Presentación dos resultados do Proxecto de renaturalización da Ría sin ENCE


O XOVES 18 de maio, ás 19:30h no TEATRO PRINCIPAL, presentamos os resultados do proxecto realizado na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña (ETSAC) co obxectivo de renaturalizar a zona da Ría ocupada pola Celulosa.

Estes traballos son froito da colabración entre a ETSAC, a APDR e o Concello de Pontevedra.

O acto foi presentado por JORGE RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, Profesor Titular de Urbanística e Ordenación do Territorio da ETSAC.

Así imaxinan @s futur@s arquitect@s unha ría sen a fábrica de ENCE

O proxecto implicou a case medio centenar do alumnado desta escola, de ata oito nacionalidades diferentes, máis o profesorado implicado da mesma. Partiu da necesidade de achegar alternativas do uso deste espazo e da renaturalización da ría, partindo dunha análise previa.

Dito proxecto de investigación e na procura de alternativas para a renaturalización da Ría, presentado no Teatro Principal, contou coa colaboración da Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) e do Concello de Pontevedra.

Na análise, “moi extensa e estruturada”, os distintos grupos profundaron na historia, no patrimonio cultural e natural –hábitats e ecosistemas como a Xunqueira da Gandarela ou a Zona Intermareal da ría­–, na sociedade, a economía e o emprego –núcleos de poboación e empresas–, nas infraestruturas –porto, depuradora, estradas–, en precedentes ou casos de estudo similares –no estado Español (recuperación da Ría de Bilbao, da Barcelona olímpica), ou en outros estados (Reino Unido, Alemaña, Canadá, Australia)– máis no impacto da propia factoría na contorna.

En canto a intervención enmarcase no “contexto de transición ecolóxica” na procura de desenvolver actividades “circunscritas a que o seu impacto sexa o mínimo”. Fronte aos empregos industriais, o profesor de Urbanística e Ordenación do Territorio da ETSAC incidiu nas oportunidades laborais enfocadas ao sector pesqueiro e marisqueiro, así como ao desenvolvemento sustentábel dos núcleos máis próximos a ENCE, o desenvolvemento do sector servizos, …

A actuación das achegas, “razonables e moi ambiciosas”, suporía, a creación de 1,5 quilómetros de praias e humidais, a plantación de máis de 1.500 árbores,  máis de cinco quilómetros de paseo, a recuperación dunhas 30 hectáreas de terreo para bancos marisqueiros e 26 hectáreas de zonas verdes.

Segundo os cálculos recollidos no proxecto, as obras terían un prazo de polo menos 15 anos divididos en varias fases, comezando polo desmonte da factoría e a descontaminación do solo minimizando os movementos de terras, así como ocuparían a unhas 600 persoas.

Este proxecto de renaturalización da ría estímase nuns 88 millóns de euros, sen incluír (a falta de datos para o seu cálculo) os traballos de descontaminación, desmantelamento e demolición da factoría.

Ver vídeos da presentación do acto:

Ver 5 vídeos de extractos da presentación do proxecto (fai clic no texto!):

Vídeo I

Vídeo II

Vídeo III

Vídeo IV

Vídeo V

Ver galería de fotos do acto:

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print