ENCE: COMPROmiso coÁ CIDADANÍA
Nesta páxina facémonos eco desta murga: ver abaixo vídeos (e transcrición literal) da súa participación no entroido de Pontevedra o venres 08.03.2019 na Praza da Leña
- A XEFA DE CERIMONIAS fai soar un cencerro e berra: AO LADRÓN, AO LADRÓN!!!/ ACUDIDE, ACUDIDE!/ ACUDIDE, QUE NO LA QUEREN ROUBAR!/ QUE VAI SER DE NÓS…. QUE VAI SER DE PONTEVEDRA!
- CELULOSA: No os dejeis engañar / Vuestro futuro somos nosotros, la celulosa verde / Vuestro futuro somos nosotros, la celulosa verde / Cantad! No os dejeis engañar, / Vuestro futuro somos nosotros, la celulosa verde / No os jugueis vuestro futuro, cantad! / Cantad conmigo gloria a celulosa!
- CORO: CELULOSA, CELULOSA / EL FUTURO DE NUESTRA CIUDAD / CELULOSA, CELULOSA / EN LA RÍA TIENES QUE QUEDAR!
- CELULOSA: Atender, vengo a presentaros el nuevo plan social oficial de ENCE 2019, vamos a repartir 3 millones de euros!…. “3 milloooones de euuuuros”,
- PONTEVEDRA: ENTRE LOS COLECTIIVOS SOCIAAALES!
- CORO: ENCE TE QUIERO / ENCE YO TE ADORO / ERES LA REINA DE LOS INODOROS!
- CELULOSA e PONTEVEDRA empezan a cantar, coa música da lotaría, as cantidades ofertadas a cada colectivo. Para elo, PONTEVEDRA vai sacando dunha bolsa papeis cos temas, e ENCE vai sacando as cifras a entregar doutra bolsa: CONTRA O MEDIO AMBIENTE ….. 750.000 MIL EUROS / CONTRA AS INICIATIVAS CULTURALES …. …. …..
- CELULOSA e PONTEVEDRA seguen a cantar, coa música da lotaría, as cantidades ofertadas a cada colectivo: PARA LAS COFRARIAS DE MARIISCADORAS … TROPECENTOOSMIIL EEUROS
- UNHA PERSOA DO CORO: E UN BARCO! E UN BARCO!
- CELULOSA e PONTEVEDRA: BENEFICIOS NETOS EMPREESARIALES … 132 MILLOONES DE EEUROS! …
- A XEFA DE CEREMONIAS: HAN OBTENIDO UN REINTEGRO ESPECIAL DE 200.000 EUROS TODOS LOS COLECTIVOS SOCIALES SUMISOS A ENCE!
- CORO: EURIÑOS VEÑEN / EURIÑOS VEÑEN E VAN / SEN OS EUROS DA PEIDEIRA / NON VOU PODER RESPIRAR!
- A XEFA DE CEREMONIAS: ALERTA PONTEVEDRA! / Quérennos roubar o noso mellor tesouro! / Quérena levar para a praza do Obradoiro / para a cidade da Cultura / para o parque do Retiro / para a cidade dos Ánxeles / para o coro dos Arcánxos / para o limbo dos Xustos / ou para o Seo de Abraham…
- CORO: NON, NON, NON A LEVARÁN / A CELULOSA QUEIRAN OU NON QUEEIRAN / SEMPRE EN LOURIZÁN!
- A XEFA DE CEREMONIAS: Francia e Alemaña,… (CORO: NON A LEVARÁN) / Madrid e Barcelona,…(CORO: NON A LEVARÁN) / Os Estados Unidos,… (CORO: NON A LEVARÁN) / Os indios da China,… (CORO: NON A LEVARÁN) / Os chinos de Arxentina… (CORO: NON A LEVARÁN) / Nin pala Conchinchina,…. (CORO: NON A LEVARÁN)
- CORO: DE LOURIZÁN A NOSA CELULOOSA, NON A LEVARÁN! / NON, NON, NON A LEVARÁN / PRA A ECONOMÍA, FAINOS MOITA FAALTA, ENCE EN LOURIZÁN!
- PONTEVEDRA: EU, A Nova Pontevedra, a Pontevedra moderna, NACÍN o glorioso día, que baixo a éxida de Franco, CASEI con Celulosas.
