Noticias: escola sen wifi.escuela sin wifi, Electrocontaminación. Electropolución por Telefonía móbil


Nesta páxina inclúense as noticias recollidas nos medio de comunicación galegos e as comunicacións que nos enviedes relacionadas coa demanda de aplicar o principio de cautela ante as alertas de perigos potenciais á saúde dende o ámbito científico (dende o Estudo Reflex e o Bioinitiate report ata a clasificación das radiofrecuencias –telefonía móbil, Wi-Fi, Wimax,…- como posíbeis canceríxenos polo IRCP da OMS) e as peticións institucionais de aplicar o Principio de Cautela para minimizar a exposición á contaminación electromagnética (Consello de Europa, Parlamento Europeo, Axencia Europea de Medio Ambiente, …).

20161106-electrocontamina

NOTICIAS SOBRE O WIFI E A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA NO ÁMBITO ESCOLAR

2012

11.12.12: A APDR SOLICITA UNHA CAMPAÑA NO EIDO ESCOLAR AO CONCELLO DE PONTEVEDRA. A APDR  solicitou aos grupos municipais do Concello de Pontevedra atender aos criterios proteccionistas da Asemblea do Consello de Europa (para minimizar o impacto da electrocontaminación na infancia e mocidade)  solicitando “campañas de información dirixidas ao profesorado, a nais e pais e a nenos para advertirlles dos riscos específicos do uso precoz, indiscriminado e prolongado dos teléfonos móbiles e doutros dispositivos que emiten microondas”. Tal e como xa o solicitan o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, o Parlamento Vasco, … Ver solicitude. Ver prensa local.

04.06.12: O COLEXIO OFICIAL DE BIÓLOGOS DE GALICIA (COBGA) CONSIDERA Á PROTECCIÓN DA CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA UN DOS ASUNTOS RELEVANTES PENDENTES  NA NOSA COMUNIDADE. “… Os efectos das especies exóticas invasoras, os incendios forestais, a conservación de varias especies ameazadas, a aplicación de insecticidas e as radiacións electromagnéticas non ionizantes preocupan aos biólogos …” na nosa comunidade. “Radiacións electromagnéticas non ionizantes (REMNI). Igualmente neste caso é de aplicación o principio de precaución tal e como o define a Ley 33/2011, General de Salud Pública, en relación ás REMNI xa que aínda que non se coñecen en profundidade os mecanismos mediante os que causan dano nos seres vivos, hai probas inequívocas sobre o seu efecto nocivo. Polo tanto a proximidade a antenas de telefonía móbil ou a exposición a redes inalámbricas (wifi) debe ser obxecto de regulación. Esto é especialmente importante no caso dos nenos, moito máis sensibles a estas exposicións. Sería recomendable que se prohibira o uso do teléfono móbil, dispositivos wifi ou antenas de telefonía móbil nas proximidades dos centros escolares …”. Ver nota de prensa do COBGA. Ver ABC 05.06.12, El Correo Gallego 05.06.12.

30.05.12: CHARLA SOBRE WIFI NAS AULAS EN LUGO: a Federación Provincial de Anpas de Lugo (FAPACEL) organizou nesta data (no Salón de Actos do Parque Infantil de Tráfico “López Mella”, en Frigsa) unha charla onde Xulio Carmona expuxo os riscos que poden supoñer para a saúde as redes Wi-Fi, especialmente nas aulas. A FAPACEL ten previsto extender este tipo de actos a outros municipios para o próximo curso con elo preténdese que as familias sexan conscientes do perigo que pode supoñer para os nenos e nenas o Wi-Fi e pidan á Xunta que cambie as instalacións inalámbricas que conecta a Internet nos centros de ensino por outras con cable. Ver cartel. Ver FAPACEL. Ver La Voz de Galicia 30.05.12

21.05.12: ALUMNOS DE OURENSE GAÑAN UN PREMIO POLA SUA INVESTIGACIÓN SOBRE A PERNICIOSA INFLUENCIAS DAS RADIACIONES DE MICROONDAS (MÓVILES / WIFI) SOBRE A XERMINACIÓN DAS PLANTAS. Queila Bouza e Martín Álvarez, alumnos das Aulas Tecnópole e de 4º da ESO no IES O Couto de Ourense, resultaron gañadores do certame “É de libro” coa súa investigación científica sobre a influencia das radiacións que emiten os dispositivos móbiles, como os teléfonos ou os routers wifi, na xerminación das sementes e no crecemento das plantas. Estes dous estudantes, que recibirán o galardón o vindeiro sábado de mans do ministro de Educación, José Ignacio Wert, concluíron que hai unha influencia directa alomenos no proceso de xerminación, ao comprobar que a fertilidade das sementes foi maior no caso das que non estiveron expostas á radiación. Ver noticia no vídeo do programa Telexornal (TV1 22.05.2012), na web de Tecnópole e La Región 27.05.12. Ver investigación de A. Balmori en Revista Ecosistemas de setembro 2004

