Logo dun tempo no que, por prudencia e responsabilidade, mantivemos un nivel de mobilización reducido, chegou o momento de retomar a presión social nas rúas para esixir o que é xa un desexo xeneralizado dunha ampla maioría da poboación da comarca.
Baixo o lema “FÓRA DA RÍA XA!”, unha nova MARCHA CONTRA CELULOSAS partirá das alamedas de Marín e Pontevedra na mañá do DOMINGO 4 DE XULLO para confluír diante das instalacións da ilegal empresa pasteira e esixir o cumprimento da lei e o peche definitivo e inmediato da súa actividade en Lourizán.
Pendentes da resolución xudicial da Audiencia Nacional sobre os recursos contra a prórroga de 60 anos concedida no 2016 polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy, na APDR sabemos que sexa cal sexa o fallo xudicial a loita vai continuar; sabemos que a loita vai ser dura pero estamos preparadas para afrontala coa determinación de quen sabe que a mobilización social será quen de conseguir a vitoria final para quen defendemos a Ría, o medio ambiente, e o desenvolvemento
racional e sustentábel da economía da comarca.
Non se fixeron agardar os insultos e ameazas dos traballadores de ENCE como resposta ao inicio da nosa campaña o pasado sábado 12, unhas ameazas que -nalgún caso- encerran unha enorme gravidade e que poderían tipificarse como delito. Pero deben saber que non haberá insultos nin ameazas que poidan frear unha loita que vai moito máis alá da propia APDR, unha loita que só vai rematar coa recuperación do espazo público roubado ao conxunto da cidadanía e o seu rescate para as actividades marisqueiras e pesqueiras, vocación natural da nosa Ría e fonte principal da economía comarcal.
Hoxe máis que nunca…. ENCE FÓRA DA RÍA XA!
Grazas a Kiko da Silva polo diseño da imaxe da campaña !!.
♦ Ver abaixo o cartaz da convocatoria, vídeos e fotos da marcha, a petición de sinaturas, o listado das organizacións apoiantes e fotos e vídeos da campaña:
Asina e difunde a petición:
Ver algúns vídeos da marcha:
Ver vídeo recopilativo da marcha no facebook da APDR:
Ver vídeo da intervención de Antón Masa ao final da marcha:
Ver galería de fotos da marcha:
Ver ORGANIZACIÓNS APOIANTES DA MARCHA:
ORGANIZACIÓNS ECOLOXISTAS E POLA DEFENSA DO MEDIO
- ADEGA
- ADENCO
- Anduxía
- Amigos da Terra
- Amigas dos árbores
- Asociación Ambiental e Cultural Tralapena
- Asociación Amabul-Diversidade Ullá
- Arco Iris
- A Rente do Chan-Pladever
- Colectivo Terra
- Colectivo Ecoloxista do Salnés
- Con Ética – Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Salvaxe
- Ecoloxistas en Acción
- Federación Ecoloxista Galega (FEG)
- Fundación Monteescola
- Contraminate – Asociación Medioambiental
- Greenpeace
- Grupo Naturalista Habitat
- Maltrato da Paisaxe
- Monfero di Non
- Nais polo Clima
- Néboa
- Petón do Lobo
- Plataforma Bergantiña pola Defensa da Terra
- Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo
- Plataforma pola Defensa de Corcoestos Bergantiños
- Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica
- Plataforma por la Defensa da Ría de Arousa
- Plataforma pola Defensa da Ría de Aldán
- Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo-Cies
- Plataforma “Non á Ampliación”
- Plataforma Salvemos o Iribio (O Caurel)
- Plataforma Veciñal “Mina de Touro-O Pino Non”
- Salvemos O Monte Pituco (Pornedo)
- Sementes de Galiza
- Vai polo Río
- Verdegaia
- Vigo Natura
- Touradas Fóra de Pontevedra
ORGANIZACIÓNS FEMINISTAS E POLA IGUALDADE:
- Avante LGTB+
- Colectivo feministas “O Soño de Lilith”
- Comando Ghichas
- Mulheres Nacionalistas Galegas
- Zeivas
ORGANIZACIÓNS CULTURAIS
- A Revolta
- Queremos Galego Marín
- A Xanela
- Liceo Mutante
- A Pedra Frojám
- Os Chichisos
- Quilombo
- Cine Clube de Pontevedra
- Grupo Cultural Ronxel
- Pavís Pavós
- Teatro a Katro
- Asociación Cultural Os Galos
- Asociación Cultural Cacarexo
- Asociación Cultural unha Gran Burla Negra
- Asociación cultural “Alexandre Bóveda”
- Centro Social “A Revolta”
- Mostra do Posíbel
- Paspallás
- Irmandade Druídica
- Clube Micogastronómico “O Bioco”
ASOCIACIÓNS VECIÑAIS
- Boureante
- Estriceres
- Federación Castelao, asociacións veciñais de Pontevedra
ORGANIZACIÓNS POLÍTICAS E SINDICAIS
- BNG
- Anova
- Abrir fenda
- Anticapitalistas Galiza
- Asemblea Republicana de Vigo
- Avante Poio
- Causa Galiza
- Central Unitaria de Traballadores
- CERNA
- CGT
- Colectivo Republicano de Redondela
- EQUO Galicia (Verdes)
- FRUGA
- Galicia en Común
- Podemos Galiza
- Rebeldía Galicia
- Sindicato Pontevedra Libertaria
- ZUA, estudantes independentistas
OUTRAS ORGANIZACIÓNS:
- Asociación de memoria histórica “28 de agosto”
- Hábitat Social
- Marchas da Dignidade
- Plataforma SAF Galicia (Serzo de Asistencia no Fogar)
- REAS Galicia de Economía Solidaria