A Comisión Europea confirma que a Xunta incumpre a directiva sobre verteduras a ENCE


A APDR realizou una rolda de prensa xunto a Ana Miranda, a voceira do BNG en Bruxelas que redactou unha pregunta parlamentar a Karmenu Vella (Comisario de Medio Ambiente, Asuntos Marítimos e Pesca) sobre a prórroga de 60 anos a ENCE: “como pensa actuar a Comisión Europea ante esta corrupta e fatídica decisión que vai consolidar unha situación de incumprimento e que está en contradición coa lexislación europea de medioambiente?”. Esta pregunta facíase eco das denuncias da APDR sobre os incumprimentos de ENCE en materia de verteduras, negados pola Xunta de Galicia e pola propia factoria, por non aplicar os criterios da Directiva 91/271/CEE sobre o tratamento das augas residuais urbanas que incluen as verteduras industriais cando van mesturadas coas de orixe doméstico.

A “gran sorpresa” foi que en marzo de 2016 o comisario da a razón a APDR cando responde aclarando que as augas residuais da fábrica de pasta de papel ao verterse a través dunha instalación de tratamento de augas residuais urbanas, como é o emisario submarino, aplicaranse as condicións da Directiva 91/271/CEE sobre o tratamento das augas residuais urbanas, cousa que sempre negou a Xunta de Galicia.

Ana Miranda afirma que “a Comisión é clara con este argumento” e considérao como “un gran varapau que se lle está dando a todas estas eminencias da Xunta e do Goberno central que están a se amparar noutra directiva” que é “entre 2 e 3 veces máis permisiva na concesión das últimas Autorizacións Ambientais Integradas a ENCE e que serviu de xustificación ao goberno central en funcións para conceder unha prórroga a ENCE de 60 anos máis. A resposta do Comisario europeo “déixanos unha vía aberta para que denunciemos xudicialmente”, xa que a Comisión considera que os órganos administrativos ou xudiciais nacionais encargados da execución das directivas mencionadas “son os principais responsables de comprobar a situacións de incumprimento e os que dispoñen dos medios necesarios para resolver o problema se as preocupacións son xustificadas”. “Estamos ante un incumprimento de dereito e un engano á cidadanía durante todos estes anos“. Ana Miranda volverá a preguntar ao Executivo comunitario para interesarse por como se dirixirá ás autoridades españolas para que esixan o cumprimento das normativas.

A sentenza do 10 de marzo da Sala sexta do Tribunal de Xustiza da U.E. conclúe que o Reino de España incumpre a Directiva 91/271/CEE e que, como consecuencia deste incumprimento, as augas da Ría non reúnen as condicións de calidade esixidas para unha zona declarada como zona sensíbel. Esta senteza ten a súa orixe na queixa 99/4473 presentada pola APDR diante da Comisión Europea.

Dende a APDR lémbramos que os permisos de vertidos de ENCE (e de ELNOSA que tamén verte no emisario submarino) na Ría de Pontevedra se estiveron a facer de forma ilegal e a nosa intención é levalo pola vía xudicial, xa que “unha das causas da caducidade da concesión de ENCE é que se supera o volume da demanda bioquímica de osíxeno nas augas residuais verquidas á ría”.

Watch video!

  • Ver nota de prensa do 2015 sobre a participación dunha delegación da APDR en Bruxelas o mércores 2 de decembro de 2015 na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo, invitada pola eurodeputada galega Lidia Senra (AGE). Nesta Comisión preguntamos pola denuncia presentada en maio de 1999 diante da Dirección Xeral de Medio Ambiente da UE, na que a APDR esixía iniciativas europeas para conseguir a eliminación dos vertidos na Ría, denuncia que incluía aos vertidos de ENCE e que deu lugar a apertura dun procedemento sancionador contra o Estado español. Ver abaixo fotos da delegación da APDR na Comisión de Medio Ambiente e na entrada do Parlamento Europeo:

bruxelas-02-12-2015-2bruxelas-02-12-2015

 

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print