22 de marzo na Pobra do Caramiñal: Manifestación contra Altri e a Mina de Touro


A APDR súmase ao chamamento a toda a sociedade galega para que participe na mobilización do vindeiro 22 de marzo, que convoca a Plataforma na Defensa da Ría de Arousa (PDRA), co apoio da Plataforma Ulloa Viva e da Plataforma Mina Touro-O Pino Non, con motivo do Día Internacional da Auga e baixo o lema “Na defensa do noso mar e da nosa terra”. Esta marcha, que se celebrará por terra e por mar, conxuga as principais loitas ambientais na defensa do río Ulla e da ría de Arousa contra a implantación da celulosa de Altri e a reapertura da Mina de Touro. Ten que ser unha protesta social masiva! Agardámoste!

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print