Consellos da APDR para aforrar auga: Pechar ENCE e ELNOSA


AFORRAR AUGA.ENCE.6-b2

Os “consellos para aforrar auga” da recente campaña institucional da Xunta de Galicia esquecen o problema principal na nosa ría: o consumo de auga do rio Lérez de ENCE e ELNOSA:

ence.AUGA.1 Canta auga consume Ence?

Ence ten unha captación exclusiva no río Lérez para o seu abastecemento construída con fondos públicos. Esta captación déuselle polo Ministerio de Obras públicas de 8 de marzo de 1958 e o 27 de novembro de 1968 (durante a ditadura franquista) cun caudal máximo de 129.000 metros cúbicos/día.

O consumo de auga no ano 2010 foi de 32.200 metros cúbicos/día, segundo recolle a súa auditoría. É dicir, consume ao ano case 12 millóns de metros cúbicos de auga.

Canta auga consume a cidade de Pontevedra?

Por facer unha comparativa, o río Lérez abastece a Pontevedra  e aos concellos da ría (Poio, Sansenxo, Marín e Bueu) 22.300 metros cúbicos/día, é dicir, uns 8 millóns de metros cúbicos ao ano.

ence.AUGA.2
Fonte: Libro Blanco 2016

Pola súa banda, o novo proxecto de ELNOSA aumentará a súa captación de auga do Lérez de 100.000 metros cúbicos a 300.000 ao ano.

Consello da APDR para aforrar auga: pechar a ENCE e ELNOSA 

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print