Xa pode verse en liña o documental “ENCE: 60 anos máis?”


20161105-documental

 

Despois de estrearse en Pontevedra, Marín e diferentes localidades galegas, xa pode verse en liña este documental elaborado por Galiza Contrainfo onde se recollen as voces de persoas que levan anos defendendo a ría e loitando por sacar o complexo industrial Ence-Elnosa. A implantación de Ence na ría fíxose no medio de protestas desafiando á ditadura franquista, hoxe un goberno do PP en funcións prorroga a permanencia desta industria 60 anos máis. Con esta medida legalmente discutíbel e eticamente inaceptábel, o goberno do estado supeditaba a saúde, o medio ambiente e o sector pesqueiro da ría ao intereses dunha empresa privada que conta cun consello de administración cheo de altos cargos do PP.

 

Galiza Contrainfo, iniciativa independente, non comercial e autoxerida de contra-información audiovisual galega, que xorde da necesidade de difundir os seus traballos, máis tamén coa intención de construír un espazo que serva para darlle visibilidade á produción audiovisual de comunicación alternativa que se desenvolve na Galiza.

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print