PORQUE SE CARACTERIZAN AS ONDAS DE TELEFONÍA MÓBIL? POR NON TER DEMOSTRADA A SÚA INOCUIDADE - Mentres nos medios de comunicación repítennos ata a saciedade que “non pasa nada”, atopámonos cunha dividida comunidade científica na que NON se puido demostrar a súa INOCUIDADE; ao tempo que estudos como o Proxecto Reflex da Comisión Europea confirman os seus potenciais efectos xenotóxicos nunha exposición continuada nos límites marcados pola ICNIRP, manifestándose cada vez máis as evidencias dos perigos potenciais dos seus efectos biolóxicos (BIOINITIATIVE Rapport), con chamadas isntitucionais ao institucións PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN (Axencia Europea de Medio Ambiente, Parlamento Europeo, Valedor do Pobo, ...) nas zonas residenciais alertando especialmente aos grupos máis vulnerábeis. - Estas microondas que se escapan á percepción dos sentidos e emiten as 24 horas do día: atravesan paredes, edificios,... e persoas (non hai lugar onde esconderse delas) - Os efectos biolóxicos dependen do tempo de exposición aos microondas (máis outras fontes de contaminación electromagnética), do factor acumulativo (cantidade de radiación acumulada no corpo á longo do tempo), do factor personal (é coñecida a maior vulnerabilidade na infancia, na vellez, no embarazo, ...), da potencia e da distancia: AUMENTAN LINEALMENTE (coa POTENCIA da fonte de emisión -do móbil ou da antena-) e DECRECEN EXPONENCIALMENTE: A INVERSA DO CADRADO da DISTANCIA entre o móbil ou antena repetidora e a persoa exposta.
- Mentres o risco asociado á súa exposición aumenta coa proximidade e é acumulativo, as compañías queren pór máis antenas preto de zonas residenciais sen minimizar a súa exposición e sen control en tempo real das súas emisións. QUEN DECIDE ACEPTAR OU NON UNHA OFERTA DE INSTALACIÓN DUNHA ANTENA BASE DE TELEFONÍA MÓBIL NUNHA COMUNIDADE? A XUNTA DE PROPIETARIOS Nin o presidente, nin a Xunta Directiva poderán decidir en nome da comunidade á que representan: han de convocar unha Xunta Extraordinaria de Propietarios, incluíndoo expresamente na orde do día. QUE MAIORÍA É NECESARIA PARA UNHA INSTALACIÓN DUNHA ANTENA DE TELEFONÍA MÓBIL? A UNANIMIDADE
Non debería entenderse doutro xeito polos cambios na estrutura que provoca o conxunto do equipo que se pretende instalar:
A isto súmaselle:
¡Ollo! Os contratos estándar de arrendamento coas operadoras deixan aberta á mesma a posibilidade de modificar / ampliar a potencia e as instalacións (co sobrepeso que leve), sen contar con ningún informe nin control adicional da comunidade. 2.- Aínda no caso que se considere que non se vai a alterar a estrutura do edificio e aplicásese unha MAIORÍA CUALIFICADA das 3/5 partes dos propietarios: sempre sería necesarío o CONSENTIMENTO DOS PROPIETARIOS AFECTADOS:
3.- Se alguén non acudiu á Xunta de Propietarios: Se un propietario non pode asistir á xunta na que se vai a tomar o acordo, disporá dun prazo de 30 días, para manifestar a súa oposición, que se fará por escrito ao secretario da Xunta Directiva. Ver Modelo de carta. O voto dos veciños ausentes debidamente citados contaranse como favorables, pero se despois derívanse responsabilidades por danos producidos, estes asumirán tamén a responsabilidade. O beneficio que produce a instalación á comunidade, pode ser superado na contía das posibles indemnizacións, aos veciños que se opuxeron a devandita instalación ou a terceiros como, edificios lindeiros.
