A APDR invita a participar na Bicifestación do domingo 28


5985C92F-5E09-422F-87D0-81FD4EAE4A0E

A Asociación Polá  Defensa dá Ría, amosa o seu apoio e anima á participación na “Bicifestación: paseo peonil e ciclista Pontevedra-Marín” convocada pola “Asociación Peladadas” este domingo 28 de outubro:

Aínda que no seu día na APDR fixemos alegacións contra o paseo peonil e ciclista proposto pola Xunta de Galicia por non concordar con moitas das actuacións presentadas no mencionado proxecto, e tendo en conta que a nosa maior oposición ven de mán dá necesidade de eliminar previamente da zona o complexo de ENCE-ELNOSA (que supón o principál freo ao uso e disfrute de peóns e bicis), desde  a APDR queremos dar o noso apoio á Bicifestación convocada pólo colectivo Peladadas para este vindeiro domingo. En efecto, e mentres non se chegue á solución definitiva proposta  pola nosa Asociación e ansiada por unha ampla maioría dá poboación dá comarca, a asociación reivindicará que se use e potencie o uso desta via como paseo peonil entre Pontevedra e Marín. A APDR ten o convencemento de que a mobilización peonil e en bicí, que supón a realización de proxectos de baixo custo económico, pódese converter nun atractivo turístico da comarca e nun motor económico sustentábel, fomentando ademáis, actitudes saudábeis entre a cidadanía e unha maior calidade de vida para as persoas.

Neste sentido chamamos a participar nesta “Bicifestación” e a mudar de costumes pola diminución do tempo de uso dos vehículos a motor, que supoñen un aumento dá contaminación do noso ambiente.

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print