Pontenciencia, biodiversidade, saúde humana e ambiental


O pasado 3 de xuño en Pontevedra, en vésperas do día mundial do medio ambiente, os actos contra a eucaliptización e a marcha contra celulosas coincidiron coa clausura da edición 2017 de Pontenciencia, feira da miniciencia de proxectos de investigación no ámbito escolar.

1.- En dita edición unha familia presentou un experimento sobre “a biodiversidade dos eucaliptos” mostrando os organismos que conviven nunha especie autóctona e a ausencia deles no caso do eucalipto. Nesa liña, un estudo publicado  recentemente polos investigadores do Laboratorio de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación (ECOEVO) da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo e levado a cabo en 16 afluentes do río Lérez, non só constatan que os eucaliptais diminúen a “riqueza de macroinvertebrados e a biodiversidade”, senón  que tamén aumentan a probabilidade de secar o arroios completamente no verán.

Mentres, empresas como ENCE  e a patronal galega  da madeira seguen apoiándose en teorías “negacionistas” e en portas xiratorias coa administración estatal e autonómica para evitar o recoñecemento do eucalipto como ESPECIE FORÁNEA INVASORA, inimiga da biodiversidade e a sustentabilidade, e amiga das lumes e a desertización.

Ver artigos sobre o estudo do grupo ECOEVO en Animal Biodiversity and Conservation  e na Revista CERNA. Ver fotos d@s investigador@s abaixo:

gal1

O rego de Maneses, en campo Lameiro foi unha das superficies analizadas

gal2

As investigadoras, tomando mostras

gal3

O rego de As Pozas, en Campo Lameiro

Fonte das fotos: U. Vigo

gal4

A través de redes, analizouse a presenza de macroinvertebrados no fondo dos regatos

2.- Por outra banda, na edición de 2014 de Pontenciencia, unha familia acadou o 1º premio no ámbito de investigación familiar, co experimento ”Planti-WiFi, as plantas gústalles o Wi-Fi?”  observando como “as sementes expostas directamente as radiofrecuencias” do Wi-Fi e dun teléfono Dect xerminaron menos, máis tarde e desenvolveron menos,  e o deterioro das follas das plantas expostas. Xa no 2012, alumnos ourensás de 4º da ESO no IES O COUTO, gañaron o certame estatal “Es de libro  cunha investigación que tamén describía a influencia negativa das radiacións dos teléfonos móbiles no crecemento das plantas e a xerminación das sementes. En 2015  o chamamento Internacional  á OMS e á ONU de 225 científicos e expertos de 41 países, con artigos revisados entre pares sobre os efectos biolóxicos ou sobre a saúde dos campos electromagnéticos, alerta e demanda protección ante ditas radiacións que “afectan aos organismos vivos moi por debaixo das directrices internacionais e nacionais”, detectando “aumento de risco de cancro, estrés celular, aumento de radicais libres daniños, daños xenéticos, cambios estructurais e funcionais do sistema reproductor, déficit na aprendizaxe e a memoria, trastornos neurolóxicos e efectos negativos no benestar xeral dos seres humanos”; como recollen distintas revisións bibliográficas como o Informe BioInitiative  (2007-2012-2014), ou a Monografía do ICEM  (2010) e o informe do C4ST  (2017).

3.- A Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA), no seu volume II da Monografía “Leccións tardías de alertas temperáns”  de 2013, apelaba a aplicar xa o principio de precaución a estes PROBLEMAS EMERXENTES das “Especies foráneas invasoras” (capítulo 20) e da contaminación electromagnética das radiofrecuencias da “telefonía móbil” (presentes nas redes Wi-Fi e outros dispositivos sen fíos), especialmente na poboación infantoxuvenil (capítulo 21).

TERÁN ESTES EXPERIMENTOS ESCOLARES máis atención da administración central e autonómica que a que tiveron os consellos de cautela da AEMA ?

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print