11.05.12: O COLEXIO OFICIAL DE BIÓLOGOS DE GALICIA (COBGA) CHAMA A XUNTA A APLICAR O PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN. Nesta data o COBGA infórmanos que veñen de remitir un escrito aos conselleiros de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e á Conselleira de Sanidade no que entenden “… que hai indicios máis que fundados para que se aplique o principio de proporcionalidade e precaución sinalado pola Lei 33/2011 e pide por iso que se realicen campañas de concienciación á poboación en xeral e aos máis expostos polo seu traballo en particular sobre o perigo desta exposición, como veñen facendo algunhas institucións. En concreto, as administracións públicas deberían protexer aos máis pequenos, moito máis sensibles a estas exposicións e susceptibles de estar expostos máis tempo. Para iso deberíanse tomar medidas no ámbito educativo talles como información dos riscos que supón para a súa saúde a exposición a dispositivos emisores de REMNI nos centros escolares. Con tal fin sería recomendable que nos centros escolares prohibísese o uso de teléfono móbil, dispositivos wifi ou localización de antenas de telefonía móbil nas proximidades …”. Ver documento completo: galego, castelán

13.04.12: O CONSELLO ESCOLAR DO INSTITUTO VALLE INCLÁN (PONTEVEDRA) APROBOU SOLICITAR A SÚA INCLUSIÓN NO PROXECTO ABALAR DEMANDANDO QUE A CONEXIÓN SEXA POR CABLE. No texto acordado polo claustro pídese á Consellería de Educación que “a conexión a Internet dos computadores sexa por cable e non por wifi ante os posibles riscos de saúde que este sistema podería levar e atendendo así ás recomendacións da Organización Mundial da Saúde e tamén do Consello de Europa, que o ano pasado recomendou unha serie de medidas para que nos centros educativos redúzase a exposición dos alumnos ás radiacións procedentes da conexión inalámbrica (wifi)”.

27.03.12: REUNIÓN DE ESCOLA SEN WIFI (A NIVEL ESTATAL) CO DIRECTOR DO INSTITUTO DE TECNOLOXÍAS EDUCATIVAS E FORMACIÓN DO PROFESORADO. Durante a reunión trasladáronlle “a preocupación do colectivo pola imposición da conexión Wi-FI nas aulas, como aparece recollido no convenio de Escola 2.0, debido ás consecuencias para a saúde que se derivan da exposición continua de alumnos e profesores ás radiacións de microondas durante a xornada lectiva ao longo de todo o ano escolar, cos consecuentes efectos acumulativos … Ver nota de prensa

29.02.12: RODA DE PRENSA DA CAMPAÑA ESTATAL ESCOLA SEN WIFI. “Escola sen Wifi pide ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, aos ministros de Sanidade e Educación e en xeral a toda a clase política tomen nota e obren en consecuencia coas recomendacións que en relación á exposición da poboación a campos electromagnéticos se plasmaron na Resolución 1815 de maio de 2011, onde a Asemblea Parlamentar do Consello de Europa insta os estados membros a protexeren a saúde da poboación, nomeadamente a dos nenos, face a este tipo de radiacións de alta frecuencia (como as emitidas por wifi), recomendando dar preferencia nas escolas ás conexións por cable fronte ás conexións sen fíos…”. Ver nota de prensa, carta enviada ao Presidente do Governo e vídeo da rolda de prensa.

