Faladoiro “As loitas locais de Galiza fronte ás grandes industrias”. Xoves, 23 de maio, ás 19.00h no Liceo Casino (R/ Manuel Quiroga nº 21)
Antón Masa (Asociación Pola Defensa da Ría), Isabel García (Mina Touro-O Pino Non), Patricia Gamallo (Eólicos, Así Non)
Moderan : Gonzalo Rodríguez Rodríguez (Universidade de Santiago de Compostela)
Conversa entre colectivos en loita contra actividades industriais concretas de alto impacto ambiental. Abordaremos o falso dilema entre economía e ecoloxía. Esta dicotomía interesada que sitúa a protección do sistema ecolóxico fronte ás actividades económicas e o emprego oculta que sen ecoloxía non pode haber economía, nin sequera industrias extractivistas. Porase de manifesto a dicotomía real entre o acervo ecolóxico e o modelo de desenvolvemento industrial extractivista. A discrepancia establécese, por tanto, entre modelos económicos, pois non é o mesmo unha macroindustria de propiedade concentrada e enorme impacto ambiental, que tritura e degrada a contorna, empobrece a política e polariza socialmente, que un tecido de organizacións económicas de tamaño moderado, plural, resiliente, convivencial e respectuoso co sistema socio-ecolóxico. Coñeceremos as loitas de cada grupo, os seus valores e as súas propostas alternativas para un modelo de desenvolvemento digno, e preguntarémonos que factores comúns hai nas súas actividades e como poden axudarse mutuamente.
Ver todas as actividades da Primavera do decrecemento en:
https://esee-degrowth2024.uvigo.gal/gl/beyond-the-conference/primavera-decrecemento/