APDR esixe ao novo goberno a derrogación da prórroga a ENCE


Adeus.rajoy Rajoy.Lourizan

A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) esixe ao novo goberno español que aborde a solución definitiva á presenza do complexo ENCE-ELNOSA na Ría e cumpra así o compromiso adquirido coa APDR tanto polo PSOE como polo grupo Marea-Podemos no pasado ano 2016.

Os distintos gobernos do PP mantiveron sempre unha absoluta conivencia coa dirección  de ENCE e ELNOSA permitíndolle, na práctica, o incumprimento da lexislación en materia medio ambiental, argallando todo tipo de argucias para pasar por riba da legalidade urbanística (decreto de supramunicipalidade,…), e mesmo modificando as leis (entre outras a Lei de Costas) para favorecer a súa permanencia no seu actual emprazamento. Pero Mariano Rajoy foi demasiado lonxe ao concederlle, estando en funcións, unha prórroga de 60 anos a ENCE, unha prórroga que lle valeu a declaración como persoa non grata no Concello de Pontevedra e que foi apoiada polo PSOE pontevedrés.

Agora, e tras a chegada do PSOE ao goberno central, é hora de cumprir as promesas e facer xustiza coa poboación da comarca pontevedresa que vén esixindo a saída do complexo da Ría. Neste sentido, o PSOE ten nas súas mans a posibilidade de frear a continuidade de ELNOSA na Ría decretando a caducidade da súa concesión, impedindo así os plans do PP de mantela en Lourizán agardando tempos mellores. Porque, tal como sucedía coa de ENCE, son moitas as razóns que xustifican esta caducidade; abonda con citar o cambio de titularidade da empresa, que pasou a mans da portuguesa CUF (hoxe Bondalti).

Desde a APDR, esixímoslle ao PSOE a adopción desta primeira medida como primeiro paso no camiño cara á saída definitiva do complexo ENCE-ELNOSA da Ría, unha saída que non pode ter volta atrás e que pasa pola derrogación da prórroga ilegal concedida por Mariano Rajoy á CELULOSA.

Pontevedra, 1 de xuño de 2018

Ver nota de prensa

Ver abaixo Hemeroteca da APDR:

Boletin.congreso.2016

La Comisión de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, en su sesión del día 6 de abril de 2016, ha acordado aprobar con modificaciones la Proposición no de Ley sobre anulación de la prórroga de la concesión otorgada a ENCE Energía y Celulosa, presentada por el Grupo Parlamentario Podemos-En Comú Podem-En Marea y publicada en el «BOCG. Congreso de los Diputados», serie D, núm. 28, de 7 de marzo de 2016, en los siguientes términos, entendiendo, de acuerdo con su admisión a trámite por la Mesa del Congreso, que irá dirigida al Gobierno que se constituya:

«El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a:

– Promover urgentemente, mediante la presentación del correspondiente Proyecto de Ley, la recuperación de los niveles de protección del litoral recogidos en la Ley de Costas 22/1988, de 28 de julio, dejando sin efecto las modificaciones introducidas en este sentido por la Ley 2/2013, de 29 de mayo, y las situaciones jurídicas particulares generadas en contra del interés general protegido por la ley.

– Anular la prórroga otorgada a ENCE Energía y Celulosa en la ciudad de Pontevedra.»

Fonte: http://www.congreso.es/public_oficiales/L11/CONG/BOCG/D/BOCG-11-D-66.PDF

A proposición non de lei aprobada na Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Congreso dos Deputados o 6 de abril de 2016, foi acordada co PSOE (emenda) e sumou os votos de Compromís, ERC, PNV e Democracia i Llibertat.

Aos votos en contra do Partido Popular, sumáronse a abstención de Ciudadanos que manifestouse en contra de anular a prórroga a ENCE.

Dita votación do 6 de abril do 2016 contou coa presenza dun representante da xunta directiva da APDR (ver prensa e tv)

Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print