ONCE CASOS DE CANCRO DE MAMA NUN IES DE SANTIAGO EN 6 ANOS. Apuntan como posibles causas unha antena de telefonía, de France Telecom España, colocada a poucos metros do instituto, que o Concello de Santiago ordenou retirar o 30 de decembro, aínda que a empresa está en prazo para recorrer. Sinalan igualmente as instalacións da rede wifi do centro e «ou problema do gas radón». Vinte e dous dos 81 docentes do IES Lamas de Abade, de Santiago, asinaron un escrito, que recibiu onte o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, no que sinalan que no centro preocúpanos moi seriamente ou aumento de cancros de mama entre ou profesorado feminino. Ver La Voz de Galicia: 16.02.12

MENSAXE ENVIADO AOS CENTROS DE ENSINO POLA CAMPAÑA GALEGA “ESCOLA SEN WIFI“: Proxecto Abalar… mellor por cable. “Con motivo do despregamento das tecnoloxías da información nas aulas a través do Proxecto ABALAR , onde se dota ao alumnado seleccionado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria  de portátiles, pantallas dixitais en conexión WIFI, manifestámosvos a inquedanza dende colectivos sociais, pais e nais, docentes e persoal sanitario pola  PROBLEMÁTICA QUE A COMUNICACIÓN INALÁMBRICA DA REDE WIFI PODE CAUSAR NA SAÚDE e dirixímonos a vostedes, implicados nos centros de ensino dos seus fillos/as para ofrecerlles información sobre a relevancia para a saúde do alumnado e profesorado….”. Ver a Revista Dixital do ANPA Blanco Amor de Ourense 14.02.12.

ADEGA, APDR E A FEDERACIÓN DE ANPAS DE LUGO PIDEN Á XUNTA QUE SUBSTITÚA O “WIFI” POR CABO NO ABALAR . Representantes das ANPAS de Lugo e dos colectivos APDR e ADEGA vímonos de reunir co subdirector xeral de sistemas informáticos da Consellaría de Educación, Carlos Vázquez, para trasladarlle a proposta de substituir o acceso a internet vía “wifi” por cable nas aulas do proxecto Abalar. A exposición continuada das persoas á radiación electromagnética, particularmente dos nenos e nenas en idade escolar através dos móbiles e do sistema “wifi”, pode causar graves danos á saúde como recoñece a Axencia Internacional de Investigación do Cancro (IARC), dependente da Organización Mundial da Saúde. O propio Consello de Europa recomendou en maio de 2011 tomar medidas urxentes para reducir a exposición a este tipo de radiacións. Temos a oportunidade de, mediante uns pequenos cambios, facermos unhas aulas máis saudábeis para as nosas crianzas. Non é esta unha obriga de toda administración pública?. Solicitude entregada o 08.02.2012, Ver Asturgalicia Noticias 09.02.12, Mundo Galiza 09.02.12, Crónica3.com a mariña 09.02.12, Galicia Hoxe.com 09.02.12, Galicia Confidencial 09.02.2012.

ENTREVISTA CO RESPONSABLE DO PROXECTO ABALAR: APDR, ADEGA e a Federación de ANPA de Lugo reuniranse mañá co responsable do proxecto Abalar da Consellaría de Educación para pedirlle que introduza internet por cable (e non por wifi) nas aulas para preservar no máximo posib le a saúde dos nenos e nenas. É unha das accións que se desenvolven dentro da campaña en Galiza ” Escola sen Wifi “. Ver noticia e audio da entrevista en Radio Cerna 07.02.12

ALERTA WIFI DE ADEGA: Entre outros colectivos ecoloxistas de Galiza, ADEGA alerta dos riscos dos dispositivos wifi para a saúde pública e insta a tomar medidas de cautela, sobre todo, entre as persoas máis novas e nos centros de ensino. Ver noticia e audio da entrevista en Radio Cerna 06.02.12

CARTA DE FAPACEL AO CONCELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. En xaneiro de 2011 a Federación de ANPAS de Lugo solicita á Consellería reemplazar o sistema WI-FI xa instalados nos centros educativos polo sistema de conexión por cable, que NON se instalen novas redes WI-FI nas escolas., que se PROHÍBA o emprego de teléfonos móbiles nas aulas, de xeito que estean apagados, revisión das antenas de telefonía próximas aos centros de ensino diminuíndo a exposición REM por debaixo ao límite recomendado, é dicir, 0.2 voltios por metro. Ver carta entregada

PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA ESCOLA SEN WIFI. A APDR presenta na rúa a campaña “escola sen Wi-Fi” coa entrega de globos e folletos informativos na Praza da peregrina este mércores 4 ás 18,30h e o xoves 5 ás 12h. A APDR participa desta campaña que se está a desenvolver a nivel estatal como membro da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética. A campaña disporá a nivel galego dun soporte web ( https://www.apdr.info/escolasenwifi.htm ) onde se facilita a información dispoñíbel. Ver información do 04 e 05. 0 1.12

