Domingo 22 de abril. Manifestación en Compostela na defensa do Monte Veciñal


NA-DEFENSA-DO-MONTE-VECIÑAL-1-FOLIO-DINA4

MANIFESTACIÓN. Domingo 22 de abril ás 12,00 h en Compostela

Coas últimas modificacións da Lei de Montes Veciñáis en Man Común xunto a revisión do Plano Forestal de Galiza, o Partido Popular quere ROUBAR o monte veciñal as Comunidades de Montes. A Consellería de Medio Rural convertese en xuiz e parte para declarar un monte veciñal en estado de abandono, e intervilo por causas burocráticas  e administrativas  como non elexir a xunta rectora a tempo, incumplir algún artigo da Lei de Montes de Galiza ou da de Prevención e Defensa contra os Lumes Forestáis. Con elo xustifica a entrega do monte a unha empresa privada por 50 anos sen posibilidade de recuperación nese período. Ademáis pretende DESCLASIFICAR  montes veciñais que teñan entre os seus usos o social.

O Partido Popular, quere PRIVATIZAR e DESCLASIFICAR os montes veciñáis en man común para que desapareza do Noso País ésta forma de posuir que temos os galegos e galegas. Fica claro que para éste grupo o Medio Rural non ten futuro. Polo tanto, só interesa para a implantación de aproveitamentos agresivos, que non xeran valor engadido, ou equipamentos e instalacións para as elítes (campos de golf, centros comerciáis, urbanizacións de luxo,…).

Na revisión do Plano Forestal de Galiza fica clara esa idéa cando apostan por incrementar a superficie de eucalipto, potenciar os cultivos enerxéticos, e non polas madeiras de calidade das frondosas, ou pola multifuncionalidade.

                NOS, a veciñanza comuneira, e o pobo galego en xeral, temos que parar éste ROUBO do monte veciñal e con elo a destrucción do Medio Rural. Temos a obriga de movilizarnos e acodir a MANIFESTACIÓN organizada pola ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES, apoiada por FRUGA, CIG, SLG, ADEGA, ATRIFOGA, a APDR e a rede Cousa de Raices (que inclúe a Federación Ecoloxista Galega). Terá lugar o vindeiro Domingo 22 de Abril de 2018, as 12,00 horas en Santiago de Compostela, con saída dende a Estación de Renfe.

Mani22.04.18-00

Ver díptico

Presntacion.mani.domingo22.04.18

Foto da presentación da convocatoria na sede da APDR en Pontevedra

Ver fotos da Manifestación en Compostela no noso facebook

 

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print