Galería cortesía de Galizacontrainfo.org
Este ano unha vez máis participamos na manifestación de Touradas Fóra de Pontevedra, convocada con lema NIN CONVENIO NIN TOURADAS. Nesta campaña persoas do mundo da cultura e o ensino asinaron o manifesto do colectivo e 116 entidades do ámbito social deron o seu apoio a súas reivindicacións. Antes de que a atriz Maika Braña dera leitura ao comunicado final, denunciáronse a vaga de incendios que sofremos nos últimos dias e todos os anos, exisindo medidas profundas e reais para conseguir evitalos e anunciando a vindeira convocatoria da APDR do xoves 18.
Ver Video de GzVideos.
Ver Faro de Vigo, PontevedraViva.com, Diario de Pontevedra, 20minutos, Lasexta, sermos Galiza, Galizaconfidencial.