2011

CRÍTICAS A UNHA ANTENA WIFI NO INSTITUTO BANDUENSE. Un novo intento por parte da Consellería de Educación para colocar unha antena no Instituto Aquis Querquernis de Bande acabou o luns co atrincheiramento dun grupo de pais no centro e a suspensión do sinal durante varias horas. Ver La Región 23.11.11 . Ver Dossier prensa de outubro-novembro-2011

PAIS DE BANDE PARAN A INSTALACIÓN DUNHA ANTENA NO INSTITUTO. Os membros da asociación de pais do IES Aquis Querquernis paralizaron o luns a instalación dunha antena, que sería a terceira, no centro. Piden á Xunta que reconsidere a localización das antenas, xa que os informes que lles prometeu fai meses a Consellería de Educación non chegaron. «Algo grave debe haber detrás dous datos e informes cando a administración non llos fai chegar á comunidade escolar», argumentan desde a asociación de pais. Ver La Voz de Galicia. 23/11/2011 . Ver Dossier prensa de outubro-novembro-2011

MEDO AO WIFI. Son pais que forman parte dun novo movemento, o das escolas sen wifi (www.escuelassinwifi.org), e que en Lugo comeza a ter xa os seus primeiros adeptos. Algúns deles, entre os pais do Ceip A Ponte, que este curso incorporouse ao programa Abalar da Xunta e onde se instalou, segundo din, unha antena sobre o tellado para garantir a cobertura de internet en todas as instalacións, formadas por varios edificio. Ver: El Progreso 07.11.2011

OS COLEXIOS APOIAN A PROTESTA EN CONTRA DA ANTENA WIFI DO INSTITUTO. As direccións dos catro colexios de Educación Infantil e Primaria da comarca da Baixa Limia (CEIP do Xurés de Lobios, Val Inclán de Muíños, Santa María A Real de Entrimo e Xaquín Lourenzo Xocas de Bande) confirmaron a súa adhesión ás protestas da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (Anpa) do Instituto Aquis Querquernis de Bande. Ver La Región 28.10.11 . Ver Dossier prensa de outubro-novembro-2011

PAIS DE IES DE BANDE PIDEN A RETIRADA DUNHA ANTENA UN ANO DESPOIS DA SÚA INSTALACIÓN. A Xunta prevé colocar unha segunda no colexio contra a opinión da comunidade educativa do centro. A asociación de pais de alumnos do IES Aquis Querquernis do Concello de Bande recollerá firmas pola zona da Baixa Limia para evitar a intención da Xunta de instalar no patio do centro unha antena de radiofrecuencia que segundo indican desde o ANPA «será centro base para dar cobertura de internet a diferentes organizamos públicos dá Baixa Limia (concellos, xulgados de paz, etcétera)». Ver La Voz de Galicia. 18.10.2011 . Ver Dossier prensa de outubro-novembro-2011

O ANPA DO IES DE BANDE ESIXE A La XUNTA RETIRAR AS ANTENAS DE RADIOFRECUENCIA. Pais e centro aprobaron por unanimidade impedir a instalación dun novo sinal. Tanto o Consello Escolar como o ANPA en asembleas extraordinarias celebradas no centro o 30 de setembro e ol 5 de outubro acordaron por unanimidade a decisión de impedir a instalación de máis antenas e esixir a retirada inmediata das xa existentes. Ver Faro de Vigo. 18.10.2011 . Ver Dossier prensa de outubro-novembro-2011

O INSTITUTO DE BANDE REXEITA A INSTALACIÓN DE ANTENAS WIFI. A instalación dunha nova antena para dar cobertura de internet a administracións públicas comarcais no patio do Instituto Aquis Querquernis de Bande indignou á comunidade escolar da localidade que, a través da Asociación de nais e pais de alumnos (Anpa) do centro, anunciaban onte o inicio dunha campaña de recollida de firmas e ‘calquera outra iniciativa’ que sirva para denunciar unha situación que consideran ‘irracional’ e ‘desconcertante’. Ver La Región 18.10.2011 . Ver Dossier prensa de outubro-novembro-2011

ESTRENO EN PONTEVEDRA DO DOCUMENTAL “FULL SIGNAL” (COBERTURA TOTAL), A CARA OCULTA DA
TELEFONÍA MÓBIL, PRESENTADO POR MINERVA PALOMAR, traballadora da Facultade de Económicas da Universidade Complutense de Madrid, con incapacidade permanente e absoluta recoñecida por padecer  hipersensibilidade electromagnética e ambiental por exposición ás ondas emitidas pola telefonía móbil e redes sen fíos como o Wifi. Ver nota de prensa, cartaz, dossier de prensa outubre de 2011.

