No paso do “Tramabus” por Lourizan este venres 5 de maio, a APDR aproveitou para denunciar unha vez máis a trama político-familiar ENCE-XUNTA-PP que consolida a ENCE na Ría.
Ver abaixo artigos da publicación da APDR “RÍA ABERTA” de Novembro de 2014 dedicada á CORRUPCIÓN AMBIENTAL EN PONTEVEDRA:
DESTAPAMOS A TRAMA ENTRE ENCE E A XUNTA DE GALICIA
Hai xa moitos anos que na ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA (APDR) vimos denunciando a existencia dunha relación de conivencia entre as direccións de ENCE e ELNOSA e as distintas administracións, unha situación que -entre outras cousas- ten permitido que estas dúas empresas incumpran sistematicamente a lexislación ambiental de aplicación e a concesión de forma irregular das correspondentes Autorizacións Ambientais Integradas (AAI), feítas “a carta” e contrarias ao establecido na Lei 16/2002 que regula a súa concesión e ao Real Decreto 509/2007 que desenvolve a citada Lei.
A aplicación do acordo de supramunicipalidade da Xunta de Fraga para pasar por riba das competencias urbanísticas do Concello de Pontevedra, ou a fixación de niveis de contaminación superiores aos permitidos pola lexislación, son só uns exemplos desta irregularidade.
Pois ben, podemos afirmar agora que esta tolerancia na transgresión da normativa viuse amparada pola existencia dunha verdadeira “trama familiar” que pon en evidencia aos distintos gobernos autonómicos, desde a Xunta de Fraga á de Feijoo pasando polo goberno bipartito que, como é sabido, foi quen concedeu as AAI que nos ocupan no ano 2008. Hoxe sabemos que o director de ENCE-Pontevedra, Antonio Casal Lago, está casado con M” José Echevarría Moreno, actualmente Subdirectora Xeral de Coordinación Ambiental da Xunta de Galicia e con anterioridade (desde o 2002 ao 2009) Subdirectora Xeral de Calidade Ambiental; e todo indica que, ademais, debe ser irmá da responsábel industrial da fábrica de ELNOSA, Amaya Echevarría Moreno.
E chegados a este punto, convén saber que entre as funcións asignadas pola Xunta de Galicia á Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental, hai varias que afectan de forma mais que evidente ao control da actividade das empresas potencialmente contaminantes, entre as que -por suposto- se atopan tanto ENCE como ELNOSA. En efecto, a realización de actividades encamiñadas ao cumprimento da normativa ambiental, o seguimento dos riscos e responsabilidades ambientais, o seguimento e a inspección ambiental e a tramitación dos expedientes sancionadores ás empresas contaminantes, son aspectos que teñen moito que ver co complexo industrial de Lourizán, un complexo industrial cunha historia de incumprimentos suficientemente longa como para ocupar boa parte do tempo de traballo da persoa que se ocupa destas funcións.
Neste sentido, a ausencia de expedientes abertos pola administración da Xunta a estas empresas a pesar das numerosas denuncias interpostas contra elas por moi diversos cuestións medioambientais, só se pode entender pola relación familiar que vimos dedenunciar.
Pero é que, ademais, ternos probas de que M” José Echevarría ten participado na tramitación das AAI de ENCE e de ELNOSA, tramitadas respectivamente polo seu marido e pola súa irmán, como as ternos de que ten participado na tramitación da solicitude da central de biomasa de ENCE. Abonda con ver algúns dos documentos probatorios desta participación da Subdirectora Xeral nestes asuntos.
E, para pechar o círculo da trama, debemos indicar que a actual Subdirectora Xeral de Coordinación Ambiental da Xunta de Galicia, accedeu ao seu primeiro cargo na Consellería de Medio Ambiente da man do daquela Conselleiro, Carlos del Álamo, que en canto deixou o seu cargo público pasou a formar parte da nómina de ENCE como membro do seu “Consejo de Administración”, unha práctica á que -por desgraza- téñennos acostumados/as moitos cargos públicos e que se ven utilizando desde as direccións das empresas como forma de pago aos servizos prestados pola administración.
AS PORTAS GIRATÓRIAS, ENCE E O PP
Escuitarmos a expressom portas giratórias aplicada as amizades perigosas entre cargos políticos e grandes empresas convertiu-se nalgo habitual nos meios de comunicaçom e entre a opiniom pública, especialmente durante estes anos de crise económica, social e política onde a corrupçom político-empresarial se convertiu num dos principais motivos de indignaçom social.
Com ela identifica-se o excelente trato recebido por importantes políticos por parte das empresas que, de umha forma ou outra, resultárom favorecidas palas decisons tomadas por aqueles. Um exemplo claro é o das empresas privatizadas que, passado um tempo, incorporam como conselheiros ou assessores os mesmos ex-políticos que mal vendérom o património público, premiando-os com salários escandalosos por nom se sabe bem que trabalho.
É claro que é de bem-nascidos ser agradecidos, e estas empresas som-no com quem as beneficiárom, e de que maneira…
Os exemplos som numerosísslmos, ainda que os mais conhecidos som os casos de Felipe González ou José María Aznar. O primeiro convertiu-se em “conselheiro” de Gas Natural por 126.500 euros anuais (em 1994 privatizara Enagas e vendera esta empresa a Gas Natural, casualmente) e o segundo é “assessor” de Endesa, empresa privatizada polo seu govemo em 1998, cobrando 200.000 euros anuais.
