Sr. Pérez, No Diario de Pontevedra do 16 de novembro, baixo o título “La APDR contraataca”, verte Vde. unha chea de valoracións coas que non podemos concordar. Saiba que na APDR nin cremos ter a verdade absoluta de nada nin profetizamos desastre ningún; sempre falamos en base a datos oficiais. […]