O CONSELLO DE EUROPA INSTA AOS ESTADOS MEMBROS A REDUCIR A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA DA TELEFONÍA MÓVIL, DO WIFI, DA ALTA TENSIÓN … A APDR INSTA ÁS ADMINISTRACIÓNS A NON ESPERAR PARA ACTUAR. A APDR (e demais colectivos veciñais, ecoloxistas e de afectados compoñentes da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética –PECCE-) nos congratulamos pola aprobación da Resolución 1815 da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa sobre os perigos potenciais dos campos electromagnéticos e os seus efectos sobre o medio ambiente. O documento, ratificado o derradeiro 27 de maio, avala moitas das reivindicacións que ditas organizacións propugnan desde fai anos na redución dos riscos para a saúde destes campos. Ver novas da Federación Ecoloxista Galega 05.06.2011

COLECTIVOS SOCIAIS RECLAMAN QUITAR O WIFI DAS AULAS PARA PROTEXER A SAÚDE. MIGUEL SOLÁNS, MÉDICO DE ATENCIÓN PRIMARIA: ”CADA VEZ HAI MÁIS NENOS HIPERACTIVOS, CON DÉFICITS E ALTERACIÓNS DO SONO POLAS ONDAS ELECTROMAGNÉTICAS”. Máis de 250 colectivos sociais pediron onte retirar as instalacións wifi dos colexios españois ao longo deste curso escolar porque consideran que as ondas electromagnéticas que xeran poden danar a saúde de nenos, adolescentes e persoal docente. Como alternativa, propoñen instalar nas aulas conexións a internet por cable ou utilizando o cableado eléctrico xa existente. Ver Diario de Pontevedra 29.09.11, Luns e Venres 29.09.11

MANIFESTO. ESIXEN PROTECCIÓN POLA CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA. Transformadores urbanos, torres de alta tensión e agora tamén móbiles, “posibles canceríxenos” clasificados pola OMS. Uns 500 colectivos sociais subscribiron un manifesto contra a contaminación electromagnética, onde apreman aos partidos políticos para tomar medidas para protexer a saúde dos cidadáns fronte ás radiacións electromagnéticas. Con motivo do Día Internacional contra a Contaminación Electromagnética, hoxe, o citado documento envióuselles onte aos secretarios xerais das distintas formacións políticas. No manifesto, os asinantes recordan que no pasado mes de maio, a Organización Mundial da Saúde (OMS) clasificou os campos electromagnéticos de radiofrecuencia como “posible canceríxeno en humanos”, baseándose nun maior risco de glioma -un cancro do cerebro- asociado co uso de móbiles. Galicia Hoxe.com 24.06.11

OS INIMIGOS INVISIBLES. OS DOCENTES DO IES CONCEPCIÓN ARENAL ALERTAN DOS PERIGOS DIARIOS DA RADIACIÓN. É consciente de que sería necesario non só apagar, senón desenchufar unha antena wifi cando non se estea usando para evitar as radiacións? No IES Concepción Areal, os docentes involucrados no proxecto Axenda 21 non só son conscientes, senón que queren que os seus alumnos contribúan a demostrar que a tecnoloxía, entre outros factores, está contaminando a nosa contorna en formas que aínda non se calibraron. Ver Diario de Ferrol 21.02.11

A FEG DENUNCIA QUE A XUNTA PROMOVA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA NAS AULAS. A Federación Ecoloxista Galega (FEG) vén de iniciar unha campaña baixo o título “Wi-Fi nas aulas? Internet mellor por cable” . Consiste no envío dun dossier informativo aos centros de ensino, asociacións de pais e nais e as seccións sindicais de ensino, ademais de solicitar unha entrevista na Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria. Ver: blog FEG e Radiodifusion.eu 25.01.11.

