INVESTIGACIÓNS

As operadoras de telefonia móbil (apoiada en moitos casos polos mesmos asesores das tabaqueiras que fixaban estándares para as probas científicas para impedir demostrar que o fume do tabaco é daniño) inténtanos convencer, dende os seus intereses económicos, de que non pasa nada e que non se pode demostrar perigo algún para a saúde no seu caótico despregamento actual. Son moitos os estudos independentes e informes técnicos (incluindos os das distintas administracións públicas) que, a pesar da forte presión a que están sometidos, aluden a un uso racional da telefonía móbil baseada no principio de precaución (telefonía móbil regulada en base a criterios de saúde e evitación de riscos). Esta páxina intenta dar voz a aqueles estudos independentes e aos profesionais que os apoian.


EMFacts Consultancy. Web establecida en 1997 como fonte independente da información sobre os temas de saúde e de seguridade relacionados coa exposición humana á enerxía electromágnetica, cos resumes das recentes investigacións dos efectos dos CEM sobre a saúde.

Selección recopilada pola Asociación Vallisoletana de Afectados por Antenas de Telecomunicaciones "con abundantes artigos científicos orixinais clasificados por doenzas ou síntomas. Dedicada expresamente a biólogos, médicos e investigadores con coñecementos de Inglés".

PROXECTO REFLEX.
(“Risk Evaluation of Potential Environmental Hazards from Low Energy Electromagnetic Field (EMF) Exposure Using Sensitive in vitro Methods” )

Se tradicionalmente considerouse imposíbel que as radiacións non ionizantes poideran producir efectos xenotóxicos, o estudo multicéntrico REFLEX da Comisión Europea, tras rematar a súa 1ª fase in vitro (dende o 2000 ao 2004 en 12 centros de 7 estados europeos) centrada na resposta celular e molecular, CONCLÚE que a radiación da telefonía móbil aos niveis de potencia actuais PROVOCA EFECTOS XENOTÓXICOS nunha exposición continuada (maior en novos e maiores). Aínda descoñecen os mecanismos biolóxicos implicados (non térmicos) e queda para posteriores fases a investigación sobre a implicación destes cambios biolóxicos (roturas das cadeas do ADN) na alteración potencial da saúde das persoas e outros seres vivos.

Estes resultados:

  1. Coinciden con outros anteriores: o equipo de Henry Lai do laboratorio de investigación en bioelectromagnetismo (Departamento de bioinxeniería da Universidade de Wáshington), publicou isto mesmo en 1995, cando o despregamento da telefonía móbil atopábase nos seus inicios (Lai e Singh, 1995).
  2. Concordan coas sospeitas da relación co cancro e diferentes enfermidades neurodexenerativas descritas en numerosos artigos aceptados e publicados en revistas de investigación científica, incluidos os estudos epidemiolóxicos que inciden no incremento de ditas patoloxias arredor das antenas de telefonía móbil.
  3. Requiren continuación: científicos europeos participantes no Proxecto Reflex denuncian que a Comisión Europea paralizase posteriores fases do estudo Reflex para poder analizar a implicación real sobre a saúde humana que leva este achado, así como a ocultación das súas conclusións (xenotoxicidade) por diversos organismos oficiais.
  4. Os resultados do informe son preocupantes en máis dun sentido, porque os resultados demostraron os efectos xenotóxicos das ondas dos teléfonos móbiles, incluíndo un maior número de rupturas cromosómicas, rupturas nas moléculas de ADN en diferentes tipos de células humanas e animais en cultivo. Por outra banda, a síntese de proteínas de estrés incrementáronse fortemente e a expresión dos xenes alterouse en varios tipos de células”. Informe da Comisión de Medio Ambiente, Agricultura e Asuntos Territoriais da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa (06.05.2011)
  5. O artigo editorial da Revista científica Oxidants and Antioxidants in Medical Science do 29 de marzo de 2014, "Radiación de microondas de baixa intensidade: un novo oxidante para as células vivas", informou de que a pesar da natureza non ionizante das radiacións de radiofrecuencia (RFR), detectarónse profundos efetos mutaxénicos e características de estrés oxidativo significativo nas células vivas baixo exposición a RFR de baixa intensidade [dentro dos límites legais de exposición] utilizando diversos modelos biolóxicos, no 92,5% dos 80 estudos. “Sen dúbida, isto esixe unha investigación intensiva na área, así como un enfoque de precaución no uso cotián de dispositivos sen fíos”.
INFORME BIOINITIATIVE 2007/2012/2014/2016

