No día da terra contra a eucaliptización de Galiza


No Día da Terra, máis de 60 colectivos solicitamos o freo á eucaliptización de Galicia

Con motivo do Día da Terra, todos os colectivos e persoas que conformamos o movemento “Cousa de Raíces” (incluida a APDR), xunto coa Asemblea  contra a eucaliptización de Compostela, convocamos unha concentración contra a eucaliptización de Galicia o sábado, 22 de abril, en Santiago de Compostela. Entre ás 12.00 e 13.30 horas dese día a Praza do Obradoiro converteuse nun grande eucaliptal como mostra do desleixo co que a Administración galega está a tratar as plantacións ilegais de eucaliptos en agras, bosques de frondosas ou riba de xacementos arqueolóxicos e outros elementos patrimoniais que forman parte da nosa historia e cultura. Neste acto, Anxo Moure, o contacontos coñecido como “O carballo con botas” leu un manifesto  no que se lle reclama a Xunta que aplique varias medidas para evitar que Galicia se converta nun inmenso eucaliptal, entre as

que se promulga a moratoria ás novas plantacións de eucalipto, a prohibición da variedade nitens, e promover e incentivar outros usos do monte máis sostibles e que favorezan o

Koala-Obradoiro

asentamento no medio rural.

Ver o MANIFESTO e as IMAXES máis impactantes do acto. Grazas a todas as persoas que contribuíron a esta importante causa!

MANIFESTO:

Pola nosa natureza, polo noso patrimonio, abonda xa de eucaliptos!

Texto do manifesto l

ido por Anxo Moure (o Carballo con Botas) na concentración do Obradoiro:

Compostela, 22 de abril, Día da Terra.

O eucalipto ocupa xa na Galiza máis de medio millón de hectáreas, un 17% do noso territorio. Está presente nos nosos montes, mais tamén nas terras de cultivo, nos espazos naturais, enriba dos xacementos arqueolóxicos… Semella que para a industria do eucalipto non existen limitacións: todo vale con tal de seguir engordando a conta de beneficios das celulosas.

Hoxe eiquí nesta emblemática praza, queremos visibilizar a impunidade coa que os plantíos de eucalipto ocupan espazos de alto valor natural e patrimonial, perante o silenzo ou a colaboración cómplice da Xunta. Esta aparente desfeita, esta vergoñenta estampa non está moi lonxe do que arestora está a acontec

er nos nosos Parques Naturais, na nosa Rede Natura, sobre os nosos xacementos arqueolóxicos, enriba das nosas terras produtivas, nas que troques de medrar alimentos medra a pasta de ENCE.

Todo pola Pasta! É o lema da celulosa, dona xa do monte galego. Ave eucaliptus! É a divisa da Xunta que, obediente, rende o noso país ao monocultivo agardando polas prebendas e os retiros dourados nos consellos de administración da industria pasteiro-enerxética.

Diante deste panorama, os máis de 60 colectivos que facemos parte da rede “Cousa de Raíces”, da Asemblea contra a eucaliptización de Compostela e persoas a título individual queremos berrar ABONDA XA! Non todo vale: esiximos respecto! Respecto pola lexislación que a propia administración teima en incumprir; respecto polo noso territorio, para que Galiza non remate sendo un completo eucaliptal, un inmenso deserto verde baleiro de patrimonio e de xente. E respecto en definitiva, por nós mesmos, por nós mesmas, porque merecemos vivir nun país ceibo da ditadura do eucalipto.

cartaz-contra-a-eucaliptizacic3b3n

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print