Manifestación en Compostela contra a Lei de Depredación de Galiza


GRAZAS POLA VOSA PRESENZA na Manifestación contra a Lei de Depredación de Galiza e Lumes Nunca Máis en COMPOSTELA  (estimada en ao redor de 15.000 PERSOAS) !!

Ver fotos da manifestación:

Ver abaixo vídeo-crónica da manifestación realizada por Lentes diverxentes:

Ver abaixo o vídeo da manifestación de GalizaContrainfo con entrevistas a activistas dos movementos sociais, sindicatos e asociacións ecoloxistas que explicaron as repercusións máis importantes da Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais impulsada polo goberno do PP na Xunta (coñecida como a Lei de Depredación de Galiza), así como os principais motivos de oposición a unha norma que deixa o territorio a mercé dos intereses privados das grandes empresas.

Ver abaixo tamén vídeo da CIG con entrevista aos traballadores do SEAGA:

Ver abaixo cartaz e convocatoria:

mani-depreda-lumes-apdr

IMG-20171022-WA0023

IMG-20171023-WA0002IMG-20171023-WA0001

IMG-20171022-WA0040-B

A APDR, que forma parte da Plataforma contra a lei de depredación de Galiza, convoca á manifestación para o domingo 22 de outubro en Compostela a partir das 12 da mañá con saída da Alameda.

O martes 17 de outubro, aprobouse no Parlamento galego só cos votos do Partido Popular a proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galiza presentada pola vía de urxencia. Esta lei pode supor unha auténtica Lei de Depredación de Galicia xa que pretende desregular ámbitos como o eólico, forestal, mineiro, usos hidráulicos, cooperativas, etc., constituíndo a aprobación de varias leis nunha, tratando de eliminar calquera debate público sobre temas que requirían dun amplo consenso social e político. Supón, ademais, unha ameaza absoluta ao conxunto da poboación que podería verse sometida a un uso abusivo e xeralizado da lei de expropiación para favorecer iniciativas privadas de grandes empresas coa protección do goberno galego.

Aínda que na exposición de motivos recóllese que “na elaboración desta norma promoveuse a máis ampla participación da cidadanía en xeral”, coa aprobación desta lei pola vía da urxencia, lonxe  de promover dita participación, a Consellaría de Industria mete baza alén de na lexislación propia, no medio ambiente, nos montes, no patrimonio, no tratamento dos residuos, ou na xestión hidráulica, ficando como máximo órgano substantivo e arrogándose a potestade de decidir sobre aspectos chave doutras planificacións sectoriais.

No eido da xestión da madeira abre as portas de par en par a unha maior eucaliptización (auspiciada por ENCE): a autorización de explotación forestal non será necesaria para os eucaliptos (incluso na Rede Natura e na servidume de costa) e estará exenta de informe algún de Patrimonio, abondando cunha “declaración responsable”.

Ver máis abaixo as principais modificacións e implicacións ambientais (fonte: a petición entregada ao grupo parlamentario do Partido Popular de Galicia acompañada de máis de 25.500 sinaturas). Tamén podes consultarllas no comunicado de imprensa da Alianza Rural Galega

1) EXPROPIACIÓN FORZOSA:

Dará barra libre á expropiación por medio dos “proxectos de especial interese”, que poderá ser concedido antes da aprobación do proxecto.

A utilidade pública das instalacións eólicas considerarase prevalente: terán dereito a expropiar o monte sen máis.

Fará da expropiación forzosa o instrumento fundamental para o acaparamento de terras.

2) OCULTACIÓN DE INFORMACIÓN:

Minas: é a propia empresa mineira a que determinará que datos están suxeitos a segredo industrial, furtando así esa información ás persoas afectadas.

Haberá proxectos exentos de información pública.

Acurtará o tempo para mirar os expedientes.

O teu concello non terá nada que dicir.

3) REDUCIÓN DE PRAZOS:

Menos trámites.

Menos prazo para alegacións.

Acurtaranse prazos para controis administrativos.

A falta de informe da administración o empresario terá razón.

4) MÁIS DOADO SALTAR O TRÁMITE AMBIENTAL:

Desregulación aproveitamento eólico.

Desregulación minaría.

Desregulación Montes.

Incumprimento normativa europea ambiental.

5) MÁIS EUCALIPTOS:

As autorizacións non serán necesarias para eucaliptos.

Abondará coa “declaración responsable”.

Perigo para os bens patrimoniais.

En Rede Natura non precisarán autorización da Administración.

6) EXTRACTIVISMO:

Quedará sen apenas regulación.

Acurtaranse prazos para controis administrativos.

Menores controis ambientais, de patrimonio, augas, etc.

Dificultarase a participación cidadá.

7) PARQUES EÓLICOS:

Desenvolveranse en prazos moi curtos.

Non terán en conta criterios ambientais para escollelos.

Facilitarase a expropiación forzosa.

Pasarán por riba dos dereitos das persoas ou comunidades propietarias dos terreos.

8) CORRUPCIÓN:

“Proxecto estratéxico”: o que o gobernante queira.

“Utilidade pública”: Abondarán 20m € para o teu proxecto.

Se tes cartos o teu proxecto poderá ser máis útil que as augas.

Enerxía e Minas aos mandos da Xunta.

9) ACAPARACIÓN DO SOLO AGRÍCOLA:

Desregulación de Montes.

Pasarán por riba dos dereitos dos donos dos terreos.

Proxecto planeado = Terra expropiada.

Se non hai informe de Augas, abondará o que diga a mineira.

10) A MADEIRA EN MANS DOS GRANDES COMO ENCE:

A autorización explotación forestal non será necesaria para eucaliptos.

Tamén en Rede Natura e servidume de costa.

Non precisarán informe de Patrimonio.

Abondará con declaración responsable.

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print