The BioInitiative Report: "A Rationale for Biologically-based Public Exposure Standards for Electromagnetic Fields (ELF and RF)New York 31.08.07 / 2012 Supplement, available online from 07.01.2013: http://www.bioinitiative.org/

- QUE É?: unha revisión bibliográfica de máis de 4.000 estudos e traballos científicos  sobre a exposición a Campos Electromagnéticos (CEM) de Radiofrecuencias (RF) e de Frecuencias Extremadamente Baixas (FEB -ELF en inglés-). realizadas por expertos de recoñecemento internacional (nos campos do cancro, da inmunoloxía, da saúde pública, da política ambiental, ...) e coa participación da Axencia Europea de Medio Ambiente a través de David Gee (asesor principal Ciencia, Políticas, Cuestións Emerxentes, Avaliación Ambiental Integrada). Edición de agosto de 2007 (revisión de máis de 2.000 estudos), actualizada en decembro de 2012 (coa revisión de máis de 1.800 novos estudos), en 2014 (con máis de 400 estudos) e en maio de 2016 (co informe dos resultados parciais do derradeiro estudo do National Toxicology Program). Disponíbel online:  http://www.bioinitiative.org/

- TEMAS QUE ABARCA: a ciencia, a saúde pública, as políticas públicas e a resposta global ao crecente problema de saúde da exposición crónica aos campos electromagnéticos e as radiacións de radiofrecuencias na vida cotiá de miles de millóns de persoas en todo o mundo. Comprende os riscos das radiofrecuencias -RF- (ata a moi baixa intensidade) dos distintos dispositivos sen fíos de comunicación e transmisión de datos (antenas base, móbiles -convencionais e "teléfonos intelixentes"-, encamiñadores Wi-Fi, portátiles, tabletas, teléfonos DECT, "contadores intelixentes", ...). Abórdanse os riscos das frecuencias extremadamente baixas (FEB / ELF) da rede eléctrica, pero tamén a dos dispositivos sen fíos de comunicación e transmisión de datos alertando á problemática da interacción destas FEB coas RF que emiten.

- O GRUPO DE TRABALLO BIOINITIATIVE, no 2012, está formado por 29 autores procedentes de dez países [Suecia (6), EUA (10), India (2), Italia (2), Grecia (2), Canadá (2), Dinamarca (1), Austria (2), República Eslovaca (1), Rusia (1)]; diez con títulos médicos (Doutor en Medicina –MDs-), 21 con doutorados –PhDs-, y tres con Máster en Medicina Clínica, Medicina Ambiental o Saúde Pública (MsC, MA or MPHs). Entre os autores hai tres ex-presidentes da  Bioelectromagnetics Society (BEMS), máis cinco membros de pleno dereito de BEMS, tamén están o Presidente do Comité Nacional Ruso para a Radiación Non Ionizante e un Asesor Principal da Axencia Europea de Medio Ambiente.

- CONSTATAN que os niveis existentes de seguridade pública son inadecuados para protexer a saúde pública e documentan as evidencias científicas actuais sobre a relación causal dos campos electromagnéticos: abórdanse a evidencias sobre os efectos nos xenes e no ADN (genotoxicidade)/ as proteínas do estrés / a melatonina e o sistema inmunológico / a fertilidad e a reprodución (diminución e alteración do esperma e abortos involuntarios) / efectos fetais e neonatais / alteración da barreira hematoencefálica; evidencias do autismo, alteracións neurolóxicas e do comportamento (efectos na memoria, a aprendizaxe, o comportamento e a atención, trastornos do soño), a leucemia infantil e outros cancros infantís, os tumores cerebrais e neuromas, o cancro de mama, a enfermidade de Alzheimer, ...

