O paso da ECOMARCHA 2022 por Pontevedra e Cerdedo-Cotobade.


O sábado 9 de xullo de 2022, tivo lugar en Pontevedra, no local sindical, a presentación  da ECOMARCHA 2022 de Ecoloxistas en Acción, na que participan activistas dos diferentes puntos do Estado que este ano percorrerán Galiza. Esta presentación contou con:

  • O relato de Antón Masa, en representación da APDR, onde expuxo a situación da Ría e o estado da loita contra ENCE. Ver vídeo abaixo.

  • Tamén contou co relato de Vicky Estevez, como voceira de “Touradas fóra de Pontevedra” para mostrar aos participantes o estado e evolución da loita antitouradas en Pontevedra. Ver vídeo abaixo:

 

BICIMANIFESTACIÓN:

A saída da presentación celebrouse unha bici-manifestación con destino na Praza de Touros de Pontevedra (para denunciar unha vez más o maltrato animal e solicitar á administración municipal a cancelación de calquera convenio/subvención cos seus donos) e na na Celulosa de ENCE en Lourizán, onde as coroas mortuorias de eucalipto que se levaron lembraron a ENCE que xa é pasado na Ría de Pontevedra. Ver vídeo abaixo:

O 10 de xullo: Nesta primeira etapa da ecomarcha chegaron a Rebordelo (Cerdedo-Cotobade). Na súa Casa do Pobo foron acollidos polas Plataformas Asieolicosnon e Alarma Terra de Montes. Representantes de ditas plataformas expuxeron, de primeira man, os impactos ambientais da onda de proxectos eólicos e mineiros concentrados na comarca. Ver vídeo abaixo:

Ver algunhas fotos:

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print