Ver VÍDEO anunciando a Marcha: en https://twitter.com/defensadaria/status/1005892258401538055 |
Abaixo desta páxina poderás acceder a fotos e vídeos da Marcha
Debaixo da fábrica están as praias,….
Recuperémolas!
Cúmprense agora 50 anos do chamado “Maio do 68” e a consigna met
afórica “baixo os adoquines está a praia” cobra sentido en Lourizán! Porque aquí é certo: DEBAIXO DA FÁBRICA ESTÁN AS NOSAS PRAIAS… está A MELLOR PRAIA MARISQUEIRA DA RÍA! Recuperalas é hoxe unha das nosas consignas e foi sempre un dos nosos obxectivos.
E para conseguilo, é necesario eliminar o complexo ENCE-ELNOSA, un complexo industrial ilegal que contou sempre coa conivencia submisa dos gobernos do PP e que conseguiu as AAI de forma irregular de mans do goberno bipartito da Xunta. É necesario reverter a situación sobrevida pola indecente prórroga de 60 anos a ENCE, e decretar a caducidade da concesión de ELNOSA. E o PSOE, que se declarou contrario á prórroga comprometéndose a derrogala, e que goberna agora no estado español, pode
facelo! O PP non decretou a continuidade de ELNOSA e deixa a decisión nas mans do PSOE, que non ten máis que aplicar a lei e decretar a caducidade da concesión. Esiximos desde xa que o faga e que impida a continuidade de ELNOSA en Lourizán como primeira medida para o peche definitivo do complexo.
Porque o peche do complexo é necesario para recuperar a Ría, pero permitirá tamén mudar a política forestal e poñer fin á eucaliptización. Porque ENCE non é un problema local! Por iso esta MARCHA é tamén o fin de festa da campaña a prol da ILP PARA A DEFENSA DO BOSQUE AUTÓCTONO E CONTRA OS LUMES FORESTAIS auspiciada por COUSA DE RAICES, CIG, FRUGA, e ORGACCMM e na que a APDR xogou un importante papel na comarca.
Na APDR non renunciamos á loita e seguirémolo a facer por todos os medios ao noso alcance, tanto pola vía xudicial como -sobre todo- coa mobilización social. E, unha vez máis, chamamos á cidadanía a mobilizarse na defensa do ben común e contra os privilexios empresariais, participando nesta nova MARCHA CONTRA CELULOSAS!
HOXE ELNOSA! MAÑÁ CELULOSAS!
SÁBADO 16 DE XUÑO ÁS 19:30
MARCHA CONTRA CELULOSAS
SAÍDA DAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA
- Ver fotos da recollida de sinaturas en Pontevedra e Marín no noso facebook
- Ver Álbum de fotos da MARCHA CONTRA CELULOSAS no noso facebook
- Ver Álbum de fotos da Marcha contra Celulosas 2018 de Miguel Morales en: https://photos.google.com/share/AF1QipPFCQIw7WeFfIQ-ap0dG4af0wqr1vaKWjCKqvpaTM14-HJ7BXheGxwLJBeaZOHp0A?key=U3pQa2gxU1dmWHQ3cnJWVlJfZ1BHSkloVmg1R1RB
- Ver Álbum de fotos da Marcha contra Celulosas 2018 de Galiza Contrainfo en: https://www.flickr.com/photos/47009921@N02/sets/72157697682011504
- Descarga o MANIFESTO lido ao fin da Marcha
- Ver abaixo parte da intervención de Antón Masa (Grazas a Nery Díaz pola grabación):
- Ver abaixo vídeo da Intervención da Presidenta de ADEGA Virxinia Rodríguez, en nome dos colectivos que formamos parte de “Cousa de raices”, agradecendo a participación na ILP en defensa do bosque autóctono:
- Ver abaixo vídeos da lectura de dito manifesto por Antia Mariño e fin do acto: