Non votes a quen defende a Ence!


Unha volta máis -e nesta ocasión de forma máis patente e ruidosa- ENCE preséntase ás eleccións en Pontevedra, como fixo hai ben pouco nas eleccións xerais ao Parlamento do Estado, acadando uns resultados absolutamente desastrosos analícense como se analicen.

E agora, nas municipais, volven presentarse da man daqueles partidos que conforman a dereita do espectro político na nosa comarca, o triunvirato PP, Ciudadanos e Vox, uns partidos que poñen por riba da calquera outra proposta para a nosa comarca, a defensa de ENCE, por máis que ás veces o fagan de forma vergoñenta.

Desde a APDR pedimos á cidadanía que está pola recuperación da Ría, da explotación racional dos recursos marisqueiros e turísticos da comarca e pola diversificación de usos nos nosos montes, que non apoie co seu voto a quen defenden a permanencia ilegal de ENCE na nosa Ría, por ecoloxía, por economía e pola defensa da calidade de vida e a saúde das persoas.

Venres, 24 de maio de 2019

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print