Na casa pero non en silencio. Esta é a Semana de Acción polo Clima, na que dende o Movemento Galego polo Clima, da que forma parte a APDR, participaremos no día de acción global do venres 24 de abril e programamos 6 palestras. O xoves 23 haberá una emisión en directo do noso documentario “paraiso roubado” a través de NOS.Televisión. O Venres participaremos na manifestación de luces e sombras: POLA SAÚDE DO PLANETA
Segue atento á información diaría para coller os enlaces que sairán diariamente abaixo (e en https://movementogalegopoloclima.wordpress.com/2020/04/19/semana-de-palestras-web-polo-clima/ )
- O luns 20 ás 18h, comezamos coa palestra de Isabel Vilalba sobre a alternativa ao modelo agroindustrial: https://meet.jit.si/LUNS20ALTERNATIVAAOMODELOAGROINDUSTRIAL
- O martes 21 ás 18h, palestra de Xulio Carmona sobre a 5G e a crise ecosocial global: https://meet.jit.si/MARTES215GEACRISEECOSOCIALGLOBAL
- O mércores 22 ás 17h, palestra de Pablo A. Meira Cartea sobre a crise climática en tempos de coronavirus: https://meet.jit.si/MER21-ACRISECLIMATICAENTEMPOSDECORONAVIRUS
- O mércores 22 ás 20:15, palestra de Pablo Guillán sobre eficiencia enérxética e aforro enerxético no fogar: https://www.instagram.com/fridaysforfuture.vigo/
- O xoves 23 ás 18h, palestra de membros de Extintion Rebelion Galiza; “De camiño á extinción e que facer ao respecto”: https://meet.jit.si/XOV23-DECAMIÑOAEXTINCION
- O xoves 23 ás 21:30, proxección do documentario producido pola APDR “PARAISO ROUBADO”: https://www.youtube.com/watch?v=kwqSwFBYvvM&feature=youtu.be
- O venres 24 ás 18h, palestra de Xosé Veiras sobre o COVID-19 e Emerxencia Ecolóxica: https://meet.jit.si/VEN24-COVID19EEMERXENCIAECOLOXICA
♦ Ver tutoriais (vídeos, infografia, gifs) de como facer recortábeis para proxectar o día 24 de abril dende o teu balcón ou a túa fiestra en http://alianza-clima.blogspot.com/2020/04/materiales-para-la-manifestacion-de.html ou abaixo: