Ven á concentración deste domingo na Praza da Peregrina ás 11.00
Esiximos respecto polas decisións xudiciais e que non se retramiten os proxectos eólicos paralizados.
Ver convocatorias de todas as mobilizacións galegas:
A Coordinadora “Eólica Así Non” traslada para este domingo, 9 de febreiro, as mobilizacións polo Día Mundial da Enerxía Limpa, que tivo que suspender o pasado 26 de xaneiro por mor do temporal.
A coordinadora fai un novo chamado á sociedade para denunciar o modelo de espolio enerxético que promove a Xunta de Galiza. Un modelo que non ten en conta os intereses da poboación e ten como principal obxectivo beneficiar o capital, á costa de xerar graves impactos medioambientais e expulsar ás comunidades de afectados/as e a cidadanía en xeral da toma de decisións.
A Coordinadora denuncia, ademais, a falta de respecto polas decisións xudiciais que demostra a Xunta de Galiza coa aprobación das últimas reformas legais, que teñen como obxectivo dificultar que a poboación se poida defender, tanto no eido administrativo como xudicial, diante destes proxectos agresivos e depredadores do territorio, destinando recursos públicos para exercer “violencia institucional” contra as comunidades veciñais afectadas. Comunidades que sofren un continuo acoso administrativo a través da sobresaturación de proxectos, da desregulamentación e da xeración de inseguridade xurídica, difamando e criminalizando a protesta social.
Eólica Así Non! aposta por unha nova planificación eólica real, que ordene a explotación desta enerxía no territorio, con obxectivos sociais e ambientais, que faga partícipe ao pobo galego e non se desenvolva en función dos intereses das grandes multinacionais enerxéticas.
Mobilizacións
- Cartelle. Concentración na Alameda, ás 12h
- Val do Dubra. Concentración diante do Concello de Bembibre, ás 12h
- Mazaricos. Andaina ata o Castelo de Bradufe. Saída do Alto da Ruña ás 12h
- Ortigueira. Andaina a Pena Ouseira. Saída no Bar A Rodela, ás 11h
- Morrazo. Concentración diante do Concello de Marín, ás 12:30h
- Pontevedra. Concentración na Praza da Peregrina, ás 11h
- Campo Lameiro. Andaina. Saída na Escola de Couso, ás 16h
- Sarria. Concentración no Cruce de Catro Camiños coa R/ da Liberdade, ás 17h
- Lugo. Concentración diante do concello de Lugo ás 12h. Saída en manifestación ata o Multiusos da Xunta.