Obradoiro de papaventos organizado pola APDR


Despois da extraordinaria xornada desenvolvida no obradoiro de construción de papaventos o pasado día 12 no contexto das Olimpíadas Populares organizadas na Seca (Poio) polo Colectivo “O Quilombo”, a “Asociación Pola Defensa da Ría” disponse a realizar un segundo obradoiro de papaventos en Pontevedra.

 Esta nova xornada festiva, dirixida á xente miúda pero, tamén, a persoas adultas, vai ter lugar o vindeiro SÁBADO 18 na praza da Peregrina (ou baixo os soportais da Ferrería no caso de choiva) a partir das 12:00, e persegue non só aprender a nenos e nenas a construír o seu propio papaventos e a gozar facéndoo voar, pero tamén que os leven á Marcha contra Celulosas do Domingo 19 e aporten unha nota de cor e alegría a unha mobilización que ansía marcar un antes e un despois na loita contra a permanencia de ENCE en Lourizán e á recuperación do futuro roubado hai xa demasiados anos á Ría e á comarca.

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print