Que é "escola saudábel: internet só por cable"

A campaña galega "escola saudábel: internet só por cable" nace da inquedanza e preocupación de nais e pais, profesionais do ensino e da sanidade, persoas e colectivos sociais en xeral, ante o proceso de informatización do Programa Abalar da Xunta de Galicia (adaptación do Programa estatal escola 2.0) que impón que a conexión a internet sexa por vía Wi-Fi nas aulas de 5º e 6º de Primaría e 1º e 2º da ESO seleccionadas, incluso en aqueles centros que xa teñen establecida a configuración por cable.

Ao crecemento exponencial dá contaminación electromagnética en tódolos ámbitos da vida súmase gratuitamente unha exposición no ámbito escolar onde a infancia e a mocidade considéranse grupos máis vulnerábeis a este tipo de radiacións pola maior penetración no cranio, por estar o seus órganos en desenvolvemento e polos seus efectos acumulativos cun risco potencial maior na exposición precoz.

Xa aí estudos abondo que evidencian que unha sobreexposición a radiacións é prexudicial para a saúde, posíbel incidencia que o wifi instalado no noso centro de ensino poda estar tendo na saúde dos nosos/as fillos/as que están en pleno desenvolvemento. O informe Bioinitiative, do ano 2007 recompila as conclusións de arredor de 1.500 estudos sobre os efectos da contaminación electromagnética nos seres vivos, reclamando aplicar o Principio de Cautela minimizando a exposición á contaminación electromagnética, reclamación, reclamación apoiada pola Axencia Europea de Medio Ambiente e recollida nas Resolucións do Parlamento Europeo de 2008 e 2009.

Na ampla bibliografía médica descríbense efectos potenciais da exposición aos campos electromagnéticos a curto prazo (déficit de atención, hiperactividade, irritabilidade, problemas de concentración e memoria, prurito, molestias oculares, dermatites, dores musculares, cefalea, insomnio, …) e a longo prazo cando a exposición se mantén no tempo (electrohipersensibilidade, síndrome de fatiga crónica, depresión, fibromialxia, arritmias, problemas cardíacos, epilepsia, autismo, Alzheimer, Párkinson, infertilidade, problemas hormonais, leucemia e cancros diversos). 

Ao Informe Bioinitiative súmanse numerosas resolucións de expertos e organismos internacionais instando a limitar a exposición a estes campos. As derradeira delas foi a Resolución da Asemblea do Consello de Europa do 27 de maio de 2011, pola que se insta aos gobernos membros a adoptar medidas concretas, como a de primar o cable ante o Wi-Fi nas aulas na conexión a internet, para reducir a exposición a todo tipo de radiacións electromagnéticas, en especial na infancia e na mocidade pola súa maior vulnerabilidade. En xuño de 2011 a Organización Mundial da Saúde (OMS), a través da súa Axencia internacional para a Investigación do Cancro (IARC), clasificaba estas radiacións como posíbel canceríxeno do grupo 2b chamando a "reducir a exposición a estes dispositivos".

A tecnoloxía Wi-Fi expón na escola a docentes, infancia e mocidade a uns picos de radiación superiores aos de falar cun móbil ou a da exposición a unha antena de telefonía próxima. que se chegase ás seis horas por día, suporía 132 horas ao mes ou 1.188 cada ano.

Dende a campaña "escola saudábel: internet só por cable" avogamos por centros de ensino  saudábeis, non só libre do fume do tabaco e da comida lixo se non tamén da contaminación electromagnética. Solicitamos que se aplique a recomendación do 25.05.2011 do Consello de Europa aos seus estados membros: primar nas aulas a conexión a internet por cable [sen WiFi] e evitar o uso do móbil no recinto escolar, ante o maior risco de efectos biolóxicos potencialmente nocivos desta electropolución na infancia e mocidade por ser poboación máis vulnerábel.

Durante 2010, 2011 e 2012, docentes, organizacións ecoloxistas (a Federación Ecoloxista Galega e membros da mesma: ADEGA, APDR, ), de pais e nais (Federación provincial de nais e pais de Lugo  -FAPACEL-), de biógos (Colexio Oficial de Biólogos de Galicia)  xa solicitaron a aplicación destas medidas á Xunta de Galicia.  

Mentres a nivel estatal e autonómico implántase o Wi-Fi nas aulas noutros países da nosa contorna próxima, como Francia, Inglaterra, Canadá, Austria ou Suíza, xa contamos con exemplos de retirada das redes Wi-Fi en centros de ensino, hospitais, bibliotecas e outros centros públicos.

Alternativa á conexión Wi-Fi:

O risco potencial da tecnoloxía Wi-Fi pódese evitar de forma moi sinxela, posto que existen alternativas para conectarse a internet que non producen radiacións, sen supoñer ningunha ameaza para a saúde, e que ademais ofrecen unha conectividade moito máis rápida, segura e eficaz. A solución mais sinxela: instalar internet a través de cableado estruturado.

Dende "Escola saudábel, Internet só por cable" podes:

- … acceder á información, fundamentos de científicos e institucións en base al Principio de Cautela. Ver Dossier Wi-Fi 2012: Escola saudábel, Internet só por cable

- … descargar modelos de documentos necesarios para actuar no teu centro de ensino, barrio, cidade, ANPA, sindicato ….,

- ... coñecer as novidades e noticias relacionadas ...,

- … inserir os grupos de acción galegos que xa están a traballar nesta liña e conectar con eles. Contacta connosco !!: entre os grupos que colaboran na campaña ou a través do enderezo electrónico de coordinación da campaña.

Principio de Precaución: “A existencia de indicios fundados dunha posible afectación grave da saúde da poboación, aínda cando houbese incerteza científica sobre o carácter do risco, determinará a cesación, prohibición ou limitación da actividade sobre a que concorran”. Lei 33/2011, de 4 de outubro, Xeral de Saúde Pública, páx. 104601 do BOE de 05 de outubro de 2011. Ver

“ Instamos ao principio de precaución non porque teñamos a certeza de que é perigoso para a saúde, senón porque non podemos afirmar que é seguro. Canta evidencia é necesaria para previr un dano futuro?. É capacidade da sociedade decidir a canto está disposta a expor aos seus cidadáns ata tomar decisións sobre o tema ”. Dra. Devra Davis, PhD, MPH Director, Center for Environmental Oncology at the University of Pittsburgh Institute. ( “Seminario Internacional de Radiación Non-Ionizante, Saúde e Medio Ambiente”, Porto Alegre, Brasil 2009).

Grupos e web realacionadas coa campaña  "escola saudábel: internet só por cable":

En Galiza: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA):

www.adega.info

En Pontevedra: Asociación Pola Defensa da Ría (APDR):

https://www.apdr.info/telef_mov.htm

En Lugo: Federación Provincial de ANPAs de Lugo (FAPACEL):

http://www.fapacel.com

En Ferrol: Radiacións Non :

http://antenas-peligro-movil.espacioblog.com

En Ourense: O blog de María Celina Ramos Álvarez:

http://internetaula.ning.com/profiles/blog/list?user=0awyghinvn8xz

Plataforma Estatal Contra La Contaminación Electromagnética:

http://www.peccem.org/

Outros enlaces Web sobre Contaminación Electromagnética:

Faga clic