2010

APDR PIDE QUE SE INSTALE INTERNET POR CABLE NA RÚA EN VEZ DE WIFI …. O colectivo ecoloxista cree que debe minimizarse a exposición aos campos Electromagnéticos . Ver: Prensa do 22.12.10

A APDR ALERTA AOS CENTROS DO PERIGO DÁ IMPLANTACIÓN DÁ CONEXIÓN POR WI-FI … ven de presentar unha campaña que baixo o título de Nas aulas: Conexión a Internet… mellor por cable que por ))) Wi-Fi, quere denunciar a contaminación electromagnética a que están sometidos os estudantes no programa de informatización Abalar implantado pola Xunta, que utiliza o Wi-Fi, aínda que moitos centros xa tiñan a instalación do cableado, que agora non se utilizará. Ver: La Voz de Galicia 04.11.10

2009

A COORDINADORA PROVINCIAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELETROMAGNÉTICA DE PONTEVEDRA PRESENTA ALEGACIÓNS AO PLAN AVANZA DO MINISTERIO DE INDUSTRIA. Co lema Sen saúde non se avanza un grupo de colectivo veciñais, ecoloxistas, afectados pola contaminación electromagnética, e nais e pais, presentan alegacións ao Plan Avanza para reducir os riscos para a saúde xeradas polas novas tecnoloxías. Ver: La Voz de Galicia 12.09.09 , Ver Diario de Pontevedra 12.09.09 , Ver RadiFusión 18-09.11

2008

24 DE XUÑO DE 2008: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA : PRESENTACIÓN PÚBLICA E XUNTANZA DE COLECTIVOS SOCIAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA IMPLICADOS. … impulsada por 16 asociacións da provincia de Pontevedra (asociacións veciñais, de nais e pais, ecoloxistas e colectivos de afectados); todos eles implicados na defensa do medio contra a contaminación pola exposición a radiacións de hiperfrecuencias (como a exposición ás antenas de telefonía móbil) ou de radiacións de baixas frecuencias (subestacións eléctrica, transformadores). Ver Prensa Pontevedra 25.06.08 . Ver nota de prensa da APDR

2007

CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA: O LIXO MÁIS DE MODA. Este 24 de xuño é o Día Internacional contra a electropolución é a exposición continua a campos electromagnéticos, principalmente liñas de alta tensión e subestacións eléctricas, así como antenas de telefonía móbil e sistemas Wifi-Wimax. Nesta data, organizacións de afectad@s e ecoloxistas queremos denunciar o medre insustentábel da electropolución pola proliferación descontrolada de infraestruturas eléctricas e redes de telecomunicación, que se está a convertir nun problema ambiental e de saúde. Porén, demandamos un cambio lexislativo profundo nas normativas que regulamentan este tipo de actividades. Ver nota de prensa de ADEGA 24.06.2007

ADEGA ALERTA CONTRA A CRECENTE CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA. 17 DE MAIO DE 2007: DÍA MUNDIAL DAS TELECOMUNICACIÓNS. Este día as principais organizacións ecoloxistas do estado, así como numerosas organizacións sociais e plataformas, queremos chamar a atención sobre o aumento da contaminación electromagnética. Demandamos un cambio da normativa estatal e autonómica con criterios de prevención e precaución, así como máis financiamento público para a investigación independente sobre os efeitos no ambiente e na saúde destas emisións. Ver nota de prens a de ADEGA

NOTICIAS SOBRE ANTENAS BASE DE TELEFONÍA MÓBIL E A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA CON AFECTACIÓN AO ÁMBITO ESCOLAR

Son moitas as ANPAs que reivindicaron o Principio de Precaución en tódalas provincias galegas ante a implantación de antenas de telefonía móbil nas proximimidades aos centros de ensino. A modo de exemplo: na Coruña o ANPA Eusebio da Guarda, en Vigo o ANPA do colexio María Auxiliadora, en Pontevedra o ANPA Pardo Bazán do CEIP Froebel, en Ferrol o ANPA A Tahona do colexio San Rosendo, en Abegondo o ANPA San Marcos, …. Neste apartado recopilamos algunhas das reseñas nos medios de comunicación.

