Magosto popular o venres 17 de novembro (20h na Praza da Pedreira)


O VENRES DÍA 17 A PARTIR DAS 20 HORAS, terá lugar na PRAZA DA PEDREIRA un MAGOSTO POPULAR organizado polos colectivos “A Pedreira”, “Burla Verde”, “Trepia” e “APDR”.

Máis alá da festa popular (“No San Martiño, castañas, chourizo e viño”), os colectivos convocantes (que contan coa colaboración do Concello de Pontevedra e a Deputación provincial), queren darlle a este magosto unha compoñente reivindicativa, de defensa do medio natural e da nosa cultura, que se concreta no lema “POLA DEFENSA DA TERRA”. Neste sentido, xunto as castañas (que serán de balde), os chourizos e o viño e cervexa, haberá “música ao vivo” co grupo POLAVILA, foliada aberta á participación e postos de propaganda e material dos grupos organizadores.

Inicialmente convocada para o sábado 11, debido a previsión de chuva, vímonos na obriga de adiar o acto ao venres 17. En caso dun novo cambio  de data sería anunciada convenientemente.

 

 

 

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print