Fai click para descargar o programa en PDF
CICLO DE CONFERENCIAS “30 ANOS NA DEFENSA DO MEDIO”
No Teatro Principal ás 20:30 h
MÉRCORES 21 DE FEBREIRO
Fundamentos biolóxicos das alteracións dos transvasamentos nas bacías hidrográficas.
FERNANDO COBO, Director do Centro de Hidrobioloxía da USC.
Presenta Fernando Malvar, membro da Plataforma para a Defensa do rio Verdugo.
Abórdase a problemática dos transvasamentos, un tema que cobra actualidade polo pretendido na bacía do río Verdugo, e de enorme interese para quen sente a preocupación da defensa do medio. En efecto, os transvasamentos provocan variacións bruscas do caudal dos ríos, e inciden negativamente sobre a flora e a fauna do ecosistema e sobre a propia natureza dos ríos. Ver fotos do acto no noso faceboock
XOVES 22 DE FEBREIRO
A ILP para a protección do bosque autóctono e a loita contra os lumes forestais.
IVÁN PÉREZ BERJANO, Presidente da Mancomunidade de montes de Pontevedra.
Presenta Antón Masa, Presidente da APDR.
Fronte ao modelo de explotación do monte galego, intensamente forestalista, que aposta pola produción de madeira con pouco valor engadido, con especies alóctonas pirófilas como o eucalipto e o piñeiro (caldo de cultivo dos lumes forestais), a ILP propón -entre outras cousas- a diversificación de usos, a moratoria para a plantación de eucaliptos, e medidas de mitigación dos lumes forestais e a protección do patrimonio. Ver fotos do acto no noso faceboock.
MÉRCORES 28 DE FEBREIRO
Alternativas económicas ao cultivo de eucalipto.
ISABEL VILALBA, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego.
Presenta Iván Pérez Berjano, vocal da APDR.
Tratarase da necesidade de diversificar os usos do monte, analizando desde o punto de vista económico e social aquelas alternativas de maior interese fronte ao monocultivo de eucalipto, o uso que hoxe prevalece nos nosos montes e que -mesmo desde o punto de vista económico- semella aportar pouca rendibilidade.Ver fotos do acto no noso faceboock.
XOVES 1 DE MARZO
A importancia dos bosques na protección dos humedais.
ADOLFO CORDERO, Director do Laboratorio de Ecoloxía Evolutiva da Uvigo.
Presenta Benito Andrade, Vicepresidente da APDR.
Os valores ecolóxicos e de reserva da biodiversidade dos humedais, están fóra de toda dúbida; pero, ademais, estes importantes ecosistemas aportan notábeis beneficios ás nosas vidas. Afróntase nesta charla o estado de conservación das brañas, xunqueiras, marismas,… na Galiza e a importancia que os distintos bosques teñen na súa protección.Ver fotos do acto no noso faceboock.