Carta aberta a Rafael Domínguez


Rafael.Dominguez.0

Sr. Domínguez, na Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), temos lido as opinións que Vde., coma candidato á alcaldía de Pontevedra polo Partido Popular, verte sobre ENCE nun xornal de tirada galega, opinións coas que, por non responder á realidade, non podemos concordar. No que ao tema de ENCE se refire, limítase Vde. a repetir as mesmas consignas que o PP vén repetindo desde hai moitos anos, as mesmas frases valeiras coas que ENCE tenta convencer á cidadanía das súas supostas bondades para contrarrestar a realidade dunha posición maioritaria contraria á súa permanencia nun lugar onde -todo o mundo o admite xa- non debeu estar nunca; porque neste tema, ENCE dita a política do seu partido, que se limita a actuar como representante ou valedor submiso das esixencias empresariais.

Di Vde., Sr. Domínguez, que “a día de hoy, Ence cumple con todas las normativas gallegas, nacionales y europeas, que son muy estrictas”, e engade a continuación que “en este momento, no hay ningún criterio más que el político para que se vaya de la Ría”. Perdoe que lle diga que iso é literalmente falso, e que afirmacións como esa, só se poden realizar desde a absoluta ignorancia ou, simplemente, desde posicións interesadas na defensa dos privilexios da empresa por riba do ben común e dos dereitos da maioría. Semella que descoñece Vde. o concepto de “augas residuais urbanas” para a lexislación europea (e a española!), e mesmo que os vertidos de ENCE teñen esa natureza; e non porque o digamos nós, é a Unión Europea quen o di: Si las aguas residuales de la fábrica de pasta de papel se vierten a través de una instalación de tratamiento de aguas residuales urbanas, se aplicarán las disposiciones de la Directiva 91/271/CE, sobre el tratamiento de las aguas residuales urbanas. Agás que Vde. poña en dúbida que ENCE verte á Ría polo tubo emisario da EDAR de Os Praceres ou que o amentado emisario fai parte das instalacións de tratamento de augas residuais urbanas de varios Concellos da Ría, recoñecerá a evidencia. Pois ben, os vertidos de ENCE incumpren esta Directiva (unha desas normativas europeas “estrictas” de aplicación aos seus vertidos!) ao superar en multitude de ocasións os límites establecidos nela para DQO, SS e DBO; e debo dicirlle tamén que os límites fixados pola Xunta de Galicia na AAI da fábrica de pasta de papel para estes parámetros, son moito máis permisivos que os establecidos na lexislación comunitaria. E, por se isto non fose suficiente, direille tamén que os vertidos de ENCE teñen unha elevadísima carga de contaminación microbiolóxica. Quero pensar que Vde., pola súa formación universitaria, terá coñecementos de microbioloxía e saberá entender que -a diferencia do que pensan moitos dos seus correlixionarios- as bacterias coliformes teñen diversos habitats e nichos ecolóxicos, e que moitos destes coliformes (incluídos os denominados “fecais”) teñen nas condicións de produción de ENCE, cunha elevada carga en materia orgánica e temperatura, as condicións ideais para proliferaren de xeito exponencial.

Así pois, non se pode afirmar -como fai Vde.- que “en este momento el problema de la Ría no es ENCE y lo sabe todo el mundo”, sinxelamente porque non é certo! Porque, xunto a moitos outros problemas (a situación das redes separativas, a incompleta depuración dos vertidos domésticos ou a realización de recheos ilegais no porto de Marín, entre outros) os vertidos de ENCE-ELNOSA seguen sendo un importantísimo foco de contaminación das augas da Ría.

E todas estas afirmacións, Sr. Domínguez, sopórtanse en datos oficiais, datos en poder da APDR e que poderiamos discutir con Vde. se o estima oportuno.

E aínda que non imos entrar no tema dos postos de traballo que xera a empresa, debémoslle dicir que semella algo esaxerado falar de “muchísimos puestos de trabajo fijos”, porque a realidade é ben distinta e ENCE segue destruíndo empregos na propia fábrica; abonda con dicir que -cos datos de ENCE na man- pasou dos 600 iniciais aos apenas 300 existentes na actualidade. Por non falar dos “moitísimos” postos de traballo destruídos desde a chegada do complexo na explotación racional do marisqueo, a pesca de baixura, o turismo e o monte, uns postos de traballo que hai que recuperar e que a Vde. e ao seu partido semellan non interesarlle tanto como os de ENCE e ELNOSA.