CANDO SE PODEN IMPUGNAR OS ACORDOS DA XUNTA ANTE OS TRIBUNAIS? Ver LPH 18.1
Para impugnar é necesario estar “lexitimado” (LPH: 18.2): votar negativamente na Xunta (ou estar ausente ou privado indebidamente do seu dereito de voto) estando ao corrente do pago das débedas comunitarias (ou en consignación xudicial) CAL É O PRAZO PARA IMPUGNAR? Segundo a Lei de Prop. Horiz.: 3 meses ou de 1 ano
QUE LICENZAS MUNICIPAIS SON OBRIGATORIAS PARA QUE COMECE A SÚA ACTIVIDADE UNHA ANTENA BASE DE TELEFONÍA MÓBIL? L. DE OBRA MAIOR E L. DE ACTIVIDADE Unha antena de Telefónia móbil é ilegal e non debería empezar a funcionar se non ten tramitada as seguintes Licenzas municipais:
- Castillo Guerrero, Manuel. Arrendamiento de cubierta para instalación de antena de telefonía móvil. Huelva 2006. Completo articulo doctrinal deste avogado onubense, administrador de leiras e asesor de comunidades que acaba citando sentenzas firmes sobre a Unanimidade. - Gallego Bernad, Soledad. Informe Jurídico: Comunidades de Propietarios e instalación de Antenas de Telefonía Móvil. Albacete. 2000. Interesante informe realizado pola avogada de Albacete e ex-directora xeneral da vivenda da Consejeria de Vivienda y Urbanismo de Castilla-La Mancha. Pautas xurídico-legais para as Comunidades de veciños que reciben unha oferta de instalación na súa azotea dunha estación basee de telefonía móbil: sobre os efectos que se poden producir no edificio (diñeiro, sobrepeso na estrutura do edificio,ondas electromagnéticas, depreciación no valor do inmoble, dano psíquico e moral a veciños do inmoble e a terceiros, responsabilidades administrativas e civís que se poden derivar para a Comunidade de Propietarios) e a adopción nunha comunidade de propietarios do acordo de instalación dunha antena de telefonía móbil: (maioría necesaria e impugnación de acordos). - Gonzalez Gonzalez, Encarnación; García Parrilla. La comunidad de vecinos. Colección como funciona n 14. CEIM. Valencia 2004. Ver páxina 20 Guía práctica da Lei da Propiedade Horizontal sintetizada e comentada. Ver "Instalación de antenas de telefonía móvil" na páxina 20. - Ríos Argüello, Enrique. Antenas de Telefonía: “Procedimientos de Restauración de la Legalidad Urbanística”. Valladolid. 2002. Índice: 1.- Introdución: problemática urbanística da proliferación de antenas. 2.- A acción pública en materia urbanística. 3.- Resumo das principais infraccións urbanísticas cometidas coa instalación de antenas e estaciones base. - 2ª Jornadas de difusión de Antena No de Getxo. Juntasde vecinos y telefonía móvil. Getxo 2006. Sobre os contratos abusivos das operadoras, os enganos ás xuntas de veciños, as indemnizacións e as impugnacións. - Protocolo de actuación frente a la instalación de antenas de telefonía móvil. Federación Regional de Asociaciones de Vecinos de Madrid. Madrid 2008. - Ley 49/60 de Propiedad Horizontal - Decreto 28/1999 Regulamento de disciplina urbanística - RAMINP: Decreto 2414/1961 Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas - Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental Ver tamén: "O efecto de sorpresa dos resultados de Reflex, cuxos traballos desenvolvidos de 2000 a 2004, é a afirmación, de forma netamente evidente e repetida, de que rupturas simples ou dobres das cadeas de ADN de varios sistemas celulares prodúcense baixo o efecto dos campos a moi baixa frecuencia ou das radiofrecuencias aos que están expostos. Ademais, estes fenómenos xenotóxicos están presentes ata por baixo de densidades de fluxos magnéticos ou de índices de absorción específicos que responden ás normas de seguridade admitidas pola lexislación vixente".Desgraciadamente este informe quedou na fase in vitro. - Axencia Europea de Medio Ambiente e o Proxecto Bio-Iniciativa. Consideran desfasados os limites establecidos a nivel internacional sen protexer debidamente contra a contaminación electromagnética. Unha Resolución do Parlamento Europeo (setembro/2008) baseandose no Informe Bio-Iniciativa (The Bioinitiative Report) declara inválidos ditos límites e propón elaborar outros. - Informe 2006 do Valedor do Pobo. Extractos sobre antenas. Lembra as obrigas municipais ante a proliferación sen control municipal das antenas base de telefonía móbil: Obriga de esixir Licenza de actividade (“Todas as instalacións necesitan licenza municipal de funcionamento, de acordo co RAMINP") e a obriga de cumprir co PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN na súa tramitación (“As publicacións científicas non negan que as antenas sexan prexudiciais, polo que o principio de prevención obriga a afastar as instalacións dos núcleos habitados e das vivendas ”). - Recomendación do Valedor do Pobo ao Alcalde de Moraña (setembro 2008). Argumenta a obriga municipal de aplicar a Licenza de Actividade ás antenas de telefonía co RAMINP (ata a súa derrogación) e coa normativa autonómica que lle substitúe "Decreto autonómico 133/2008 polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental". A Resolución 04.09.08 considera obsoletos os límites actuais de exposición aos CEM para garantir a saúde (incluida a normativa estatal española) especialmente nos grupos máis vulnerábeis polo que demanda ao Consello Europeo a redución de ditos límites en base ao coñecemento actual. A Resolución 02.04.09 partindo dos efectos adversos potenciais dos CEM sobre asaúde humana aposta polo Principio de Precaución: diminución e adecuación dos valores de exposición (renovandoos cada ano); o diálogo (entre industria, autoridades públicas e as asociacións de veciños) na implantación de antenas GSM ou de liñas de alta tensión, garantindo polo menos unha distancia mínima de seguridade de escolas, garderías, residencias de anciáns e centros de saúde; potenciar estratexias (compartir infraestruturas para reducir mastros) e tecnoloxías que reduzan a súa exposición; mapas de exposición aos CEM co acceso público en Internet; campaña de sensibilización xeral aos mozos sobre o uso racional do teléfono móbil , denunciando as campañas de comercialización agresivas dirixidas a nenos e mozos (incluido o teléfono móbil infantil e "os minutos gratis"); recoñecemento do caracter invalidante da electrosensibilidade; etc.
|
||||||||