  • No Bioinitiative 20012 considérase que cos parámetros da OMS e ante a novas evidencias actuais os CEM de Frecuencias Extremadamente Baixas -FEB/ELF- (recoñecidos pola OMS en 2001 como Grupo 2b: posíbel canceríxeno humanodébense clasificar xa como CARCINÓXENO HUMANO (Prof. Michael Kundi, Phd, Instituto de Saúde Ambiental, Universidade Médica de Viena, Austria). 
  • Na actualización do informe BioinItiative no 2014 , entre outras cuestións, considérase que cos parámetros da OMS e ante a novas evidencias actuais os CEM de Radiofrecuencias -RF- (recoñecidos pola OMS en 2011 como Grupo 2b: posíbel canceríxeno humano) débense clasificar xa como CARCINÓXENO HUMANO (Prof. Dr. Lennart Hardell. MD, PhD, Departamento de Oncoloxia da Universidade de Orebro, Suecia).
  • A nota do grupo de traballo BioInitiative do 30 de maio de 2016, informa da pertinencia do estudo do National Toxicology Program (NTP) do National Institutes of Health (NHI) [a axencia sanitaria do goberno federal de EE.UU], sobre a radiación do teléfono móbil confirmando que as Radiofrecuencias débense clasificar xa como CARCINÓXENO HUMANO

- RECLAMAN a imperiosa necesidade de dispor de límites máis estritos ante a exposición ós campos electromagnéticos de hiperfrecuencias de microondas pulsadas (RF) e aos campos electromagnéticos de baixa frecuencia (FEB / ELF).

  • Se no 2007 o Informe BioInitiative denunciaba que as normas de seguridade pública eran de 100 a 1.000 veces superiores aos efectos biolóxicos encontrados, en 2012, coas novas evidencias, recoñece que “as normas de seguridade pública son de 1.000 a 10.000 ou máis veces superiores aos niveis actualmente referidos máis frecuentemente ... como causantes de efectos biolóxicos”. 
  • Se no ano 2007 o Grupo de traballo BioInitiative declaraba 0.1 µW/cm2 en exteriores (0.01 µW/cm2 en interiores) como nivel máximo recomendado de inmisión, en 2012 amplíase a recomendación a 0.0003 a 0.0006 μW/cm2 atendendo a zonas de exposición crónica e/ou de exposición infantil, niveis de precaución que son compatíbeis coas transmisións de teléfono móbil, que poden operar ata ao redor de 0,00003 V/m = 0.000000238 µW/cm2 (Cindy Sage –MA, Sage Associates-, David O. Carpenter –MD, Director, Institute for Health and the Environment, University at Albany, Rensselaer, NY USA-).
  • Ver: Notas de prensa:
  • Ver: DOCUMENTO COMPLETO do informe BioInitiative 2007-2012: (inglés - > 1500 páx. -)
  • Ver: Táboa de contidos cos enlaces a cada sección (inglés)

  • Ver: RESUMO PARA O PÚBLICO E CONCLUSIÓNS:
  • Ver: TÁBOA 1-1 de CONCLUSIÓNS XERAIS:
  • Ver: Recomendacións de saúde pública e elementos científicos claves. Conclusións
  • Ver: Listado de Participantes do Informe BioInitiative:

DECLARACIÓNS INSTITUCIONAIS EUROPEAS BASEADAS NO INFORME BIOINITIATIVE 2007:

AXENCIA EUROPEA DO MEDIO AMBIENTE (AEMA / EEA)
  • Participación de David Gee, asesor principal da AEMA, no Informe BioInitiative 2007 y su actualización do 2012.
  • Participación da AEMA (2008-2009) na Comisión de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria do Parlamento Europeo
  • 2011: Ver Relatorio da Directora da AEMA a favor do principio de precaución no uso do teléfono móbil: (galego, castelán, inglés)
-  PARLAMENTO EUROPEO:
  • Resolución de 04.09.2008: "manifesta gran interese polo informe internacional BioInitiative sobre los CEM ...", "constata que os límites de esposición aos CEM establecidos para o público son obsoletos, e non abordan a cuestión dos grupos vulnerábeis, como as mulleres embarazadas, os recentemente nados e nenos"  e recoméndase unha revisión á baixa das normas de exposición.  Ver: extracto da Resolución en galego e castelán
  • Resolución de 02.04.2009, "sobre as consideracións sanitarias relacionadas cos campos electromagnéticos": Partindo dos efectos adversos potenciais dos CEM sobre a saúde humana aposta polo Principio de Precaución: diminución e adecuación dos valores de exposición (renovandoos cada ano); o diálogo (entre industria, autoridades públicas e as asociacións de veciños) na implantación de antenas GSM ou de liñas de alta tensión, garantindo polo menos unha distancia mínima de seguridade de escolas, garderías, residencias de anciáns e centros de saúde; potenciar estratexias  e tecnoloxías que reduzan a súa exposición; mapas de exposición aos CEM co acceso público en Internet; campaña de sensibilización xeral aos mozos sobre o uso racional do teléfono móbil, denunciando as campañas de comercialización agresivas dirixidas a nenos e mozos (incluido o teléfono móbil infantil e "os minutos gratis"); recoñecemento da electrosensibilidade como unha discapacidade; ... Ver o Informe da Comisión de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria aprobado na Resolución (galego, castelán, inglés, francés). Ver páxina oficial da Resolución. Ver: nota de prensa do P.E. Ver: debate en el P.E. Ver: Resumo da APDR
-  ASEMBLEA PARLAMENTARIA DO CONSELLO DE EUROPA:

  • Resolución 1815 do 27.05.2011 "Perigos potenciais dos Campos Electromagnéticos e os seus efectos sobre o medio ambiente", a partir do informe 12608, que considerando a evidencia actual o suficientemente forte, apela aos estados membros a asumir o principio de precaución: diminuindo drásticamente os límites de exposición (ata 0,01 µW/cm² no interior), primando nas aulas o cable sobre o wifi e restrinxindo o teléfono móbil, protección das persoas electrosensíbeis incluídas as "zonas brancas", ..... Ver: Resolución 1815 (galego, castelán, francés, inglés). Ver: Informe 12608 da Comisión de Medio Ambiente, Agricultura e Asuntos Territoriais da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa (galego, castelán, francés, inglés). Ver nota de prensa (galego, castelán, francés, inglés). Ver: Europa Press 16.05.11.

 

CAMPAÑA DE SINATURAS:

ESTUDE INTERPHONE
The INTERPHONE Study

- Mega estudo epidemiolóxico multicétrico (o máis grande ata a data) do Centro Internacional de Investigación sobre o Cancro da OMS que "inclúe ao redor de 2600 gliomas, 2300 meninxiomas, 1100 neurinomas do acústico, 400 tumores da glándula parótide e os seus respectivos controis.

- Baseados nun "protocolo central común e leváronse a cabo en Alemaña, Australia, en Canadá, Dinamarca, Finlandia, Francia, Israel, Italia, Xapón, Noruega, Nova Zelanda, Reino Unido e Suecia"

RESULTADOS PREVIOS ACTUALIZADOS O 8 DE OUTUBRO de 2008:

  • "... A posta en común dos datos procedentes dos países escandinavos e parte do Reino Unido identificou un RISCO de GLIOMA FORTEMENTE SIGNIFICATIVO en relación co uso de teléfonos móbiles por un período de 10 anos ou máis no lado da cabeza onde o tumor desenvolveuse (Lahkola et al, 2007)...".
  • Para o meninxioma e o neurinoma do acústico, ainda que "o número de usuarios de longa duración e usuarios intensivos nos distintos estudos foi ata inferior ao de glioma, impedindo concluír de modo definitivo unha asociación eventual entre a utilización dos teléfonos móbiles e o risco destes tumores", as análises de conxunto dos datos dos países escandinavos e do Reino Unido puxeron en evidencia "... un RISCO AUMENTADO DE MANEIRA SIGNIFICATIVA DE NEURINOMA DO ACÚSTICO vinculado a unha duración de uso de dez anos ou máis no lado do tumor (Schoemaker at ao, 2006)".
  • "No estudo de Israel, onde os suxeitos tenden a relatar un uso moito máis intenso dos teléfonos móbiles, os resultados suxiren que existe unha RELACIÓN ENTRE O USO INTENSIVO DE TELÉFONOS MÓBILES E O RISCO DE TUMORES DA GLÁNDULA PARÓTIDE".