Temos que recoñecer que non agardabamos de Vde. posicións diferentes ás manifestadas sobre o tema de ENCE, porque Vde. -e a súa executiva- representa a continuidade da política do PP en Pontevedra, unha política que no tema medio ambiental e no que ao complexo ENCE-ELNOSA se refire, tense demostrado tan obsoleta como o propio complexo industrial; porque, permítame que lle diga, Sr. Domínguez, que non é compatíbel apostar por un modelo de cidade de futuro para Pontevedra, e manter un modelo económico baseado na política industrial do franquismo, un modelo que se ten demostrado fracasado e que ten que ter o inicio da fin no vindeiro día 29 co peche definitivo de ELNOSA. Porque o 29 de xullo próximo, ten que ser o inicio dun futuro de progreso para Pontevedra e a comarca, de progreso ambiental, social e económico, e Vde. e o seu partido, se non mudan de política, seguirán dándolle as costas a ese futuro e á maioría da cidadanía pontevedresa que, con seguridade, seguirá dándolle as costas ao seu partido e apostando por posicións diametralmente opostas ás que Vde. defende.

Reiterando o noso ofrecemento de discutir con Vde. todos os aspectos técnicos recollidos nesta carta, reciba un saúdo da Xunta Directiva da APDR.

Descarga a carta aberta a Rafael Dominguez

Ver a alegación da APDR contra a revisión da AAI de ENCE:

“Na táboa que reproducimos presentamos, de forma comparada, os valores medios diarios acadados por ENCE para estes parámetros ao longo do período 2008 -2016 (en negro) e os permitidos pola lexislación para cada un deles (en vermello) en función do caudal vertido. Resulta evidente a permisividade da AAI e o incumprimento da lexislación do que falamos:

Taboa.auga.ence

Ver abaixo a resposta do membro da Comisión Europea Sr. Vella, presentada como Anexo nas nosas alegacións:

Preguntas parlamentarias 18 de marzo de 2016 ANEXO E-000612/2016
Respuesta del Sr. Vella en nombre de la Comisión
La Directiva 2010/75/UE, sobre las emisiones industriales (DEI) (1), se aplica a instalaciones que realizan las actividades enumeradas en su anexo I, entre las que se incluye la producción de pasta de papel a partir de madera o de otras materias fibrosas a que se refiere el punto 6.1.a), de dicho anexo. Las instalaciones que contempla la DEI deben contar con un permiso basado en las mejores técnicas disponibles (MTD), que incluya valores límite de emisión para las sustancias contaminantes y requisitos adecuados en materia de control de emisiones.
El 30 de septiembre de 2014, la Comisión publicó las conclusiones sobre las MTD para la producción de pasta, papel y cartón (2). En un plazo de cuatro años a partir de esa fecha, todos los permisos tendrán queincluir valores límite de emisión que garanticen que las emisiones no superan los niveles de emisión asociados a las MTD (NEA-MTD) recogidos en esas conclusiones. Uno de los NEA-
MTD contemplado es la emisión de DQO (demanda química de oxígeno) al agua. Esos NEA-MTD se aplican en caso de vertido directo de aguas residuales en aguas receptoras.
Si las aguas residuales de la fábrica de pasta de papel se vierten a través de una instalación de tratamiento de aguas residuales urbanas, se aplicarán las disposiciones de la Directiva 91/271/CE,
sobre el tratamiento de las aguas residual es urbanas (3)
.
La Comisión considera que los órganos administrativos o judiciales nacionales encargados de la ejecución de las Directivas mencionadas son los principales responsables de comprobar las situaciones específicas de incumplimiento y los que disponen de los medios adecuados para resolver el problema si las preocupaciones son justificadas.
(1) DO L 334 de 17.12.2010, p. 17.
(2) DO L 284 de 30.9.2014, p. 76.
(3) DO L 135 de 30.5.1991, p. 40
Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print