Asistimos “ao crecemento insostíbel e á proliferación caótica de estacións base de telefonía móbil e outras infraestruturas de telecomunicacións" e "radioeléctricas", cun "aumento significativo da contaminación electromagnética e o crecemento da percepción social de risco asociado a estas infraestruturas. Os límites de exposición da lexislación estatal (aprobada no goberno Aznar e baseados só no efecto térmico) atenden só aos intereses das grandes operadoras, sen resolver o impacto social e ambiental das redes de telefonía móbil. A mobilización social, veciñal, e ecoloxista obrigou a algunhas comunidades autónomas e concellos a establecer normativas máis preventivas e niveis de exposición ao público máis restritivos e con todo queda pendente a actualización da normativa estatal e da europea (coma reivindica entre outras a propia Axencia Europea de Medio Ambiente) … para facer compatíbel o desenvolvemento da telefonía móbil e as posibles afeccións ambientais e para a saúde pública”. Esta páxina intenta aproximarnos á situación xurídica actual para defender a compatibilidade de noso dereito a saúde coas novas tecnoloxías.

Que Licenzas Municipais son obrigatorias para que comece a súa actividade unha antena de telefonía Móbil? Licenza de Obra Maior e Licenza de Actividade

Ver Bibliografía Básica.

 

Galego
Para ver ou gardar o documento completo en PDF
Castelán

 

Modelos de intancias ás Comunidades de Propietarios

(baseadas nos modelos da CAVE*)

*Confederación de Asociaciones de Vecinos, Consumidores e Usuarios de España

 

 

Sentencias de interese

Ver apartado xurídico de AVAATE

 

En construción