Resultados que seguen perfilando os datos parciais coñecidos: que, os usuarios con máis de 10 anos utilizando o móbil, teñen máis posibilidades de ter/contraer tumores cerebrais, neurinomas do acústico, gliomas o tumores da glándula parótide:

Ver Informe integro en pdf: galego e castelán / acceso ao orixinal en francés e inglés

Ver: Prensa do 24.10.09: galego / castelán / catalán / portugués / inglés /

Fonte: http://www.sante-environnement.be/spip.php?article85

INTERPHONE. DATOS A TER EN CONTA:

  • DENUNCIAS POLO RETRASO DOS DATOS DEFINITIVOS DO ESTUDO INTERPHONE:

- Microwave News Vol. XXVIII Nº 1 January 30, 2008: LIBERADE O ESTUDO INTERPHONE!. Ver versión en galego e castelán.Ver orixinal en inglés.

- RESOLUCIÓN DO PARLAMENTO EUROPEO de 02.04.09, sobre as consideracións sanitarias relacionadas cos campos electromagnéticos: "14.- Lamenta que, con motivo dun adiamento sistemático desde 2006, aínda non se publicaron as conclusións do estudo epidemiolóxico internacional denominado INTERPHONE, cuxo obxectivo é estudar se existe unha relación entre o uso do teléfono móbil e determinados tipos de cancro, en particular tumores cerebrais, do nervio auditivo e da glándula parótide. 15.- Subliña, neste contexto, a chamada á prudencia lanzada pola coordinadora do estudo INTERPHONE, Elisabeth Cardis, que, sobre a base dos coñecementos actuais, recomenda para os nenos un uso razoable do teléfono móbil e un uso preferente do teléfono fixo. 16.-Considera que en todos os casos correspóndelle á Comisión, tendo en conta da súa importante contribución ao financiamento deste estudo mundial, preguntar aos responsables do proxecto polos motivos da non publicación definitiva do mesmo e, a falta de resposta, informar inmediatamente ao Parlamento e aos Estados membros; ..."

  • ANTENA NO GETXO: Se o estudo israelí concluía que un uso intensivo do móbil poderia estar relacionado coa aparición de tumores na glándula parótide, unha definición insuficinte do que é un uso intensivo do teléfono móbil (según Martine Hour do IARC, uso intensivo é igual a utilizar 260 horas o móbil durante 46 meses: 11 minutos e 30 segundos ao día -Ver nota de prensa-), e os erros na estimación da utilización do móbil, parece que inducen a pensar que se pode estar minusvalorando o risco real de contraer un tumor cerebral . "De acordo a estes resultados parciais oficiais, xa non poderá argumentarse que a OMS di que a telefonía móbil non é prexudicial para a saúde". "O meta-análise de Hardell (2008) confirma os resultados do proxecto Interphone para os usuarios que levan 10 anos ou máis utilizando o teléfono móbil: incremento do risco de padecer un tumor cerebral".
  • DRA. ELISABETH CARDIS, COORDINADORA DO ESTUDO INTERPHONE, despois de presentar os resultados actualizados do 08.10.08, precisou ao diario belga Le Soir que convén "reaccionar con prudencia e recomendar aos NENOS que utilicen o móbil de forma razoable e dando prioridade aos teléfonos fixos". Ver prensa.

