Revalídase a presenza do PP en ENCE. Revalídase a corrupción


Os cambios recentes no Consello de Administración de ENCE, incluída a reelección de Isabel Tocino e o ascenso de Carlos del Álamo, dirixentes do PP que participaron en postos estratéxicos de gobernos estatais ou da Xunta de Galicia, obriga á Asociación Pola Defensa da Ría a facer unha valoración da traxectoria de CARLOS DEL ÁLAMO desde a súa participación nas administracións do PP ata actualidade:

O seu paso pola Xunta de Galicia (Director Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural en 1990-1996 e Conselleiro de Medio Ambiente en 1997-2003), inclúe uns dos momentos máis negros da natureza galega, facendo ouvidos xordos a calquera contacto coas organizacións sociais, en especial coas ecoloxistas:

– Nas diferentes crises de incendios (1995, 2000, 2002), lonxe de cuestionar as súas políticas forestais, como o desenvolvemento descontrolado do eucalipto, continua a posición inicial de Fraga (1995) de acusar a un suposto “terrorismo incendiario” de “bandas organizadas”, sinalando ás organizacións con posicións respectuosas co medio como os “beneficiarios dos incendios” e apuntando a unha “causalidade política”. 1, 2

– Na crise do Prestige en novembro de 2002, cando estaba de cazaría en Toledo con Manuel Fraga, a súa inacción e actuación patética provocou o seu rápido relevo. Mentres repetía que non había ningún espazo natural afectado, case a totalidade da costa galega foi afectada polo “chapapote”. Tralo relevo, “premióuselle” en 2013 coa presidencia do Patronato del Parque Nacional Illas Atlánticas, para avaliar unha situación derivada da súa anterior responsabilidade. Só durante 2002-2003, acumúlanse diversas denuncias pola concesión de oferta pública galega a empresas presididas ou ligadas a súa persoa.  3, 4, 5, 6, 7

Coa chegada de Isabel Tocino ao Ministerio de Medio Ambiente no goberno de Aznar en 1996, foi Director General de Conservación de la Naturaleza e Vicepresidente do Organismo Autónomo de Parques Naturales.

Desde 2008, representou directamente ao “lobby forestal” 8 como decano-presidente do Colegio-Asociación de Ingenieros de Montes, presidencia que combinou coa da Unión Profesional de Colegios de Ingenieros, ata 2016, desde cando preside o Instituto de la Ingeniería de España. En 2006, o Club Español de Medio Ambiente, grupo lobbista do ámbito da enerxía, concédelle a súa Medalla de Honor. 9, 10, 11, 12

En 2009, Carlos del Álamo foi elixido Consejero independiente de ENCE (104.000 € en 2018), chegando a ser Presidente da Comisión de Nombramientos y Retribuciones. Dita comisión recen propiciou a reelección como Consejera independiente a Isabel Tocino, Ex-Ministra de Medio Ambiente no goberno de Aznar, e peza crave na mediación co Presidente en funcións, Mariano Rajoy, para conceder unha prórroga a ENCE por 60 anos máis sen fundamento legal algún. É de dominio público o seu encontro o 21 de novembro de 2015 no estadio Bernabeu no partido Madrid-Barça, dous meses antes da concesión. 13, 14, 15

O 30 de abril de 2019, o Consejo de Administración de ENCE, ademais de mudar de Presidente, ascendeu a Carlos del Álamo a Consejero Coordinador, acumulando outro posto crave no organigrama da empresa. 16

Coa reelección de Isabel Tocino e o ascenso de Carlos del Álamo no seu Consello de Administración, ENCE consolida as portas xiratorias con dirixentes do PP que participaron en postos estratéxicos de gobernos estatais ou da Xunta de Galicia, cara a medrar a súa influencia e manter os seus privilexios.

Pese a esta estratexia de corrupción, desde a APDR non imos a renunciar ao saneamento e recuperación da Ría para a explotación racional dos recursos marisqueiros e das súas enormes potencialidades turísticas, nin á defensa dun monte que prime a diversificación de usos e especies. Obxectivos que non van ser posíbeis en tanto ENCE non abandone Lourizán, o que reclamaremos por todas as vías ao noso alcance.

  1. http://archivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/las-tramas-pol-ticas-del-fuego.pdf
  2. https://www.elperiodicodearagon.com/noticias/sociedad/donde-dije-trama_266124.html
  3. https://www.udc.es/dep/ps/grupo/varios/prest_es.pdf
  4. http://www.ceida.org/prestige/Documentacion/FEGAPrestige%20e%20Lics.pdf
  5. https://www.galiciadigital.com/nota.169.php
  6. http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/15508-custan-consultas-carlos-lamo
  7. http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/11240-cig-denuncia-quintana-polos-contratos-lume
  8. https://www.lavanguardia.com/vida/20171019/432157474162/industria-fuego-galicia-xabier-vazquez-pumarino.html
  9. http://www.upci.es/descargas/notasPrensa/20140623_DelAlamoReelegidoPresidente.pdf
  10. https://www.tendencias21.net/notes/Carlos-del-Alamo-nuevo-presidente-del-Instituto-de-la-Ingenieria-de-Espana_b9426627.html
  11. https://www.iies.es/nosotros
  12. http://www.clubcema.org/2016/12/09/comentarios-12/#
  13. https://ence.es/wp-content/uploads/2019/02/20190226-Informe-CdA-reelecci%C3%B3n-y-nombramiento_Final.pdf
  14. https://www.sermosgaliza.gal/opinion/ramon-varela-diaz/ence-ten-a-xunta-como-amiga/20190427100228078773.html
  15. http://encefora.gal/novaspublicadas/isabel-tocino-un-exemplo-das-portas-xiratorias-ence-pp-o-sabado-21-xunto-a-raxoy-no-bernabeu/
  16. https://ence.es/ignacio-colmenares-nuevo-presidente-de-ence-y-juan-luis-arregui-nombrado-presidente-de-honor-de-la-compania/
Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print