O vindeiro XOVES DÍA 18, na Facultade de Belas Artes (espazo 16):
A partir das 19:45 horas proxectaremos a curta “NA PROCURA DA NOSA DEUSA NABIA” que fixo o Director de cine Ignacio Vilar (“A Esmorga”, “María Soliña”,…) pensando na nosa loita contra as celulosas.
Logo falaremos dos importantes temas que temos entre mans, entre eles o PROXECTO DE AMPLIACIÓN DE ENCE, a loita contra a fábrica de ALTRI en Palas de Rei e a nova MARCHA CONTRA CELULOSAS…e tamén da nosa participación na “Primavera do decrecemento” organizada polo Dpto. de Post-Growth da Universidade de Vigo, que ten moito que ver co noso proxecto de futuro para a Ría.