  • DRA. SIEGAL SADETZKI, coordinadora do grupo israelí INTERPHONE (directora da Unidade de epidemioloxía do cáncro e a radiación do Instituto Gertner, do Centro médico Chaim Sheba de Tel Hashomer, Israel), declarou en 2007 no xornal israelí Haaretz: "Xa pasou o tempo, cando se podería dicir que esta tecnoloxía non causa dano; segundo parece é prexudicial para a saúde" … " con todo, os teléfonos móbiles xa están aquí, teñen vantaxes e agora temos que aprender a utilizalas con sabedoría " . En 2008 a Dra. Siegal Sadetzki predice en The Jerusalem Post que, no curso do tempo, haberá outros efectos máis importantes que se atoparán entre os grandes usuarios do móbil e sobre todo nos nenos; así como chama a reflexión de nais e país sobre cando e como usar o móbil insistendo en medidas como as anunciadas polo Appel de 20 experts internationaux concernant l'utilisation des téléphones portables de xuño 2008.

  • CHAMAMENTO SOBRE O USO DOS TELÉFONOS MÓBILES (galego) / (castelán) / (francés)
    "Appel de 20 experts internationaux concernant l'utilisation des téléphones portables" (xuño 2008): Panel internacional de científicos en cancro, maioritariamente cancerólogos:
    - Costatan os consensos actuais (1.- penetración significativa dos campos electromagnéticos dos teléfonos móbiles no corpo humano, especialmente no cerebro, e máis aínda nos nenos por mor do seu máis pequeno tamaño; 2.- Distintos efectos biolóxicos dos campos electromagnéticos nas bandas de frecuencia dos teléfonos móbiles ata por baixo dos límites máximos de potencia impostos polas normas de seguridade europeas sobre os tecidos vivos, cun aumento da permeabilidade da barreira hemato-encefálica e unha maior síntese das proteínas do estrés). E ALUDEN á "asociación probable con algúns tumores benignos (neurinomas do nervio acústico) e algúns cancros do cerebro, máis marcada no lado do teléfono" en "utilizacións de teléfono móbil durante máis de 10 anos" de distintos estudos.

- Expoñen os consellos de protección no uso do móbil que destes consensos se desprenden.

  • DIRECCIÓN DO INSTITUTO ONCOLÓXICO DA UNIVERSIDADE DE PITTSBURGH (Pensilvania, EUA): o 22 de xullo de 2008 emitiu unha advertencia sen precedente aos 3.000 membros do seu persoal facultativo e administrativo: para que limiten o uso do teléfono móbil debido a que podería provocar cancro; na proposta do Appel de 20 experts internationaux concernant l'utilisation des téléphones portables, «os nenos deben ser protexidos porque o seu cerebro está ainda en desenvolvemento e os adultos deben utilizalo lonxe da cabeza» . Ver Memorandum e noticias de prensa

  • CIENTÍFICOS ESTADOUNIDENSES ADVERTIRON ANTE O CONGRESO NORTEAMERICANO (no Comité Gubernamental de Supervisión y Reforma) sobre o posible vínculo entre o uso de celulares e o cancro cerebral podería compararse coa relación entre o cigarro e o cancro de pulmón. "Tomando en conta os 70 anos que nos tomou retirar o chumbo da pintura e os 50 anos que tardamos en establecer convincentemente o vínculo entre o hábito de fumar e o cancro de pulmón, penso que debemos aprender do noso pasado e facer un mellor traballo ao interpretar a evidencia de riscos potenciais" comentou Ronald Herberman, director del instituto de cáncer en la universidad de Pittsburgh (Pensilvania). "Un tumor no cerebro demora preto dunha década en desenvolverse, dixeron os científicos, e estes estudos existentes cualifican como uso regular a utilización dun celular só unha vez por semana", explicaron aos congresistas os científicos que chaman a aplicar o Principio de Precaución. Ver Prensa Ver enlace Texto lido no Congreso: "Os tumores e o uso de teléfonos móbiles: ¿Qué di a ciencia"

- "17.- Suxire ... á Comisión, en aras da eficacia política e orzamentaria, que se reoriente en parte o financiamento comunitario de estudos sobre os CEM cara a unha campaña xeral de sensibilización dos mozos europeos en materia de boas prácticas no uso do teléfono móbil ..."

