Xornada de eliminación de eucaliptos en Lourizán o 10 de novembro


Última hora: Finalmente temos que suspender a Xornada de eliminación de eucaliptos porque persiste o temporal para este sábado. Grazas a todas as persoas que vos apuntastes! Informaremos da nova data.

XORNADA.deseucaliptizacion-adiado

deseucaliptizacion

Apúntate á brigada deseucaliptizadora do Sábado 10 de Novembro!

A APDR organiza unha “Xornada de eliminación de eucaliptos” no Regueiriño, Lourizán, o vindeiro sábado 10 de novembro.

Saída: ás 10.00h na Estación de Autobuses de Pontevedra (cara ao Campo da Festa do Regueiriño)

Levade: botas, luvas de traballo e ferramentas se tedes (machadas, martelos, …)

Anotádevos: escribindo unha mensaxe a apdr@apdr.info ou chamando ao 666 621 438

Nesta Xornada de eliminación de invasoras guiaranos o noso compañeiro e presidente da Mancomunidade de Montes de Pontevedra, Iván Pérez. No vídeo de abaixo móstravos o estado dos montes de Lourizán: a diferenza do monte comunal e o monte a eucalipto, onde urxe actuar.

Ver tamén o vídeo sobre cómo está o monte un ano despois:

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print