- XEFA DE CEREMONIAS: VIVA PONTEVEDRA (CORO: VIVAAA!) / VIVA CELULOSA (CORO: VIVAAA!)
- ALGUÉN BERRA: Vivan os noivos (CORO: VIVAAAN! / PONTEVEDRA E CELULOSA bailan)
- PONTEVEDRA: Vimos de celebrar o ano 2018, ano no que conmemoramos o meu sagrado enlace coa Celulosa. Ese feliz e próspero matrimonio fecundou de eucaliptos todo o noso territorio, enriqueceu de metáis pesados a nosa ría, encántame! BAÑOUNOS EN PERFUMES, gañou os nosos corazóns e gobernou as nosas vontades derramando millóns de euros.
- CORO: ENCE TE QUIERO / ENCE YO TE ADORO / ERES LA REINA DE LOS INODOROS.
- PONTEVEDRA: ESTE É O MEU COMPROMISO: Se non puidésemos evitar que nos levasen a Ence de Pontevedra, EU comprométome a SEGUIR OS SEUS PASOS onde O DESTINO A LEVE. O que Franco uniu, non haberá DEUS que o separe!
- ENCE: NI DE COÑA!
- CORO: POONTEVEEEDRA!, CEELULOOOSA!,…
- PONTEVEDRA: Mais iso non vai acontecer, porque ese sagrado xugo que me ata a Celulosas vén de ser consolidado polos séculos dos séculos, grazas ó esforzo e ó talento do Ilmo. Marrano Rajoidido.
- CORO: MAARIAANO!, MAARRANOOO!, MAARIAANO! …
- PONTEVEDRA: Facendo uso do poder que teño e represento: Aclamo a don Marrano Fillo Peidilecto de Pontevedra e a Praza da Peregrina, pasará a chamarse “PRAZA DA GRANOSTIA”
- CORO: MAARIAANO!, MAARRANOOO!, MAARIAANO! …
- PONTEVEDRA: Agora ten a palabra o noso Grande Presidente, por favor, Don Lambertóo CÚ
- CORO: LAMBER-TÓO-CÚ …
- LAMBERTÓO: Xentes de Pontevedra! o que uniu Franco, non haberá DEUS que o separe….
- LAMBERTÓO: Xentes de Pontevedra! o que uniu Franco, non haberá DEUS que o separe.
- A XEFA DE CEREMONIAS: Compromiso número 1
- LAMBERTÓO: Pódome comprometer e comprométome a poñer una celulosa en cada cidade, unha celulosa en cada barrio, una celulosa en cada vila e en cada aldea. Non quedará nin un reconco nin una pateira sen una celulosa.
- CORO: LAMBERTOÓ CÚ! …
- A XEFA DE CEREMONIAS: Compromiso número 2
- LAMBERTÓO: Pódome comprometer e comprométome a plantar un eucalipto en cada horto, en cada leira, en cada fonte, en cada parque, en cada praza e substituír os cruceiros e as esculturas urbás por eucaliptos.
- CORO: LAMBERTOÓ CÚ! …
- A XEFA DE CEREMONIAS: Compromiso número 3
- LAMBERTÓO: Pódome comprometer e comprométome a que Galicia pase a chamarse “Reino Eucalipteiro de Galicia”
CORO: LAMBERTOÓ CÚ! …. - A XEFA DE CEREMONIAS: Compromiso número 4
- LAMBERTÓO: Pódome comprometer e comprométome a que o escudo de Galicia sexa unha celulosa con 7 EUCALIPTOSTIAS, ou máis se fai falta
- CORO: LAMBERTOÓ CÚ! ….
- A XEFA DE CEREMONIAS: Compromiso número 5
- LAMBERTÓO: Pódome comprometer e comprométome a que o nos lema será: Galicia non se vai despoboar mentres haxa un eucalipto que plantar!
- CORO: Non teñas fillos, Non teñas fillos / Que ao final van emigrar / Planta eucaliptos nos eidos / Toda Galicia arderá
- Entre PONTEVEDRA, Lambertóo e CELULOSA: Todo pontevedrés está obrigado a:
Ter devoción de todo corazón á Santa Celulosa
E tense que acostumar
A comer e cheirar
Polos anos dos anos
Os meus mercaptanos. - CORO: AMÉN.
- Canción de despedida: ENCE TE QUIERO / ENCE YO TE ADORO / ERES LA REINA DE LOS INODOROS.
FIN