Este Nadal, colabora co ecoloxismo! Colabora connosco!


Se ides facer algún agasallo nestas datas, lembrade que podedes mercar as nosas bolsas! Con 10 facedes o agasallo e colaborades coa defensa do medio ambiente:

  • Contacta connosco (tlf 666621438)

Outra maneira de colaborar é facervos socios/as e, si xa o sodes, facer socia a esa persoa coa que vos gustaría compartir a defensa do medio ambiente:

  • Podedes encher o Modelo de inscripción para mandalo ao noso correo electrónico (apdr@apdr.info), ou imprimilo e envialo ao noso enderezo postal (apdo. de correos 414, 36080 Pontevedra).

LEMBRADE NESTAS DATAS QUE ….          

… Ao “Venres Negro”, séguelle o Nadal cun mes aínda máis escuro polo seu impacto ambiental, concentrando o maior pico de consumo anual coma se o planeta non tivera límite: aceleración do cambio climático, esgotamento de materias primas, degradación a nivel territorial e social, perda de autosuficiencia, maltrato animal, …

 

Fronte a este modelo de produción e consumo, a APDR propugna un consumo responsábel e respectuoso coa sustentabilidade socioambiental:

 

  • Por un consumo crítico e consciente. Infórmate do que mercas: ten en conta a procedencia das materias primas, as condicións laborais na que foi elaborado, os impactos ambientais e sociais da súa produción e distribución (incluído o tipo de embalaxe), os impactos potenciais do seu uso e abuso na saúde, …

Canto máis local sexa o noso consumo, máis doado será conseguir esta información, así como poder reducir o seu impacto ambiental e social. Pon na túa mesa produtos locais e de tempada, evitando grandes cantidades que despois terás que tirar. O consumo de alimentos, artesanía, etc. feitos en Galiza, por pequenas empresas e de xeito artesán, contribúe a reducir emisións e repercute nos teus veciños e veciñas máis próximos.

 

  • Merca o que sexa realmente necesario para vivir mellor: aínda que das famosas 3 erres (Reducir, Reutilizar, Reciclar) a que máis se difunde é a de Reciclar, con todo, é moito menos importante que Reducir. A redución do consumo é imprescindíbel para ir cara unha sociedade máis sostíbel que mude o modelo de consumo desbaldidor e dogmaticamente desenvolvementista baseado na produción constante de novas “necesidades”.

 

  • Se agasallas mascotas: non compres, adopta (mellor dun refuxio de animais), e ten en conta que a poidan coidar axeitadamente toda a súa vida. Ademais, evita agasallar animais ou plantas exóticas porque poden provir de ecosistemas en perigo, e porque a súa liberación no noso medio pode causar graves danos nos nosos ecosistemas.

 

A espiral consumista non nos fai máis felices; un consumo responsábel e respectuoso coa sustentabilidade socioambiental, axúdanos a vivir mellor con menos.

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print