- "23.- Denuncia determinadas campañas de comercialización dalgúns operadores de telefonía particularmente agresivas con ocasión das celebracións do Nadal e outras datas sinaladas, como a venda de teléfonos móbiles destinados exclusivamente aos nenos ou as ofertas de «minutos libres» dirixidas aos adolescentes;"

  • A DRA. ELISABETH CARDIS, COORDINADORA DO ESTUDO INTERPHONE E PROFESORA DO CENTRO DE INVESTIGACIÓN EN EPIDEMIOLOXÍA AMBIENTAL (CREAL) de Barcelona, declarou que a pesar da «falta de resultados definitivos e á luz de varios estudos que, aínda que son limitados, suxiren un posible efecto de radiación de radiofrecuencia» xerada polos móbiles. «Xa que logo, eu estou de acordo en xeral coa idea de restrinxir o uso (de móbiles) nos nenos, (...)». A experta tamén avoga por «medios para reducir a nosa exposición» aos móbiles, como a utilización de dispositivos de «mans-libres» e o uso moderado deses aparellos. Ver: prensa do 24.10.09: galego / castelán / catalán / portugués / inglés /

ESTUDOS EPIDEMIOLOXICOS E ANTENAS

Citamos 4 estudos epidemiolóxicos que estudian a relación entre cancro e a proximidade a antenas base de telefonía móbil, duas delas publicadas en recoñecidas revistas científicas en 2004 (estudo israelí de Netanya e estudo alemán de Neila), a publicada en 2008 pola Delegación Provincial de Saúde Pública de Graz en Austria e a recentemente presentada do 2010 sobre o estudo en Belo Horizonte no Brasil.

En canto a Síndrome Microondas citamos o estudo Hispano-Austriaco sobre a exposición crónica ás antenas base de telefonía móbil realizado na localidade de La Ñora en Murcia e publicado no 2004.

2004. INVESTIGACIÓN REALIZADA EN ISRAEL (Netanya): Dr (MD) RONNI WOLF (The Dermatology Unit, Kaplan Medical Center, Rechovot, and the Sackler Faculty of Medicine, Tel-Aviv University) e o Dr (MD) DANNY WOLF (The Pediatric Outpatient Clinic, Hasharon Region, Kupat Holim):

Indica un incremento da incidencia de cancro nun área cun radio de 350 metros dunha antena de telefonía en Netanya. Unha comparativa do risco relativo das persoas que viviron no interior da área mencionada durante máis de 3 anos revela que houbo 4,15 veces máis casos de cancro no seu interior que para a poboación completa.

Versión orixinal en inglés: Wolf, R and Wolf, D. Increased Incidence of Cancer near a Cell-Phone Transmitter Station. International Journal of Cancer Prevention. VOLUME 1, NUMBER 2, APRIL 2004

2004. INVESTIGACIÓN REALIZADA EN ALEMAÑA (Naila) do Dr. Horst Eger y colaboradores; en base aos criterios e ao chamamento do Dr. Wolfrang König (Director da Axencia Federal de Protección contra as radiacións): atopan que o risco de contraer un cancro multiplícase por 3,29 na área interior dun radio de 400 metros dunha antena de telefonía. Ademais a idade dos pacientes con tumores foi 8,5 anos menor para o conxunto de tumores e 20 anos menor para as persoas diagnosticadas con cancro de peito en devandita área que no resto do territori

Eger, H et al.: Einfluss der räumlinchen Nähe von Mobilfunksendeanlagen auf die Krebsinzidenz. Umwelt Medizin Gesellschaft, n.º 17, p 326-332, 4/2004. Versión galega, castelán, orixinal alemana.

2008. INVESTIGACIÓN DO MINISTERIO DE SANIDADE AUSTRIACO: Estudo Epidemiolóxico Ambiental da Incidencia de Cancro nos Concellos de Hausmannstäten & Vasoldsberg, dirixido polo doutor Gerd Oberfeld (Departamento de Saúde Pública de Salzburgo) nunha área de estudo dunha superficie circular de 1.200 metros de radio ao redor da antena transmisora, CONCLUINDO que: "O número de cancros na área estudada diminúe a medida que aumenta a distancia das antenas de telefonía das zonas habitadas" ... CUN INCREMENTO SIGNIFICATIVO DO RISCO DE CANCRO NUN RADIO DE 200 METROS dunha antena de telefonía móbil.

