23 de marzo, deseucaliptización simultánea de Galiza: Xornada deseucaliptizadora en Lourizán


Brigada deseucaliptizadora do Sábado 23 de marzo en Lourizán:

Grazas ás máis de 30 persoas que participastes nesta xornada  …

dentro da campaña galega de deseucaliptización simultanea !!

Grazas á Comunidade de Montes de Lourizán pola súa implicación !!

Ver abaixo vídeos da primeira parte do acto onde aprendimos dos usos sostíbeis do monte e dos problemas que implica cando non se aplican (guiados por Iván Pérez, presidente da Comunidade de Montes de Lourizán e compañeiro da Apdr), antes de proceder a eliminación dos eucaliptos como forma de recuperación do territorio.

Ver fotos da actividade no noso faceboock facendo Click:

tamén podes facer click no número de cada foto

CON ESTE ACTO A ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA PARTICIPA NA DESEUCALIPTIZACIÓN SIMULTÁNEA DE GALIZA: as organizacións coma a APDR, que formamos parte da Plataforma Cousa de Raices, celebramos o Día Mundial dos Bosques cunha “Deseucaliptización Simultánea” por toda Galiza. O xoves, 21 de marzo, é o Día Mundial Forestal ou dos Bosques, declarado así pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para homenaxear a importancia de todos os tipos de bosque e intentar xerar conciencia aos respecto, no plano individual e colectivo, instando tamén ás administracións públicas a promover iniciativas que favorezan, protexan e respalden os bosques. Estes achegan á sociedade múltiples beneficios: mitigan o cambio climático, reteñen carbono, favorecen a provisión de auga, xean biodiversidade e paisaxe, son fundamentais para a conservación da natureza, ofrecen oportunidades para o desenvolvemento económico e son fundamentais para a vida.

O lema escollido este ano polas Nacións Unidas para celebrar o Día Mundial Forestal é “Aprende a amar o bosque”, mais consideramos que o primeiro será distinguir o que é un bosque do que non o é. Mentres que un “bosque” é un ecosistema natural complexo, dominado por especies arbóreas e a súa vexetación acompañante, no que habitan animais, fungos e microorganismos entre os que se establecen interrelacións perdurables no tempo; unha “plantación forestal” é un conxunto de árbores normalmente uniformes que se plantan unicamente polo seu interese comercial, e que adoita estar formado por especies alóctonas que non establecen interrelacións perdurables coas especies autóctonas. As plantacións de especies alóctonas (nomeadamente, as invasoras e dominantes) causan un forte impacto negativo sobre as especies forestais propias, o solo, os cauces fluviais, a biodiversidade e contribúen a favorecer os incendios forestais. É caso das superficies ocupadas co xénero Eucalytus, que a día de hoxe xa supera as 500.000 hectáreas, o que representa o 17% do total da superficie galega.

Ver nota de prensa de Cousa de Raices (20.03.19): https://cousaderaices.wordpress.com/2019/03/20/uns-20-colectivos-sumanse-a-deseucaliptizacion-simultanea-2019/

 

Ver abaixo vídeo onde Iván Pérez móstranos o estado dos montes de Lourizán e o problema da súa eucaliptización, onde urxe actuar. Nun segundo vídeo móstranos como está o monte un anos despois das lumes.

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print