2010

OPOSICIÓN VECIÑAL A UNHA ANTENA DE TELEFONÍA ANTE A IGREXA DE SAN PÍO X. A concentración estivo promovida pola asociacións veciñais e de pais desta zona, o texto da pancarta, sostida entre outras persoas por varios nenos, apostaba pola mensaxe «queremos medrar sans: antenas non». Ver: La Voz de Galicia 10.08.2010

2009

A APDR CHAMA Á PRUDENCIA E Á CAUTELA Á HORA DE MERCAR MÓBILES NA INFANCIA E MOCIDADE….. E chama a un proceso participativo para crear una ordenanza municipal proteccionista. Ver: Diario de Pontevedra 22.12.09 / Ver nota de prensa

UNHA ANTENA DE TELEFONÍA EN PLENA GARDERÍA. Durante máis de tres anos os pais de Oleiros ven como non se cumpre a normativa europea nin española sobre a colocación de antenas. Ver: prensa de 03.03.09

“CACEROLADA” EN SAN PÍO X CONTRA UNHA ANTENA DE TELEFONÍA DIANTE DUN COLEXIO. Afirman que queren situala a menos de 100 metros dun centro de Infantil e Primaria. Ver: Faro de Vigo 13.03.09

2008

OROSO MOVERÁ A GARDERÍA SE NON SE TRASLADA A ANTENA. Varios pais de alumnos da escola infantil de Sigüeiro, a capital municipal de Oroso, fixeron pública a súa preocupación pola presenza dunha antena de telefonía móbil a só uns metros do edificio escolar. Ver: El Correo Gallego 03.04.08

APDR E A FEDERACIÓN DE ANPA PRESENTAN UNHA CAMPAÑA PARA «O USO RACIONAL DO TELÉFONO MÓBIL». A Asociación pola Defensa dá Ría e A Federación de Asociacións de Pais e Nais de Pontevedra puxeron en marcha unha campaña para previr o uso do teléfono móbil en menores. Ver: La Voz de Galicia 18.12.08, Ver: https://www.apdr.info/relac_medios/N.P.%2017.12.08%20FOLLETO_T.MOBIL.pdf

2007

A ANPA E O CONSELLO ESCOLAR DO CEIP “FROEBEL” DE PONTEVEDRA SOLICITAN A  RETIRADA DUNHA ANTENA. O curso pasado a ANPA co apoio do Consello Escolar entregou no Concello un documento no que solicitabamos a retirada da antena de telefonía que está a escasos metros do Colexio. ” … Que, de acordo co principio de precaución regulado polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea e recollido en tratados e convencións internacionais subscritos por España: cando subsista incerteza respecto á existencia e á importancia dos riscos para a saúde das persoas, as institucións poden adoptar medidas de protección sen ter que esperar a que a realidade e a gravidade dos riscos estean plenamente demostrados, se retire a antena instalada no edificio nº 24 da rúa Echegarai…”  Ver petición na versión caché do 27.10.2007

A APDR SOLICITA AO CONCELLO INFORMACIÓN SOBRE A LEGALIDADE DAS ANTENAS BASE DE TELEFONÍA MÓBIL. Continuando o estudo do mapa das 20 antenas base detectadas na cidade así como das zonas sensíbeis afectadas (colexios, lugares de recreo, centros de maiores, centros sanitarios, …), o sábado 22 de Setembro, se solicitou ao concello de Pontevedra “información detallada sobre as antenas base de telefonía móbil instaladas e en funcionamento na actualidade na nosa cidade que contan coa prescritíbel Licenza Municipal , necesaria para poder realizar a súa actividade”. Esta petición . vai paralela á campaña de información que se está desenvolvendo nos centros escolares en colaboración coas ANPAS. Ver: Voz de Galicia 22.09.07 e Vieiros 22.09.07

A APDR CONVOCARÁ EN SEPTEMBRO ÁS ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS E DE VECIÑOS POLA LIMITACIÓN DAS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL. Referíronse aos diferentes estudos científicos e epidemiolóxicos (entre os que destaca o programa REFLEX, elaborado por 12 centros de investigación de 7 países europeos) para incidir en que os campos electromagnéticos de moi alta frecuencia e microondas pulsátiles producidas polas antenas de telefonía móbil xeran cambios a nivel celular e subcelular cos consecuentes efectos negativos sobre os seres vivos, ou medio ambiente e a saúde. Ver: Faro de Vigo 23.06.07 e Voz de Galicia 23.06.07

O CONCELLO RECOÑECE QUE AS ESTRUTURAS DA AVENIDADE MARÍN NON TEÑEN PERMISO PERO CRITICA A POLITIZACIÓN DA CONCENTRACIÓN. Centos de veciños afectados crean unha plataforma contra as antenas de telefonía. Anpas e comunidades de propietarios de Ourense cortaron onte o tráfico na Ponte en protesta por dúas instalacións sen licenza. Ver: Faro de Vigo10.05.07

 

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print