Dr. Gerd Oberfeld. Environmental Epidemiological Study of Cancer Incidence in the Municipalities of Hausmannstätten & Vasoldsberg (Austria). Commissioned by Provincial Government of Styria, Department 8B, Provincial Public Health Office, Graz (Austria). 20 January 2008. Resumo en ingés. Versión orixinal austrica

2010. INVESTIGACIÓN REALIZADA EN BRASIL (Belo Horizonte): Estudo epidemiolóxico da investigadora Adilza Condessa Dode (profesora do Centro Universitario Izabela Hendrix e da Facultade de Ciencias Médicas de Minas Xerais) baseado no xeoprocesamento da cidade de Belo Horizonte (capital do estado de Minas Gerais), para descubrir a que distancia das antenas vivían as 4.924 persoas que morreron no período 1996-2006, atopando que o 81,37 % dos casos de falecementos por neoplasias concentrabánse ata 500 metros de distancia das antenas.

A 100 metros dunha estación base de telefonía móbil: 3,569 mortes por neoplasia.
A 200 metros 1,408 mortes
A 300 metros 973 mortes
A 400 metros 482 mortes
A 500 metros 292 mortes
> 1000 metros 147 mortes

"Mortality by neoplasia and cellular telephone base stations in the Belo Horizonte municipality, Minas Gerais state, Brazil". Tese no Programa de Doutorado en Saneamento, Medio Ambiente, e Recursos Hídricos. Autora: Adilza Condessa Dode. Defensa: 26 de marzo de 2010. Orientadora: Mônica Maria Diniz Leão, profesora do Departamento de Enxeñería Sanitaria e Ambiental, da Escola de Enxeñería da UFMG. Co-orientadora: Waleska Teixeira Caiaffa, profesora do Departamento de Medicina Preventiva da Facultade de Medicina da UFMG. Ver: Artigo no Boletín da "Universidade Federal de Minas Gerais" 12.04.2010 (galego, castelán, portugués, francés, inglés). Ver noticia: http://www.expressomt.com.br/noticia.asp?cod=78179&codDep=8. Ver vídeo: Cell Tower Antenna and Cancer Study in Belo Horizonte Brazil. (portugués subtitulado en inglés)

"Mortalidade por neoplasias e telefonía móbil en Belo Horizonte, Minas Gerais". Adilza C. Dode.  Mônica M.D. Leão, Francisco de A.F. Tejo, Antônio C.R. Gomes, Daiana C. Dode, Michael C. Dode, Cristina W. Moreira, Vânia A. Condessa, Cláudia Albinatti, Waleska T. Caiaffa. Science of The Total Environment. Volume 409, Issue 19, 1 September 2011, Pages 3649–3665. Ver artigo completo en inglés.

2004: INVESTIGACIÓN HISPANA-AUSTRIACA SOBRE A SÍNDROME MICROONDAS EN LA ÑORA (MURCIA) polos Drs..Oberfeld (Departamento de Saúde Pública de Salzburgo, Austria), Navarro (Departamento de Física Aplicada da Universidade de Valencia), Gomez Perreta (Hospital La Fé de Valencia) et ao.: estuda sobre o posible efecto sobre a saúde pola exposición crónica de Radiofrecuencias provenientes das Estacións Base de Telefonía Móbil , mostra que na exposición a microondas da GSM (900-1800 MHz) incrementase significativamente e considerablemente o padecemento de fatiga, tendencia depresiva, desorde do soño, problemas vasculares, dificultades de concentración, desorde da pel, perda de apetito e en menor grao, cefaleas, nauseas, problemas de audición, irritabilidade, vertixe, alteracións visuais, alteracións da marcha para os suxeitos expostos.

Oberfeld G, Navarro A E, Portolés M, Maestú C, Gómez-Perretta C . The Microwave Syndrome Further Aspects of a Spanish Study. 3rd International Workshop on Biological Effects of Electromagnetic Fields 4 – 8 October 2004, Kos, Greece. Versión inglesa. Resumo en inglés/castelán


En construción