A APDR deu de novo a voz ás estatuas de Pontevedra como rebelión da cidadanía contra á chantaxe de manter máis aló do 29 de xullo de 2018 ao complexo ENCE/ELNOSA. A data do 29 de xullo é a data marcada para o fin da prórroga a ELNOSA, a mesma data que a marcada inicialmente para ENCE, posteriormente ampliada por 60 anos cunha moratoria irregular, ilegal e vergoñenta en xaneiro de 2016 polo goberno en funcións do PP presidido por Mariano Rajoy, por 60 anos.
As estatuas de Castelao, Bóveda, Carlos Casares, Valentín Paz Andrade, Ramón Cabanillas, Manuel Quiroga, Valle Inclán, el Loro Ravachol, campesiñas, nenas e nenos, ….. actuan como avatares da memoria de Pontevedra e das súas praias, así como da vontade dos miles de asistentes que acudiron masivamente á manifestación do 29 de xaneiro de 2016 en Pontevedra trala concesión do goberno en funcións de Mariano Rajoy dunha moratoria de 60 anos máis a ENCE. Estos avatares da rebelión cidadá, solicitan a anulación das prórrogas a ENCE/ELNOSA, principal foco de contaminación da Ría e un freo para o desenvolvemento económico da nosa comarca, que impide a recuperación da Ría de Pontevedra, das nosas praias, da calidade de vida e da economía da comarca baseada nunha explotación racional dos recursos naturais e do turismo, unha economía sustentábel no tempo e incompatible coa presenza deste complexo na Ría. A única de forma de progresar no eido ambiental, social e económico e sen o complexo ENCE/ELNOSA.
Ver Galería de fotos no noso facebook