De umha maneira mais ampla, as portas giratórias som indicativas das estreitas relaçons entre diferentes govemos e grandes empresários. Entre as empresas e osprincipais partidos políticos.
As pessoas do comum podemos votar cada quatro anos e mesmo podemos protestar quando nom gastamos das decisons do govemo de turno, mas as grandes empresas tenhem umha capacidade muito maior de influir e mesmo impor políticas gerais e decisons concretas que as favoreçam, ainda que estas prejudiquem a maioria da sociedade.A recente modificaçom da Lei de Costas com a que o PP quer beneficiar empresas como ENCE é o melhor exemplo disto.
Este fluido e continuo passo da política a empresa privada e vice-versa leva a pensar onde está o limite entre um esparço e ou outro.
ENCE Energía y Celulosa nom é um caso aparte. A empresa que leva mais de cinco décadas contaminando a nossa Ria, destruindo empregos, impedindo o desenvolvimento de alternativas económicas sustentáveis e transformando Galiza num deserto verde, também canta no seu Conselho de Administraçom com destacadas e destacados políticos do PP que formárom parte de govemos espanhóis e da Junta da Galiza.
A ex-ministra de Meio Ambiente Isabel Tocino (1996-2000) e o ex-conselheiro de Meio Ambiente Carlos del Álamo (1997-2003) som atualmente “conselheiros independentes” de ENCE. Cumpre lembrar que oprocesso de privatizaçom de ENCE finalizou em 2001, como PP no govemo, e que tanto Tocino como Del Álamo estám relacionados com empresas e organismos vinculados a setores como a energía ou a consultoría e o controlo ambiental.
E é precisamente o PP, tam bem relacionado com ENCE, quem tem que decidir sobre a continuidade da pasteira em Louriçám .
Apesar da palavraria sobre a democracia e opoder do povo, sabemos bem que importantes decisons som tomadas em grandes despachos ou em reservados de luxosos restaurantes, antes que nos parlamentos ou nos conselhos deministros.
Portas giratórias significam, em fim, corrupçom legal ou ilegal e privilégios para umha elite de políticos e empresários que, conjuntamente, governam para favorecer os seus interesses e em contra da maioria do povo e da natureza.
Nom podemos consentir que se riam de nós.
Descarga Ría Aberta de 2014 en: https://www.apdr.info/RIa.Aberta/Ria%20Aberta_Novembro2014.pdf
Ver abaixo estractos do Libro Branco de ENCE (outubro 2015):
Quen son actualmente os propietarios?
O accionista maioritario é o empresario vasco Juan Luis Arregui quen preside o consello de administración da compañía dende o ano 2006. Ignacio de Colmenares, Javier Echenique, José Ignacio Comengue, Pascual Fernández, Óscar Arregui, Víctor Urrutia, Gustavo Macías, Isabel Tocino, José Carlos del Álamo, José Guillermo Zubía, Pedro Barato e Fernando Abril-Martorell séntanse no consello de administración da firma. Ningún é pontevedrés nin galego
Existe algún vencello entre o PP e Ence?
Hai varias persoas que utilizaron claramante a porta xiratoria. Tras pasar por altos cargos da administración pública acabaron no Consello de Administración de Ence. Isabel Tocino Biscarolasaga, quen foi ministra de Medio Ambiente no Goberno de José María Aznar, durante o período 1996-2000; José Carlos del Álamo Jiménez, que foi director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Xunta de Galicia (1990-1996) e en xuño de 1996 foi nomeado director xeral de Conservación da Natureza do Ministerio de Medio Ambiente e vicepresidente do Organismo Autónomo de Parques Nacionais. Un ano máis tarde, en 1997, incoporouse ao goberno de Fraga como conselleiro de Medio Ambiente, até 2003. Tamén está Pascual Fernández Martínez, que foi Secretario de Estado de Augas e Costas do Goberno de Aznar, con Jaume Matas como ministro de Medio Ambiente. Hoxe é decano do Colexio de Economistas de Madrid.
Algún cargo máis da empresa está relacionado co poder político e empresarial?
Unha alta funcionaria autonómica, María José Ecehevarría, subdirectora xeral de Coordinación Ambiental da Xunta de Galiza é familiar do director da fábrica de Ence-Pontevedra, Antonio Casal. Outro membro do Consello de Administración é Fernando Abril Martorell, fillo de quen fora vicepresidente do Goberno e Ministro de Economía cos primeiros gobernos de Adolfo Suárez (1978-80). Pedro Barato Triguero foi secretario da organización empresarial agraria Asaja, próxima ao PP.
José Guillermo Zubía encabezou a CEOE vasca, chamada Confebask. Outros significados empresarios son Victor Urrutia Vallejo e José Ignacio Comenge, dous membros do Consello da unificada Cocacola Iberian, que pretendían ilicitamente pechar plantas da compañía. Tamén forman parte o empresario do aceiro Ignacio Colmenares (é o conselleiro delegado) e Javier Echenique, relacionado con Repsol, o Banco Sabadell e a construtora ACS.
Descarga “O Libro Branco de ENCE” (outubro 2015) en: http://www.encefora.gal/O-Libro-Branco/files/assets/common/downloads/page0001.pdf