAFORMAS PRO-XUSTIZA SOCIAL, MEMORIA HISTÓRICA, INCLUSIÓN ACTIVA, DEFENSA DA LÍNGUA, DEFENSA DO FERROCARIL …:
ASOCIACIÓN BOA VIDA INCLUSIÓN ACTIVA; ASOCIACIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DE MARÍN; AMIGOS DE JOHAN CARBALLEIRA; ASOCIACIÓN QUEREMOS GALEGO MARÍN; ATTAC GALICIA; ESPAZO DE CONTRADISCURSO, CENTRO SOCIAL A GENTALHA DO PICHEL, CENTRO SOCIAL “TREVOADA”; COORDINACIÓN E CONSTRUCIÓN DE ALTERNATIVAS E RESPOSTA SOCIAL (ECOAL); FORO SOCIAL DE CANGAS; FRONTE CÍVICO SOMOS MAIORIA A CORUÑA, FUNDAÇOM ARTÁBRIA; PLATAFORMA POLA DEFENSA DO FERROCARIL A CORUÑA – AS MARIÑAS; MARCHAS DA DIGNIDADE DE GALICIA; MUNDO SEN GUERRAS E SEN VIOLENCIA;
ORGANIZACIÓNS ESTUDIANTÍS:
ERGUER. ESTUDANTES DA GALIZA,
ORGANIZACIÓNS FEMINISTAS:
AVANTE LGBT, COLECTIVO FEMINISTA ZEIVAS, MULHERES NACIONALISTAS GALEGAS (MNG), PLATAFORMA FEMINISTA GALEGA,
ORGANIZACIÓNS SINDICAIS:
CGT PONTEVEDRA, CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORAS (CUT), CIG-ENSINO, CIG-ADMINISTRACIÓN COMARCA DE PONTEVEDRA, FEDERACIÓN RURAL GALEGA (FRUGA), SINDICATO LABREGO GALEGO, SINDICATO PONTEVEDRA LIBERTARIA,
OUTRAS:
AMOS (ASOCIACIÓN MEDICA OZONOTERAPIA SOLIDARIA), CONPAS.NET
Este listado se actualizará periódicamente ata o día da Marcha.
♦ Ver material e información sobre a campaña da MARCHA CONTRA CELULOSAS do 16 de xuño en https://www.apdr.info/wp/2019/06/08/domingo-16-de-xuno-as-12h-marcha-contra-celulosas/