Luns 13 de febreiro ás 12h CONCENTRACIÓN diante da Deputación de Pontevedra para que non se lle permita a ENCE facerse co Pazo de Lourizán‼️
Concentración co motivo da entrevista de Alfonso Rueda (vicepresidente da Xunta e presidente provincial do PP), con Carmela Silva e Cesar Mosquera (presidenta e vicepresidente da Deputación de Pontevedra) onde se debaterá a proposta de ceder o Pazo de Lourizán a ENCE (para un centro de investigación) a cambio de financiar unhas obras de rehabilitación que tiña a obriga de facer a XUNTA.
O patrimonio é de tod@s e debemos materlo entre tod@s para garantir a súa función pública e o ben común. O noso patrimonio non se vende, e as nosas conciencias tampouco. Se Ence quere realmente invertir no progreso da parroquia e da comarca, o mellor que pode facer é aforrar eses cartos que está desposto a aportar (para o Pazo de Lourizán, para a depuradora e para mercar as vontades das entidades sociais), para pagar o peche definitivo en Lourizán en 2018 e a reversión dos terreos ao seu estado orixinal.
Ver Vídeo en PontevedraViva.com:
Ver Galería de fotos en PontevedraViva.com a partir de la foto nº 11: http://pontevedraviva.com/galeria/2816/reunion-xunta-deputacion-pazo-lourizan/